|
CIRCULAR INFORMATIVA DO CURSO 2020/21Enviado por ninesrey o Lun, 05/10/2020 - 20:28
Estimadas familias tedes en arquivo adxunto a circular informativa de inicio de curso que enviamosvos en papel coma todos os anos polos vos@s fill@s. ( categories: )
COMUNICACIÓN ÁS FAMILIAS DO CEIP SEIS DO NADALEnviado por ninesrey o Xov, 01/10/2020 - 08:15
Prezadas familias no día de hoxe 1/10/2020 convocatoria da ANPA 18:00 horas (primeira convocatoria)e 18:30horas (segunda convocatoria) para falar do comedor escolar e matinal. Entrada ao centro porta nº3 centro de saúde. Pregámoslles asistencia coas medidas de prevención pertinentes. Entre tod@s o conseguiremos. Moitas grazas ( categories: )
INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS DO CEIP SEIS DO NADAL (PLAN DE ACOLLIDA CURSO 2020/21, ver adxunto)Enviado por ninesrey o Dom, 06/09/2020 - 00:13
Estimadas Familias do Ceip Seis do Nadal: Dende o Equipo Docente, e desexando que disfrutedes de boa saúde, queremos facervos chegar as seguintes novas: Inicio de curso 2020-21. Seguindo a Orde do Calendario Escolar o novo curso escolar comezará o xoves 10 de setembro e o 11 de setembro de xeito gradual: Xoves 10: Soamente o alumnado de 4º e 5º de Educación Infantil e 1º-2º e 3º de Primaria Venres 11: Todo o alumnado anterior e a incorporación de 6º de Educación Infantil e 4º-5º e 6º de Primaria.
Protocolo Covid de inicio de curso Nestes momentos seguimos traballando no protocolo covid de inicio de curso, plan de continxencia Sanitaria e de Educación a distancia e plan de acollida Inicial e Emocional ao novo curso para asegurar unha volta dos nosos alumnos e alumnas coas máximas condicións de seguridade e confianza seguindo o Protocolo das Consellerías de Educación e Sanidade última versión 31 de agosto(Ver anexo adxunto).Durante as versións iniciais do protocolo levamos a cabo xuntanzas cos equipos Directivos dos centros educativos e tivemos reunións cos Consellos Escolares solicitando melloras que consideramos de necesidade e unha resposta positiva e social das nosas administracións. (Ver anexo adxunto) Comedor, aula de madrugadores e actividades extraescolares A data de 4 de setembro a ANPA do noso colexio comunicou ás familias nunha xuntaza xeral que non haberá servicio de comedor, aula matinal e actividades extraescolares. Entenden que estos servicios no son viables co actual Protocolo da Consellería de Educación e fai as ANPAS responsables das consecuencias derivadas.Lamentan a situación e queren trasladar ás familias que esta decisión busca o benestar colectivo, a seguridade do alumnado e a dignificación dun sistema educativo de calidade. Convocatoria de folga do ensino para o 10 de setembro As centrais sindicais do ensino (CIG, CCOO, STEG e CSIF) teñen convocada unha folga para o día 10 para reclamar un ensino presencial seguro e en contra do actual Protocolo. O profesorado en función do seu dereito fundamental á folga tomará a decisión oportuna. Reunións pendentes inicio de curso coas familias: Luns 7 de setembro: 4ºPrimaria A ás 16:30h entrada porta 1 principal
4ºPrimaria B ás 16:30h entrada porta 2 centro comercial 3ºPrimaria A ás 18:00h entrada porta 1 principal 3ºPrimaria B ás 18:00h entrada porta 2 centro comercial Martes 8 de setembro: 2ºPrimaria A ás 16:30h entrada porta 1 principal 2ºPrimaria B ás 16:30h entrada porta 2 centro comercial 1ºPrimaria A ás 18:00h entrada porta 1 principal 1ºPrimaria B ás 18:00h entrada porta 2 centro comercial 1ºPrimaria C ás 18:00h entrada porta 5 taxis-comedor
Mércores 9 de setembro: 6ºPrimaria A ás 16:30h entrada porta 1 principal 6ºPrimaria B ás 16:30h entrada porta 2 centro comercial 5ºE.Infantil A ás 18:00h entrada porta 1 principal 5ºE.Infantil B ás 18:00h entrada porta 2 centro comercial 5ºPrimaria A ás 19:30h entrada porta 1 principal 5ºPrimaria B ás 19:30h entrada porta 2 centro comercial 5ºPrimaria C ás 19:30h entrada porta 5 taxis-comedor
( categories: )
ENTRADAS E SAIDAS DO ALUMNADO DO CEIP SEIS DO NADAL curso 2020-21Enviado por ninesrey o Sáb, 05/09/2020 - 01:00
