ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ANPA CEIP SEIS DO NADAL curso 2021/22

Enviado por ninesrey o Dom, 26/09/2021 - 14:36

          Prezadas familias: 

Todas aquelas que solicitáchedes praza nas actividades extraescolares ata o día de hoxe, 03 de outubro, estades admitidas nas mesmas, coa excepción de pintura, que non acadou o mínimo de inscritos e temos pendente de confirmación ballet (chamaremos as familias por teléfono para confirmar se comeza).

As actividades realizaranse entre o 4 de outubro e o 31 de maio de 2022. Non esquezades que:

 

  • As actividades extraescolares abóanse aos respectivos monitores das actividades ao comezo de cada mes.
  • O prezo mensual das mesmas está calculado para compensar os meses con menos ou máis sensións, e así paguedes sempre o mesmo (aínda que haxa vacacións ou festivos no medio do mes o prezo será sempre igual).
  • A porta de entrada as actividades extraescolares e pola porta número 2 Centro comercial e saída pola porta número 1 principal, agás baloncesto e balonman que empregarán a porta nº3 que está al lado do pavillón e pintura creativa, comic e inglés que será a entrada e saída pola porta nº6.
  • Os alumn@s que van a comedor accederán directamente a actividad extraescolar, se comeza as 3:45 ou 4:00.
  • E imprescindible ser puntuais xa que as portas non permanecerán abertas e as familias non poderán acceder o colexio.

Soamente e durante a semana do 4 ao 8 de outubro, ampliamos o periodo de inscripción e invitamos a que @s vos@s fill@s proben sen compromiso as actividades  extraescolares que ofertamos para este curso escolar. Previa reserva ó correo anpaseisdonadal@hotmail.com

 

Animádevos a probar e non vos quededes cas ganas de descubrir novas aficións e tempos de ocio e de lecer sans e de calidade.

 

Para os que teñades problemas a hora de descargar os impresos de inscrición, podedes recollelos directamente no cole.

 

Recordade que todas as comunicacions do anpa faremolas a través da aplicación gratuita Telegram, só tedes que descárgala.poden mandar as inscricións ao correo e mail: anpaseisdonadal@hotmail.com/ teléfono contacto: 687057707 ou ben entregalas  a través do buzón da ANPA.   Podedes descargar nos arquivos adxuntos os modelos ou cubrir ou a través da  páxina   https://anpaseisdonadal.wordpress.com/

COMUNICACIÓN ÁS FAMILIAS DO COMEDOR ESCOLAR CEIP SEIS DO NADAL

Enviado por ninesrey o Ven, 10/09/2021 - 19:25

 

 

Prezadas familias:

 Nos seguintes ARQUIVOS adxuntos, atoparedes a información do comedor deste curso e as autorizacións de recolleita e saídas sen pais/nais.

Os documentos poden enviarse ao correo do comedor ou ben pode traela o alumnado e entregala á responsable de comedor. Grazas

 

Un saúdo

 

ANPA SEIS DO NADAL

 

 

BENVIDOS E BENVIDAS AO NOVO CURSO ESCOLAR 2021/22. "Os Camiños do Seis a....... Compostela"

Enviado por ninesrey o Mar, 07/09/2021 - 07:44

                                         

 

 

 

Benqueridas Familias

 

Queremos darvos a benvida ao novo curso 2021-2022 con moito agarimo  e coas pilas cargadas a lume de biqueira  https://ofiadeirodoseis.blogspot.com/2021/09/cancion-camino-das-estrelas... comunicamos as  seguintes novas:

 

Inicio do curso 2021-2022 Seguindo a Orde do Calendario Escolar o novo curso comezará o xoves 9 de setembro. Nestes momentos seguimos traballando para asegurar unha volta do alumnado coas máximas condicións de seguridade e confianza seguindo o Protocolo Covid de seguimiento das Consellerías de Educación e Sanidade.

 

Os horarios e zonas de entradas e saídas cambian con respecto o ano pasado.

 

 

 

O alumnado novo no centro virá pola porta principal acompañado ás 10:00 horas.

As saídas serán polas mesmas portas de entrada.

 

As familias non poderán entrar no centro agás ás de 4º de EI que formarán dúas filas e chegarán ata o patio cuberto para entrega e recollida dos cativos. Terán o período de adaptación ata o diá 21 de setembro. As  familias de 5ºEI e 6ºEI cando chova moito con indicación do persoal docente poderán entrar igualmente en dúas filas A e B ata o patio cuberto.

 

Para solicitar os vales de material e de libros con cita previa chamar a secretaría e preguntar por Alberto administrativo 886120180.

 

Protocolo Covid  o novo protocolo covid será publicado na páxina web unha vez presentado no Consello Escolar en breve. Adxunto última versión 

 

Comedor e aula matinal dende a ANPA o mércores 8  realizarase a reunión de inicio de curso de comedor, onde vos informaremos das novidades deste novo curso.Será as 18:30 horas en primeira convocatoria e as 19:00 en segunda convocatoria, no comedor do centro.

 

Información e instruccións para familias que poden solicitar axudas do Ministerio de Educación. (Ver anexo) Debedes trasladarlle a solicitude a xefa de Departamento de Orientación con solicitude cita previa 886120184 Ánxeles.

 

Reunións presenciais das familias coas titorías. Recibiredes comunicación vía e-mail para reunións de inicio de curso presencias co Equipo Docente durante o mes de setembro e outubro.

