XA ESTÁ EIQUÍ..... XA CHEGOU...... A FESTA DOS MAIOS NO SEIS DO NADAL....

Enviado por ninesrey o Lun, 03/05/2021 - 00:00

 

AGRADECEMOS A TODAS AS FAMILIAS A SÚA COLABORACIÓN!!!!!!! Graciñas

 

Coincidindo co inicio do mes de maio, celebramos a " festa dos maios". As  familias foron aportando os distintos elementos decorativos (fentos, calas, pampillos, xestas, fiuncho,flores,......) cos  que recubrimos a estrutura do maio.

O alumnado no día de hoxe participou e colaborou na preparación do maio e a partir de mañá cantaralle as coplas que temos  preparadas.