Skip to Content

CELEBRACIÓN DO NADAL NO PICHEL. (INFANTIL E PRIMARIA)

PREMEDE NA FOTO PARA VER O ÁLBUM CON EFECTO LIGHTBOX.

Álbum: INFANTIL E PRIMARIA 18/19 -> NADAL NO PICHEL

TALLER DE PRIMEIROS AUXILIOS

O pasado xoves 17 de xaneiro, o alumnado de ESO participou nun taller de Primeiros Auxilios na aula de Usos Múltiples no edificio de Secundaria. Entre outras cousas, aprenderon a reaccionar ante un atragantamento, un infarto....

Foi unha experiencia moi proveitosa.

Premede na foto para ver o álbum con efecto lightbox

Álbum: SECUNDARIA 18/19 -> TALLER PRIMEIROS AUXILIOS.

PLAN DE CONSUMO DE FROITA NAS ESCOLAS

Do 14 ao 25 de xaneiro levaranse a cabo as semanas da froita, polo que durante os dous recreos distribuirase froita entre o alumnado que o desexe.

VISITA A SANTIAGO DE COMPOSTELA.

O pasado xoves 20 de decembro o alumnado de 3º e 4º ESO desprazouse a Santiago de Compostela para visitar o Museo de Historia Natural e dúas exposicións centradas no pensamento e na obra de Castelao: "Castelao Maxistral", na Cidade da Cultura e "Alba de Gloria" no Panteón de Galegos Ilustres. 

 

Acompañaron o alumnado as profesoras Pilar Espido, Concha Martínez e Mercedes Queixas.

 

 

CONCURSO "CONTOS DE NADAL" ORGANIZADO POR LA VOZ DE GALICIA E RADIO VOZ

A alumna do noso centro, Clea Martínez Rodríguez, é a gañadora do 5º premio do concurso "Contos de Nadal", organizado por La voz de Galicia e Radio Voz.

O acto de entrega dos premios celebrouse o pasado sábado 15 de decembro no Centro de Interpretación do Dolmen de Dombate. A alumna estivo acompañada pola súa familia e o director do centro.

Noraboa, Clea!!

Premede aquí para más información.

MERCEDES QUEIXAS ZAS, NOVA ACADÉMICA CORRESPONDENTE DA RAG

A profesora do noso centro, Mercedes Queixas Zas, foi elexida académica correspondente pola Real Academia Galega (RAG).

Parabéns compañeira!!

Máis información, premendo AQUÍ

 

 

VIII MERCADO SOLIDARIO

Este luns 17 arranca o VIII Mercado Solidario, 1 LIBRO = 1 KILO.

Os alimentos recadados serán entregados a unha ONG.

Contamos coa vosa colaboración.

Premede na foto para visualizar o álbum con efecto lightbox

 

Álbum: INFANTIL E PRIMARIA 18/19 -> VIII MERCADO SOLIDARIO

VISITAMOS O PARLAMENTO DE GALICIA

Este pasado mes de novembro, os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria visitaron o Parlamento de Galicia en Santiago.

Premede na foto para visualizala co efecto lightbox 

 

Álbum: INFANTIL E PRIMARIA 18/19 -> VISITA AO PARLAMENTO DE GALICIA

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Este martes celebramos o Día Internacional das persoas con discapacidade vendo un par de curtos (El color de las flores e El Regalo).

Uxía, Enia e Sergio contáronnos O cazo de Lorenzo. Tamén fixemos un mural conmemorativo para celebrar este día.

Premede na foto para visualizar o álbum con efecto lightbox.

Álbum: INFANTIL E PRIMARIA 18/19 -> DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

SAÍDA DO ALUMNADO DE 1º E 2º DE PRIMARIA

O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria visitou o Castelo de Vimianzo e o Pazo Torres do Allo en Zas. Foi unha xornada na que aprendemos un montón de cousas.

Premede na foto para visualizar o álbum con efecto lightbox

Álbum: INFANTIL E PRIMARIA 18/19 -> VISITA A VIMIANZO E A ZAS
Distribuir contido


by Dr. Radut