AVALIACIÓN FINAL E BOLETÍN DE CALIFICACIÓNS

Enviado por ninesrey o Ven, 19/06/2020 - 00:01

A referencia principal para a avaliación final será o traballo realizado no primeiro e segundo trimestres. Seguindo as indicacións da Consellería de Educación, non se cubrirán nos boletíns as cualificacións da terceira avaliación en educación primaria, soamente figurará a avaliación final.

Os Boletíns serán enviados automaticamente pola aplicación AbalarMóbil. Ás familias con dificultade de instalación desta aplicación, prégase contacten coa secretaría do centro (886120180/82).Ante a inmenente publicación en espazoAbalar e abalarMóbil das cualificacións correspondentes ás avaliacións finais e en previsión dunha carga elevada facilitarase o acceso gradual das familias aos sistemas de consulta quedando distribuída no seguinte espazo de tempo:

  • 4º,5º e 6º de Educación Infantil ás 9:00 horas.
  • 1º e 2º de Primaria ás 10:00 horas.
  • 3º e 4º de Primaria ás 11:00 horas.
  • 5º e 6º de Primaria ás 12:00 horas.
( categories: )

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO SEIS DO NADAL PARA O CURSO2020/21

Enviado por ninesrey o Xov, 18/06/2020 - 22:32

 

Estimadas familias adxuntamos en arquivo adxunto a listaxe dos libros de texto para o vindeiro curso 2020/21.

 

 

 

 

PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO 2020-21

Enviado por ninesrey o Ven, 12/06/2020 - 18:30

Todas as familias que fixeron o proceso de admisión do alumnado no CEIP SEIS DO NADAL para o curso 2020-21  están admitidas.

AXUDAS MUNICIPAIS DE LIBROS,MATERIAL ESCOLAR E COMEDOR 2020/21

Enviado por ninesrey o Lun, 01/06/2020 - 00:00

 

De momento so están abertas as bases pendente data de publicación dos anexos.

Concesión de axudas municipais de libros, material escolar e comedor para alumnos/as de centros docentes públicos e privados concertados de educación infantil (2ª etapa), educación primaria e secundaria do Concello de Vigo – Curso 2020-2021.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contado desde o seguinte á publicación oficial do extracto da convocatoria. 

https://sede.vigo.org/expedientes/avisos/aviso.jsp?id=4191&lang=gal

 

( categories: )

MAIO DO SEIS DESDE CASA 2020

Enviado por ninesrey o Mér, 27/05/2020 - 09:51

Os Maios desde o Seis (pincha no Maio e sorpresaaaaaaa)

( categories: )

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS CURSO 2020/21

Enviado por ninesrey o Mar, 19/05/2020 - 11:58

LIBROS DE TEXTO 2018-2019 | CEIP VICENTE RISCO - VIGO 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS 2020/21 

ORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B).

Comunicamosvos que o alumnado de 6º de Primaria que vai o IES ALEXANDRE BÓVEDA (986 292812)ten ata o 19 de Xuño para solicitar o fondo solidario. O periodo de matricula vai desde o 1 ata o 10 de Xullo.

 Para vir a buscar a solicitude non precisades cita previa. Para entregar solicitude manual cuberta no centro solicitade cita previa nos teléfonos  886120180/886120182. 

 Para cubrir a solicitude e entregar no centro ir o  anexo I e anexo II adxunto. 

NOTA: No adxunto II as autorizacións dos membros da unidade familiar, agás o solicitante.

Para cubrila on line https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

( categories: )

Feliz Día das Letras Galegas!

Enviado por ninesrey o Dom, 17/05/2020 - 07:17
( categories: )

RESTABLECEMENTO do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/2021

Enviado por ninesrey o Ven, 08/05/2020 - 21:37

  Soamente alumnado de NOVO ingreso  e CAMBIO  de datos personais.

 O noso alumnado de 6ºde primaria adscrito o IES ALEXANDRE BÓVEDA ata novo aviso por parte das titoras para a matrícula, finais de xuño ou principios de xullo non teñen que facer ningún trámite.

NOVOS PRAZOS DO PROCESO

DATAS DAS FASES DO PROCESO

PRESENTACIÓN  DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN

DO  11 AO 18 DE MAIO (AMBOS INCLUSIVE)

PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA

ATA O DÍA 26 DE MAIO

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS

ANTES DO 9 DE XUÑO

RECLAMACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS

DO 10 AO 12 DE XUÑO

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS

ATA O 26 DE XUÑO

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA

DO 1 AO 10 DE XULLO

 

   Vacantes provisionais previstas para o curso 2020/2021

Curso

prazas

nee

prazas

4º Inf.

44

6

50

5º Inf.

12

0

12

6º Inf.

10

0

10

1º Pri.

4

0

4

2º Pri.

1

0

1

3º Pri.

9

0

9

4º Pri.

2

0

2

5º Pri.

1

0

1

6º Pri.

0

0

0

 

PROCEDEMENTO DE ATENCIÓN ÁS FAMILIAS PARA A PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE:

A atención para este proceso estará baixo as seguintes condicións derivadas do estado de alarma e as indicacións sanitarias:

 1. A atención requerirá CITA PREVIA no teléfono 886 120 182 ou no correo do centro cep.seisdonadal@edu.xunta.gal

 2. O horario de atención será de 10.00 a 13.00 horas

 3. Na entrada ao recinto escolar, haberá sinalizacións de acceso e un protocolo para a entrega e recepción de documentos que deberá cumprirse de xeito obrigatorio. O personal do centro axudará e guiará no cumprimento do mesmo.

