|
Xa está eiquí !!!!!!! Xa chegou!!!!!! O noso vídeo das bolboretas !!!!!!!Enviado por ninesrey o Lun, 24/05/2021 - 20:00
Na Primavera das Letras os nenos e nenas do Ceip Seis do Nadal en homenaxe a Xela Arias fixeron este vídeo. Fai clic na imaxe e verás......... ( categories: )
Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2021/22Enviado por ninesrey o Ven, 21/05/2021 - 20:48
Para cubrir en liña tedes o enlace da aplicación https://www.edu.xunta.es/fondolibros/ e procedemento por sede electrónica: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B&ano=2021&numpub=1&lang=es Os modelos das solicitudes poderanse descargar na páxina web do centro( en arquivos adxuntos Anexos I-II), en edu.xunta.gal https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/11492459 ou recoller en papel na porta principal do centro. Dita solicitude, no caso de que autoricen a consulta telemática dos datos, só deberá vir acompañada do Libro de Familia (orixinal e copia) , se fose o caso, sentenza de separación ou convenio regulador, onde conste quen ten a garda e custodia (orixinal e copia).
As listas plubicaranse unicamente no interior do edificio escolar. As persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente , a través da aplicación Fondo libros, empregando a Chave 365 ou certificado dixital.
Documentación: Solicitude: Anexo I- Anexo II 1.Libro de familia onde figueren todos os membros computables da unidade familiar. 1.1. No caso de que non se axuste a realidade será preciso o volante ou certificado de convivencia. 1.2.En caso de separación ou divorcio será necesario achegar a setencia xudicial ou convenio regulador onde conste a custodia do/a menor. 2.Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia. 3.Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar. 4.Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada. 5.Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores.
Comunicámosvos que o alumnado de 6º de Primaria que vai o IES ALEXANDRE BÓVEDA (986 292812) ten ata o 22 de Xuño para solicitar o fondo solidario. O periodo de matrícula vai desde o 1 ata o 10 de Xullo. Para calquera consulta contade connosco nos teléfonos (886120180/886120182) preguntade por Alberto ou Araceli. ( categories: )
Parabéns o gañador de microrelatos Museo Liste!!!!!!!!Enviado por ninesrey o Lun, 17/05/2021 - 23:00
Parabéns!!!!!! o noso alumno Miguel Cuadrado Fernández de 5º Primaria A ,polo premio acadado no concurso de relatos do Museo Liste convocatoria "Como cambia o conto" na categoría 5º e 6º de Primaria. Adxuntamos relato premiado "Misterio da Santa Compaña". Desexamos disfrute deste premio recibido e agradecemos a colaboración de todo o alumnado que participiou. Moitas Grazas
( categories: )
ESTAS LETRAS GALEGAS 2021 SERÁN CON X DE XELA!!! “ As Nosas Bolboretas Na Primavera Das Letras” , “Polo Correo do Vento”…, Levando a poesía á rúa conxuntamente XELA ARIAS…..FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!!!Enviado por ninesrey o Lun, 17/05/2021 - 18:36
Unha exposición de carteis traballos sobre as bolboretas: ciclo vital, anatomía, nome, tamaño, hábitat….como acompañamento aos traballos sobre a autora a quen se lle adica este ano o Dia das Letras Galegas.
Viaxa connosco: https://ofiadeirodoseis.blogspot.com/2021/04/as-nosas-bolboretas-na-primavera-das.html https://ofiadeirodoseis.blogspot.com/2021/04/blog-post_25.html http://atlasdossonhos.blogspot.com/2021/05/xela-arias-letras-galegas-2021.html https://ofiadeirodoseis.blogspot.com/2021/04/videoconto-de-bolboretas.html https://ofiadeirodoseis.blogspot.com/2021/03/xela-arias.html http://anxopictogramas.blogspot.com/2021/05/biografia-de-xela-arias-con-pictogramas.html
“Polo Correo do Vento”… protagonizou unha actividade de contacontos dedicado a Xela Arias, acompañándonos de música, obradoiro ilustrado de debuxo, intérprete de Lingua de Signos… Grazas a ANPA que fixo posible esta actividade.
http://atlasdossonhos.blogspot.com/2021/05/polo-correo-do-vento.html Conxuntamente como proposta por parte do IES Alexandre Bóveda as nosas nenas e nenos fixeron unha exposición fóra dos centros de ensino adscritos, as poesías e ilustracións da nosa escritora Xeliña. “Érgome e Vigo vai aínda durmido neboeira salgada” (...) Mirade algunhas obras!!!!!
