Skip to Content

TALLER DE BANDA DESEÑADA. SEMANA CULTURAL 2019

O martes 26 tivemos a honra de recibir ao ilustrador galego Xosé Tomás, quen impartiu no noso centro un taller sobre banda deseñada. Ao longo de dúas horas os alumnos de Primeiro Ciclo fixeron un breve percorrido pola súa historia e iniciáronse no emprego dalgunhas das súas técnicas (elipse, bocadillos, viñetas...)

Premede no foto para ver o álbum con efecto lightbox.

 

Álbum: SECUNDARIA 18/19 -> TALLER DE BANDA DESEÑADA (Semana Cultural 2019)

TALLER DE COCIÑA SAUDABLE. SEMANA CULTURAL 2019.

No taller de Cociña Saudable / Cuisine Santé, os rapaces e rapazas do CPI Alcalde Xosé Pichel elaboraron crêpes 100% integrais, recheas de humus, guacamole, noces, tomate, rúcula e queixo. Para a versión máis doce, contaban, como non, con mazá relada e sirope de arce. Voilà!!!

Premede na foto para ver o álbum con efecto lightbox

Álbum: SECUNDARIA 18/19 -> TALLER DE COCIÑA SAUDABLE/CUISINE SANTÉ. (Semana Cultural 2019)

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 19-20

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Hoxe, 8 de marzo, para conmemorar o Día Internacional da Muller, fixéronse  lazos lilas desde a Biblioteca e foron repartidos polo alumnado de 3º ESO ao resto de estudantes, profesores e outros membros da comunidade educativa do centro.

Tamén se gardou un minuto de silencio pola igualdade de xénero.

Premede na foto para ver o álbum con efecto lightbox

 

Álbum: SECUNDARIA 18/19 -> DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. 2019

O NOSO CLUB DE LECTURA NA RADIO CUAC FM

O martes 26 de febreiro unha representación do club de lectura de centro voltou ás ondas de Radio CUAC FM para emitir o primeiro programa deste curso.

Parabéns  ás locutoras Victoria Porteiro Bértoa, Rebeca Martínez Pena, Sara Álvarez Vilanova e Laura Gómez Velo por un magnífico programa que agora queda para a escoita dixital desde o noso blog  "Coristranca, a lectura con retranca".

SAÍDA CULTURAL A SANTIAGO

O pasado martes 26 de febreiro, o alumnado de 3º e 4º de ESO acudíu ao teatro La Salle en Santiago de Compostela, onde tivo lugar a representación de Cyrano de Bergerac polo grupo francés Voilà. A continuación realizaron unha gymkana polo casco vello da cidade.

Que ben o pasaron e canta Historia aprenderon!

Premede na foto para ver o álbum con efecto lightbox.

 

Álbum: SECUNDARIA 18/19 -> VISITA CULTURAL A SANTIAGO

PINTANDO COA MÚSICA

O alumnado de Educación Infantil disfrutou dun obradoiro de arte na Fundación Abanca de A Coruña. Neste obradoiro, a pintura e a música van da man, pintando ao son de distintas melodías e coñecendo distintas obras con divertidos xogos de pistas. Despois disfrutaron dun almorzo e xogo nun parque próximo antes de voltar ao cole.

PREMEDE NA FOTO PARA VER O ÁLBUM CON EFECTO LIGHTBOX

Álbum: INFANTIL E PRIMARIA 18/19 -> PINTANDO COA MÚSICA

O ALUMNADO DE 3º E 4º DE PRIMARIA VAI AO TEATRO

O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria foi o pasado luns 18 de febreiro ao Teatro Principal de Santiago de Compostela a disfrutar da obra " O faiado". Despois deron un paseo pola zona vella da cidade.

PREMEDE NA FOTO PARA VER O ÁLBUM CON EFECTO LIGHTBOX

Álbum: INFANTIL E PRIMARIA 18/19 -> TEATRO EN SANTIAGO. 3º E 4º DE PRIMARIA

PROGRAMA SALVAVIDAS

O noso centro pon en marcha o Proxecto Salvavidas, unha iniciativa solidaria para dotar o centro dun desfibrilador, vendendo 600 pulseras referentes ao proxecto.

 

 

Máis información no seguinte enlace

Distribuir contido


by Dr. Radut