|
XORNADA DE PORTAS ABERTAS 2020/2021Enviado por ninesrey o Dom, 19/01/2020 - 13:31
O 18 de febreiro único día das xornadas de portas abertas para todas as familias interesadas en coñecer o noso centro. (Duración sobre unha hora) Pola mañá: 12:30h Pola tarde: 17:00h Nota: Non é necesario pedir cita, procurade ser puntuais,grazas. Teléfono de contacto e consulta 886120180 PRAZAS VACANTES (En arquivo adxunto)
( categories: )
ACTUACIÓN MARIA FUMAÇAEnviado por Anónimo o Ven, 20/12/2019 - 14:29
Hoxe tivemos o imenso pracer de contar no noso cole con María Fumaça. Presentaron o seu novo disco " O veleiro verde". Con eles embarcamos no mundo da inclusión, da igualdade e da importancia de coidar o noso planeta. Moitas grazas a todo o equipo de María Fumaça. HAI MÁIS FOTOS NA SECCIÓN DA WEB "GALERÍA" na categoría "MARÍA FUMAÇA" ( categories: )
FESTIVAL DO NADALEnviado por Anónimo o Ven, 20/12/2019 - 14:21
O xoves 19 de decembro celebramos o festival de Nadal. Os cursos de Infantil 4 anos, 2º, 4º e 6º de Educación Primaria prepararon diferentes actuacións nas que nos sensibilizaron sobre o coidado do noso planeta.
Infantil 4 anos Segundo Cuarto Sexto A Sexto B Sexto C HAI MÁIS FOTOS NA SECCIÓN DA WEB "GALERÍA" na categoría "FESTIVAL NADAL 2019"
( categories: )
ROBÓTICA NO CENTRO E NA CASAEnviado por Anónimo o Mér, 27/11/2019 - 11:27
No colexio levamos dous cursos cun Programa de Introdución a robótica, impartíndoo cos vosos fillos/as, e por este motivo o martes 26 as 16:00, realizouse no colexio unha charla co título: “Robótica no centro e na casa”, co obxectivo de facilitarvos coñecemento de recursos robóticos e de programación a disposición dos vosos fillos/as. Viñeron un grupo de pais e nais a esa formación no centro impartido por un especilista do tema enviado polo CEFORE de Vigo.
( categories: )
25 N "CHEAS DE VIDA"Enviado por Anónimo o Mar, 26/11/2019 - 16:28
Onte, 25 de Novembro, celebramos un acto para a Eliminación da Violencia contra a Muller cantando todos e todas xuntas a canción "Chea de vida" de Guadi Galego con lingua de signos. Foi moi emotivo e fixérono fenomenal! Cambiemos o mundo Cheas de vida!
( categories: )
CONCERTO DE CÉ ORQUESTRA PANTASMAEnviado por Anónimo o Mar, 26/11/2019 - 11:26
O venres 22 de novembro, coincidindo co día de Santa Cecilia, a patrona dos músicos, tivemos no colexio o concerto de Cé Orquestra Pantasma. Houbo dous pases nos que cantou os seus grandes éxitos, que están dentro dos seus traballos: “A voar” e “Fíos do querer”. Ademais fará as súas versións de cancións galegas tan coñecidas como: o cuco cuqueiro, a sementeira ou o paraugas do Xosé…
( categories: )
MAGOSTO2019Enviado por Anónimo o Mar, 12/11/2019 - 10:46
O venres 8 de novembro celebramos o MAGOSTO.Tivemos un sol estupendo. É unha oportunidade para facer unha festa tradicional en Galicia e destacar a importancia da castaña e os castiñeiros na natureza e cultura galega. Fixemos diferentes xogos coa participación de todas as clases e alumnado:corda, bolos, carreiras atados en parellas, etc. Tamén bailamos, comimos castañas e os que quixeron tiznaronse.
( categories: )
SAMAÍN 2019Enviado por Anónimo o Mér, 30/10/2019 - 12:08
Estes días celebramos o Samaín no cole. Queremos cambiar o mundo defendendo as nosas tradicións , respectándoas e valorándoas, para logo comprender as dos demais. Quedounos unha exposición maravillosa, grazas á participación de toda a Comunidade Educativa, que se volcou para que estivera así de lucida. Ainda que non daba moito medo, cando apareceu o lobishome, algúns nenos e nenas ainda tremeron coa súa presenza. Logo déronlle a patiña e ata houbo bicos. Ao remate, foi que este lobishome era un lobo boíño! Moitas grazas a todos e todas por implicarvos tanto nas actividades dos fillos e fillas e do alumnado! Vai a folla que se enviou ás familias , por se a queredes poner como arquivo.
( categories: )
INSCRICIÓN NAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DO ANPA SEIS DO NADALEnviado por ninesrey o Dom, 15/09/2019 - 23:40
Dende o luns 16 de setembro xa podedes inscribirvos nas actividades extraescolares que oferta a Anpa CEIP Seis do Nadal .De 9:00 a 9:30 no local da Anpa ou se o preferides descargar o modelo de inscrición na súa páxina https://anpaseisdonadal.wordpress.com e depositar a petición no buzón da Anpa. ( categories: )
AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO PARA O CURSO ACADÉMICO 2019/20Enviado por ninesrey o Xov, 30/08/2018 - 10:31
Comunicámosvos que xa podedes solicitar as becas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo no seguinte enlace
Prazo de presentación de solicitudes: ABERTO dende o 28 de XULLO do 2019 ata o 26 de SETEMBRO do 2019. ( categories: )
|
Iniciar sesión |