( categories: )
Así foi a estrea do #DígochoEu en Twitch dende o Seis do Nadal!!!!!!!Enviado por ninesrey o Dom, 16/05/2021 - 20:01
Participación no #DígochoEu o 12 de Maio ás 12:00 dende Tuy en Directo na audición da emisión con stream as alumnas e alumnos de 6º Primaria B.
https://www.youtube.com/playlist?list=PL0xO_4rto5uwXDTFEo_WH5DXXMnHqgIwi ( categories: )
A CÁPSULA DO TEMPO !!!!!! ACTIVIDADE DE LINGUA GALEGA............ NON ABRIR ATA O 2036!!!!!Enviado por ninesrey o Dom, 09/05/2021 - 16:50
As mestras de 5ºde Primaria fixeron unha actividade, en Lingua Galega, co noso alumnado : “ A cápsula do tempo”. Isto consistiu en facer unha carta, un debuxo ou foto para meter nun recipiente que adoptaron como cápsula, despois enterrámolo nun oco do xardín do cole cunha baldosa que puña “Abrir dentro de 15 anos ” . Quedamos emprazados e emprazadas para vir ao cole e abrila nesa data nada máis e nada menos que no 2036 non esquenzades , vémonos !!!!!!!!!! Go to : https://learningtheropeswithlou.blogspot.com/2021/05/time-capsule-5th-graders-2020-2021.html
( categories: )
SPEAKING LESSONS WITH PRERNA !!!!!!!! PROXECTO do Departamento de Inglés para disfrutar das clases coa auxiliar de conversa en pequenos gruposEnviado por ninesrey o Dom, 09/05/2021 - 15:55
Benqueridas familias: - Aproveitamos para comunicar que o Equipo Docente e o Consello Escolar do Ceip Seis do Nadal aprobou a presentación do Proxecto do Plan Plurilingüe presentado o 20/04/2021 o que se traduce que pasamos de centro Bilingüe a Plurilingüe sen esquecer o Fomento e a Dinamización da Lingua Galega a desenvolver durante todos os cursos. Spring is already here, that's way on Tuesdays and Wednesdays, our 5th and 6th graders are having speaking lessons in small groups with our language assistant Prerna!!!!!
Go to …..https://learningtheropeswithlou.blogspot.com/
( categories: )
XA ESTÁ EIQUÍ..... XA CHEGOU...... A FESTA DOS MAIOS NO SEIS DO NADAL....Enviado por ninesrey o Dom, 02/05/2021 - 23:00
AGRADECEMOS A TODAS AS FAMILIAS A SÚA COLABORACIÓN!!!!!!! Graciñas
Coincidindo co inicio do mes de maio, celebramos a " festa dos maios". As familias foron aportando os distintos elementos decorativos (fentos, calas, pampillos, xestas, fiuncho,flores,......) cos que recubrimos a estrutura do maio. O alumnado no día de hoxe participou e colaborou na preparación do maio e a partir de mañá cantaralle as coplas que temos preparadas.
( categories: )
Dinamizando a nosa “horta escolar”…Enviado por ninesrey o Sáb, 01/05/2021 - 18:02
A pesar de que estamos na cidade a contorna do noso colexio permite aos nenos e nenas entrar en contacto co campo e a natureza, polo que consideramos fundamental achegarlles ao coñecemento da agricultura e recrearse no coidado do medio ambiente. Coa colaboración da nosa ANPA e o Equipo Docente iniciamos un proxecto que desexamos invada o noso “patio dinámico vivo inclusivo”. Vídeo da " A hortiña do Seis fala galego" https://youtube.com/embed/tD3ITQzqYOc
Ademáis coa axuda dunha nai e o noso conxerse Eloi fixemos o proxecto de agricultura de ventanas (sistema de cultivo hidropónico). As plantas cólganse de botellas de plástico recicladas que conteñen fibra de coco que presenta boas propiedades físicas como substrato de cultivo xa que ten boa retención de auga e elevada porosidad.
( categories: )
Disfrutando en abril dende O Seis do Nadal con autores o aire libre cumplindo protocolo Covid con Daniel Rodríguez, Sabela Gago , Erika Esmoris, Ramón D. Veiga e María Canosa .....Enviado por ninesrey o Ven, 30/04/2021 - 23:00
Un día soleado e moi aproveitado coa visita de Daniel Rodríguez, vigués e autor de “ Superavoa”… un libro que fai homenaxe ás nosas avoas.
Sabela Gago co alumnado de 5º de Primaria na que o alumnado participou de maneira activa e dinámica, sendo os protagonistas dunha historia ...
Erika Esmoris co seu libro "Patio de Luces" convidounos co humor e aventura a pasar un rato estupendo....
Ramón D. Veiga e as arañas agasallounos a pasar un ratiño moi agradable...
E María Canosa fixo unha viaxe en tren dende A Coruña para amenizarnos con o poder de aprender a dar bicos????
Non deixedes de viaxar.... polo Blog da Biblioteca do CEIP "Seis do Nadal"(Vigo) acontecen mil aventuras...... http://atlasdossonhos.blogspot.com/
( categories: )
|
Iniciar sesión |