 

( categories: )

COMUNICACIÓN ÁS FAMILIAS DO ANPA SEIS DO NADAL

Enviado por ninesrey o Lun, 06/09/2021 - 20:27

 

 

Reunión de comedor

 

O vindeiro mércores 8 de setembro realizarase a reunión de inicio de curso de comedor, onde vos informaremos das novidades deste novo curso.

Será as 18:30 horas en primeira convocatoria e as 19:00 en segunda convocatoria, no comedor do centro.

Tamén lembrarvos, que xa se poden facer as inscricións de aula matinal, na páxina web de Norgof.

 

A  ANPA DO SEIS DO NADAL   https://anpaseisdonadal.wordpress.com/

 

 

( categories: )

REVISTA ESCOLAR COIAS 2021 EDICIÓN AFOUTEZA SEIS

Enviado por ninesrey o Mar, 29/06/2021 - 01:12

Benqueridas familias:

 

Coa colaboración da exalumna Antía García Rivela e o Equipo de Normalización Lingüística "O Fiadeiro do Seis" temos o pracer de presentarvos a Revista Escolar Coias, feita con moito cariño para vós centrada no tema do curso escolar "Bailemos con Saúde no Seis" gozala.....

 

 

             

XA ESTÁ AQUÍ ¡!!! XA CHEGOU O VERÁN!!!!

Enviado por ninesrey o Mar, 22/06/2021 - 10:28

Benqueridas familias:

No día de hoxe finaliza o curso 2020/21. Un curso cheo de sentimientos diversos: inseguridades, preocupacións, medos, inquedanzas, incertezas, superacións, esperanzas, desenvolvementos, apoxeos, confianzas, desafíos, decisións, esperas, logros, conquistas,…..

            Dende o Equipo Docente e non docente queremos agradecervos o compromiso e a responsabilidade coa que asumíchedes todos os cambios derivados desta situación tan incerta e atípica que nos tocou vivir.

             

Unha vez máis decirvos que o éxito do curso foi un logro  de todo este gran Equipo Humano do que formades parte mestres e mestras , alumnos e alumnas, nais e pais, titoras e titores legais,  auxiliares técnicos educativos , conxerxes,  ANPA, clubes, persoal de limpeza, monitoras, …..Grazas a tod@s

            O verán é un tempo marabilloso para coller forzas.

Feliz verán  !!!!! Afouteza Seis!!!

 

                                

( categories: )

ABERTO PRAZO DE MATRÍCULA PARA O ALUMNADO NOVO NO CENTRO CURSO 2021/22 (VER ADXUNTO)

Enviado por ninesrey o Dom, 20/06/2021 - 12:58

Estimadas familias o prazo para formalizar a matrícula vai dende 20 ao 30 de Xuño. Tedes que aportar a seguinte documentación:

1. Cubrir o Anexo III ( o podedes descargar do arquivo adxunto ou vir buscalo ao centro pola porta principal a partir das 9:30 sen cita previa).

2. Catro fotos tamaño carnet para infantil e dous para primaria.

3. Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumno/a.

4. Cadro de vacinación do alumno/a.

5. Especificar Alerxias e medicación se procede.

6. Se o alumn@ se matricula en Educación Primaria: Certificación do centro de procedencia que especifique se promociona ou non.

7. Cambio de Atencion Educativa/Valores sociais e cívicos/Relixión católica.

  Nota: As solicitudes presentarasen con cita previa no teléfono 886120180/82 preguntade por Alberto ou Araceli.

LIBROS DE TEXTO CURSO ESCOLAR 2021/22

Enviado por ninesrey o Sáb, 19/06/2021 - 13:41

Estimadas familias tedes no arquivo adxunto a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso 2021/22 ou fai clic na imaxe

 

 

  

( categories: )

AXUDAS MUNICIPAIS DE LIBROS,MATERIAL ESCOLAR E COMEDOR PARA ALUMNOS/AS DE CENTROS DOCENTES PÚBLICOS E PRIVADOS CONCERTADOS DE EDUCACIÓN INFANTIL (2ª ETAPA), EDUCACIÓN PRIMARIA E SECUNDARIA. CURSO 2021-2022.

Enviado por ninesrey o Dom, 06/06/2021 - 12:11

 

       

PRAZO DE PRESENTACIÓN     

O prazo de presentación das solicitudes será do 10 DE XUÑO ó 07 DE XULLO, ambos incluídos.(Ver catro arquivos adxuntos)

As solicitudes presentaranse a través da Carpeta Cidadá do Concello de Vigo ou presencialmente con cita previa, poderase solicitar a partir do luns 07 de xuño, a través de:

 

Teléfonos: 010 ou 986 810 260

Páxina web: www.vigo.org

Máis información: Sede electrónica ( convocatorias e subvencións)

https://sede.vigo.org/expedientes/avisos/?lang=gal

 Fixemos copias no centro dos arquivos adxuntos, se os necesitades en papel podedes vir pola porta principal sen cita a recollelos a partir das 9: 30h.

 

Xa está eiquí !!!!!!! Xa chegou!!!!!! O noso vídeo das bolboretas !!!!!!!

Enviado por ninesrey o Lun, 24/05/2021 - 21:00

Na Primavera das Letras os nenos e nenas do Ceip Seis do Nadal en homenaxe a Xela Arias fixeron este vídeo. Fai clic na imaxe e verás.........

Distribuir contido