ENTROIDO COVID NO CEIP SEIS DO NADAL SEIS 2021

Enviado por ninesrey o Ven, 05/02/2021 - 13:34

 

NON ESQUEZADES OS MANDADIÑOS PARA A SEMANA QUE VEN!!!!!!

 

 

Non deixedes de entrar no Fiadeiro https://ofiadeirodoseis.blogspot.com/

CELEBRACIÓN DÍA DA PAZ NO CEIP SEIS DO NADAL

Enviado por ninesrey o Lun, 01/02/2021 - 21:39

 

 

 

 

 

 

 

 

Benqueridas familias en tempos de Covid queremos compartir con vós o vídeo da Paz que fixeron os nen@s con moito cariño.

 

 

( categories: )

ADMISIÓN DO ALUMNADO

Enviado por ninesrey o Lun, 11/01/2021 - 20:30

ADMISIÓN DO ALUMNADO CURSO 2021/22  

Iníciase o proceso de admisión de alumnado  en centros educativos para o vindeiro curso 2021-2022.

 

Na primeira fase soamente afecta ao alumnado que cursa 6º de Educación Primaria e alumnado de nee que cambia de escolarización. Co obxecto de reservar praza educativa no noso instituto adscrito (IES Alexandre Bóveda ).

Temporalización: Do 1 de marzo ata o 22 de Marzo .

O enlace é o seguinte:

 https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

 

https://www.edu.xunta.gal/axudaplicacion/files/admisionalumnado/ED550B-G.pdf

A orde que o regula

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201222/AnuncioG0598-211220-0001_gl.html

Pregamos leades as fases deste proceso.

PROCESOS

PRAZOS

XESTIÓN E DOCUMENTACIÓN

FASE I:

 

RESERVA DE PRAZA NOS CENTROS ADSCRITOS OU PARA CAMBIO DE ETAPA (INFANTIL A PRIMARIA)

 

 

11 DE XANEIRO

AO

8  DE FEBREIRO

ANEXO I

Enviar a solicitude ás familias de 6º de EP e NEE. Deberán cubrilo e entregalo na secretaría do centro actual

Modelo ED550A

Dispoñible na web da Xunta

 

PUBLICACIÓN DE POSTOS ESCOLARES VACANTES

 

ANTES DO 1 DE MARZO

Estudio de vacantes do centro e carga na aplicación

Admisión de Alumnado

Publicación na web e no taboleiro interno do centro

 

FASE II:

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDE DE PRAZA ORDINARIO (NOUTROS CENTROS OU NOVA ADMISIÓN)

 

DO 1 - 22 DE MARZO

 

ANEXO II e fotocopia do Libro de Familia

ED550B

Solicitalo no propio IES

Dispoñible na web da Xunta

 

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES  PROVISIONAIS DE PERSOAS ADMITIDAS E NON ADMITIDAS

 

ANTES DO 25 DE ABRIL

Publicación na web do centro e nos taboleiros interiores do centro

 

 

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES  DEFINITIVAS DE PERSOAS ADMITIDAS E NON ADMITIDAS

 

 

ANTES DO 15 DE MAIO (EXPOSTAS ATA COMENZO DO CURSO SEGUINTE)

Publicación na web do centro e nos taboleiros interiores do centro

 

FASE III:

 

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA

EN EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA

 

20 – 30 DE XUÑO

Presentación da documentación no centro:

 

ANEXO III-1 e documentación solicitada polo centro

FASE III:

 

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA

EN SECUNDARIA

 

25 XUÑO A 10 XULLO

 

CENTROS DE SECUNDARIA

 

 

 

REFERENCIAS NORMATIVAS:

 

DECRETO 254/2012,  do 13 de decembro,  polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes  sostidos  con fondos  públicos  que  imparten  as  ensinanzas  de  segundo  ciclo  de  educación  infantil,  de  educación  primaria, de  educación  secundaria  obrigatoria  e  de  bacharelato  reguladas  na  Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. DOG Nº 53 – 15 DE MARZO DE 2013

 Orde do 25 de xaneiro de 2017 que modifica o procedemento para admisión de alumnado -DOG Nº 22 - 1 DE FEBREIRO de 2017

 Para calquera aclaración  contactade connosco no 886 120 180!!!!!

 

FELICITACIÓN DE NADAL !!!!!!!!

Enviado por ninesrey o Dom, 20/12/2020 - 23:46

  Benqueridas familias:

 Estamos a finais de ano e este é un bo momento para intentar  deixar atrás todo o dificultoso e penoso do 2020 e marcarnos novos retos e desafíos para o próximo 2021.

Por este motivo, queremos agradecer toda a paciencia e boa colaboración de toda a Comunidade Educativa e  a vosa confianza no noso  equipo humano docente e non docente. Seguiremos traballando cada día para seguir ofrecéndovos o  mellor para tod@s. 

 

( categories: )

CHEGOUUUU!!!!!!!!!!! O APALPADOR AO CEIP SEIS DO NADAL!!!!!!!!!!