 4. Recoméndase a utilización de guantes (luvas) e recoméndase  mascarillas antes do acceso ao centro e unha persoa por familia sen nen@s.

DOCUMENTACIÓN  A ENTREGAR NO CENTRO

«O/a proxenitor/a ou representante do alumnado deberá achegar coa solicitude de admisión a seguinte documentación:

a) Copia do DNI da persoa solicitante, alumno/a e dos membros computables da unidade familiar.

b) Libro de familia orixinal e fotocopias de todas as páxinas. Para a valoración do criterio de familia monoparental acreditación correspondente.

c) Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos en cada nivel educativo(certificado de matrícula do centro de orixe con código XADE ).

d) No caso de separación xudicial ou divorcio, o convenio regulador ou resolución xudicial».

 e) Padrón conxunto actualizado da unidade familiar.

Ver Arquivos adxuntos:

Formulario de admisión

Resolución del sorteo de letras

Manual para axudar ás familias na admisión

ENLACE PARA CUBRIR ONLINE A SOLICITUDE DE PRAZA

( categories: )

COMUNICACIÓN ÁS FAMILIAS DO CEIP SEIS DO NADAL ( Terceiro Trimestre)

Enviado por ninesrey o Dom, 03/05/2020 - 21:53

Benqueridas familias outro mes que se vai…… desexando que estedes ben de saúde e con ánimo para seguir adiante queríamos comunicarvos os aspectos básicos cara ao desenvolvemento deste terceiro trimestre e as adaptacións das programacións.

 Remitimosvos (arquivos adxuntos) as  Instrucións do 27 de abril de 2020, da  Dirección Xeral de Educación, Formación  Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia. Estas instrucións, conxuntamente coa Orde do Ministerio de Educación e Formación Profesional regularán o desenvolvemento básico para o terceiro trimestre, o final de curso e o inicio do curso escolar 2020-2021, con carácter excepcional .

Iremos informando sobre os acordos definitivos que modifiquen calquera situación actual do contexto educativo e queremos transmitiros tranquilidade seguridade cara a vida escolar e educativa do noso alumnado.

O Equipo directivo e o Equipo docente con respeto a AVALIACIÓN E PROMOCIÓN velarán polo mellor trato e valoración do alumnado de cara á finalización do curso, priorizando a promoción e optando pola repetición soamente en casos moi extraordinarios ,debidamente argumentados e con un plan de reforzo especial para o vindeiro curso escolar. Este trimestre será de carácter diagnóstico e de reforzo, sendo os dous primeiros a referencia básica para calquera decisión sobre promoción.

Insistimos en que as TAREFAS PROPOSTAS son recomendacións para manter rutinas de traballo e que a proposta de entrega dalgunhas delas está vinculado a cada circunstancia familiar. O equipo docente fará un seguimento das mesmas e unha corrección das tarefas abertas a entregar, pero non haberá avaliación nin cualificación das mesmas cara as notas finais do curso. Estarán orientadas, na súa gran maioría, á consolidación de aprendizaxes xa tratados ou competencias xenéricas .

Equipo directivo, o Departamento de orientación e Equipo docente (persoas titoras e especialistas) CONTACTARÁN co alumnado ou familias  a través de distintos medios (teléfono, correo electrónico, Cisco Webex,…) semanal ou quincenalmente para comprobar o seu estado anímico e supervisar a súa evolución educativa. Prégase dar entrada a “chamadas ocultas ou privadas” xa que o profesorado accede dende o seu teléfono persoal. Lembrade que as tarefas son propostas para adecuar a cada realidade familiar. Unhas para realizar online (enlaces a recursos dixitais),outras tarefas en documentos pdf para realizar na casa con autocorreción e , finalmente, tarefas abertas ou retos para entregar ás titorías por correo electrónico, edmodo ou bloggles de aula da web segundo dispoña cada titoría. Estas tarefas son simplemente para asesorar e corrixir, non para avaliar e cualificar.Cada día tentaremos mellorar as propostas dentro das posibilidades e limitacións da situación actual.

En canto a  EXCURSIÓNS E SAÍDAS escolares de finalización do curso, as titoras vos irán informando da devolución dos cartos en canto teñamos notificación.

A data de hoxe, , aínda está en fase de estudio por distintos Ministerios (Sanidade,Educación) a posibilidade da volta ás aulas no final do curso

Estaremos en contacto a través do correo do cole cep.seisdonadal@edu.xunta.gal e a través do teléfono Secretaría/Dirección  886120180 e Xefatura de Estudos  886120181 de 9:30 a 13:30 horas para calquer dúbida que teñades.

Xuntos conseguirémolo.Só queda un pouco máis.

“Cambiemos o mundo con responsabilidade, solidariedade e moito ánimo".

O Equipo Educativo do CEIP SEIS DO NADAL

 

 

( categories: )

EN ABRIL......LIBROS MIL!!!!! DÍA DO LIBRO 23 DE ABRIL

Enviado por ninesrey o Xov, 23/04/2020 - 07:36

 

Visitade o Blog da Biblioteca Atlas dos Soños e participade hai sorpresassss........

http://atlasdossonhos.blogspot.com/

( categories: )
Distribuir contido