No inicio do curso haberá moitos cambios organizativos (entradas, saídas, medidas de distanciamento, grupos estables de convivencia, etc). Iremos probando e flexibilizando adaptándonos aos cambios e queremos solicitar, máis que nunca, a colaboración e o compromiso de toda a Comunidade Educativa vos pedimos moita paciencia ao comezo de curso, implicación e concienciación para o cumprimento riguroso das normas que todos e todas deberemos adoptar. ENTRADAS POR GOTEO. NON FILAS. CURSO 2020-2021 Ver cadro adxunto O obxectivo principal da proposta que facemos a continuación é evitar aglomeracións e tempos de espera nas entradas e saídas. O éxito deste plan vai depender do cumprimento estrito dos horarios establecidos tanto polas familias como por parte do profesorado. PORTA 1: PRINCIPAL AO LADO DO APARCAMENTO PORTA 2: VELLOS TAXIS, CENTRO COMERCIAL PORTA 3: CENTRO DE SAÚDE. PORTA PEQUENA. PORTA 4: CENTRO DE SAÚDE. PORTALÓN. PORTA 5: TAXIS PORTA 6: SAÍDAS EXTRAESCOLARES *AS FAMILIAS NON PODERÁN ENTRAR AO RECINTO ESCOLAR *ÁS 9H PECHARANSE AS PORTAS EXCEPTO INFANTIL QUE COMEZARÁ A ENTRAR ÁS 9H POR GOTEO. INFANTIL: Entrada pola PORTA 2, entrada dos antiguos taxis, do centro comercial. 6º E.I. entran de 9h. A 9:10h. 5º E.I. de 9:10h. a 9:20h. 4º E.I. entran entre 9:20h. e 9.30h. (despois do período de adaptación). 1ºE.P. e 2ºE.P.: Entrada pola PORTA 1, principal ao lado do aparcamento. A entrada é de 8: 45h. a 9h. 3º e 6º: entrada pola PORTA 6, de Saídas extraescolares. A entrada é de 8: 45h. a 9h. 4º e 5º: entrada pola PORTA 3 E 4, a do Centro de Saúde. A entrada é de 8: 45h. a 9h. SAÍDAS POR FILAS ATA 4º E.P. E POR GOTEO 5º E 6º E.P. CURSO 2020-2021 PORTA 1: PRINCIPAL AO LADO DO APARCAMENTO PORTA 2: VELLOS TAXIS, CENTRO COMERCIAL PORTA 3: CENTRO DE SAÚDE. PORTA PEQUENA PORTA 4: CENTRO DE SAÚDE. PORTALÓN. PORTA 5: TAXIS PORTA 6: SAÍDAS EXTRAESCOLARES *AS FAMILIAS NON PODERÁN ENTRAR AO RECINTO ESCOLAR *AS SAÍDAS SERÁN POLAS MESMAS PORTAS QUE AS ENTRADAS SAÍDAS PRIMARIA: 1º, 3º e 4º de Primaria ás 13:55 h e 2º,5º e 6º ás 14:00 h INFANTIL: sae pola PORTA 2, entrada dos antiguos taxis, do centro comercial. 4º E.I. – 13.45h. 5º E.I. – 13.50h. 6º E.I. – 13.55h. *Sairán en filas cada clase coa mestra que teñan a última hora.
( categories: )
Becas e axudas o estudo para os nenos e nenas con necesidade de apoio educativo para o curso 2020/21Enviado por ninesrey o Ven, 04/09/2020 - 20:58
Estimadas familias xa podedes solicitar as becas e axudas o estudo para os nenos e nenas con necesidade de apoio educativo para o curso 2020/21no seguinte enlace:
Adxuntamos tres arquivos adxuntos da resolución . Prazo de presentación dende o 9 de Agosto ata o 30 de setembro
( categories: )
PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID 19Enviado por ninesrey o Mar, 28/07/2020 - 15:06
Benqueridas familias:
O Equipo Docente está a traballar na elaboración do protocolo adaptado ao noso centro "Ceip Seis do Nadal"e que daremos a coñecer ao inicio de setembro. Está baseado no PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID 19 publicado pola Consellería de Educación. A finalidade dos mesmos é garantir a seguridade do alumnado, persoal docente, non docente e ás familias.
Unha aperta o Equipo Directivo do Seis ( categories: )
INFORMACIÓN SOBRE O FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS PARA MATERIAL CURSO 2020/21Enviado por ninesrey o Mar, 28/07/2020 - 14:55
Neste curso retrasáronse con respecto a cursos anteriores pola situación que estamos vivindo.
Lembrade que non hai prisa por mercar os libros antes de setembro xa que empezaremos a traballar o terceiro trimestre do curso pasado e faremos especial atención na educación emocional.
Disfrutade do verán e collede forzas para o curso 2020/21. Unha aperta o Equipo Directivo. ( categories: )
REVISTA ESCOLAR COIAS 2020 EDICIÓN COVID19Enviado por ninesrey o Mér, 01/07/2020 - 16:14
Benqueridas familias desexamos que disfrutedes da nosa revista escolar "COIAS 2020" edición covid 19 feita con moito cariño para todos e todas vós de todos e todas nós coa colaboración especial do Equipo de Dinamización da Lingua Galega "O fiadeiro". Feliz verán!!!!
GRAZAS... POLO VOSO TRABALLO PARA TODOS OS NENOS/AS E FAMILIAS DO SEIS DO NADAL;-))Enviado por ninesrey o Xov, 25/06/2020 - 16:27
Benqueridas familias, alumnos e alumnas do Seis, o curso chegou ao seu fin e todo o Equipo do Seis do Nadal queremos agradecervos o voso traballo, esforzo e dedicación destes meses e desexarvos un feliz verán con este vídeo que fixemos con moito cariño para vós. Vémonos en setembro! Bo verán! ( categories: )
FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA 2020/21para os alumnos/as novos/as no centroEnviado por ninesrey o Xov, 25/06/2020 - 16:15
Estimadas familias o prazo para formalizar a matrícula vai dende 1 ao 10 de Xullo. Tedes que aportan a seguinte documentación:
Nota: As solicitudes presentarasen con cita previa no teléfono 886120180 ( categories: )
|
Iniciar sesión |