A alumna do noso centro, Clea Martínez Rodríguez, é a gañadora do 5º premio do concurso "Contos de Nadal", organizado por La voz de Galicia e Radio Voz.
O acto de entrega dos premios celebrouse o pasado sábado 15 de decembro no Centro de Interpretación do Dolmen de Dombate. A alumna estivo acompañada pola súa familia e o director do centro.
Noraboa, Clea!!