Enviado por ninesrey o Dom, 20/12/2020 - 19:58

 

O Apalpador tamén coñecido coma pandigueiro  chegou o venres 18 ao noso colexio.

Viña moi canso da Terra de Trives.   Benvido Apalpadorrrrr!!!!!!!!

Podedes visitar o Fiadeiro e veredes que sorpresaaaaa   

https://ofiadeirodoseis.blogspot.com/

 

 

                      

 

 

 

FONDO SOLIDARIO DE MÁSCARAS CEIP SEIS DO NADAL 2020/21

Enviado por ninesrey o Lun, 16/11/2020 - 08:57

 

           

 

 

FONDO SOLIDARIO DE MÁSCARAS

 

ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en Educación primaria. (Adxunto da orde)

 

Non teñen que presentar solicitude

 

O alumnado que foi beneficiado de    axuda de material escolar    da xunta no curso 2020/21. Xa tramitalo directamente.

 

Teñen que presentar solicitude

 

O alumnado que   non foi beneficiado de axuda de material escolar    da xunta no curso 2020/21, e cumpre os seguintes requisitos:

 

Ten renta pér capita igual ou inferior a 6.000€ no exercicio 2018.

 

Alumnado matriculado en Educación Especial.

 

Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

 

Alumnado cun grado de discapacidade igual ou superior ao 65%.

 

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexoI) a seguinte documentación (ver anexo adxunto sede electrónica) https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330E

 

 

Forma de presentación

 

De    forma presencial no centro    o alumnado que non foi beneficiado coa axuda de material escolar da Xunta no curso 2020/21 e cumpre algún dos requisitos. Petición de cita previa coas medidas preventivas de seguridade.

 

Prazo de presentación

 Do 16 ao 27 de Novembro de 2020

 

 

Teléfono de información do cole  886120180 atención dependendo de disposición do persoal. Grazas

COMUNICACIÓN ÁS FAMILIAS DO CEIP SEIS DO NADAL

Enviado por ninesrey o Lun, 02/11/2020 - 12:00

 

 

Benqueridas familias: 

Comunicámosvos que, seguindo as instrucións das autoridades Sanitarias, procedemos en base as instruccións por seguridade, a activar o Protocolo establecido nos cas@s covid positivos.

Tod@s os confinad@s atópanse ben de saúde cumplindo as medidas de illamento establecidas.

Queremos agradecer a rápida colaboración de todas as familias unha vez notificamos as situacións, así como as mostras de agradecemento por parte de tod@s.

Sabemos que son momentos difíciles e desexamos facelo o mellor posible. 

A canle para informar á escola dun caso sospeitoso ou para facer algunha consulta relacionada coa enfermidade é  a seguinte:

•Correo electrónico: cep.seisdonadal @edu.xunta.gal

•Correo electrónico titor/a

•Vía telefónica (preguntar responsables ou coordinador  equipo covid)

•886120180

•886120181

•886120182

 TELÉFONO INFORMACIÓN GALICIA : 900 400 116.

A escola seguirá o protocolo para contactar coas autoridades sanitarias competentes e notificar ás familias as decisiòns tomadas. Isto leva tempo, porque o Equipo COVID ten que esperar instrucións de Sanidade antes de poder actuar.Introducir na aplicación Educovid o verificado por Sanidade 

Grazas de antemán, familias, pola vosa comprensión, e... ánimo!   Xuntos conseguirémolo!!!!!!!

Afouteza Seis!!!!!!!!

Unha aperta

O Equipo COVID 

O Equipo Directivo

 

( categories: )

ENTRE TOD@S CONSEGUIREMOLO.... POR UN COMENZO SEGURO NAS AULAS

Enviado por ninesrey o Ven, 09/10/2020 - 21:55

Benqueridas, familias:

Damos un pasiño máis e seguimos actualizando e consolidando documentos, programas e plans para este novo curso. Queremos  e desexamos unha volta segura ás aulas.

Pregamos ler estes documentos para afianzar unha organización dinámica, segura e eficaz para a  nosa  saúde e convivencia. (Ver documentos adxuntos). Durante todo o curso escolar haberá flexibilidade e axustes organizativos para intentar mellorar entre tod@s.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

( categories: )

CIRCULAR INFORMATIVA DO CURSO 2020/21

Enviado por ninesrey o Lun, 05/10/2020 - 21:28

Estimadas familias tedes en arquivo adxunto a circular informativa de inicio de curso que enviamosvos en papel coma todos os anos polos vos@s fill@s.

( categories: )

COMUNICACIÓN ÁS FAMILIAS DO CEIP SEIS DO NADAL

Enviado por ninesrey o Xov, 01/10/2020 - 09:15

Prezadas familias no día de hoxe 1/10/2020 convocatoria da ANPA 18:00 horas (primeira convocatoria)e 18:30horas (segunda convocatoria) para falar do comedor escolar e matinal.

Entrada ao centro porta nº3 centro de saúde. 

Pregámoslles asistencia coas medidas de prevención pertinentes.

Entre tod@s o conseguiremos.

Moitas grazas

( categories: )
Distribuir contido