DÍA DA PAZ

Enviado por Anónimo o Lun, 03/02/2020 - 11:56

O xoves día 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz. Fixemos un acto conxunto cantando a canción "Apertas que voan" de Paco Nogueiras con lingua de signos. Tamén cada clase participou na decoración da Pomba da paz

( categories: )

SAMAÍN 2019

Enviado por Anónimo o Mér, 30/10/2019 - 12:50

 

Estes días  celebramos o Samaín no cole. Queremos cambiar o mundo defendendo as nosas tradicións , respectándoas e valorándoas, para logo comprender as dos demais.

Quedounos unha exposición maravillosa, grazas á participación de toda a Comunidade Educativa, que se volcou para que estivera así de lucida. Ainda que non daba moito medo, cando apareceu o lobishome, algúns nenos e nenas  ainda tremeron coa súa presenza. Logo déronlle a patiña e ata houbo bicos. Ao remate, foi que este lobishome era  un lobo boíño!

Moitas grazas a todos e todas  por implicarvos tanto  nas actividades dos fillos e fillas e do alumnado!

Vai a folla que se enviou ás familias , por se a queredes poner como arquivo.

ARQUIVO SAMAÍN

 

CONCERTOS DE OVIRAVAI E MITIC

Enviado por Anónimo o Lun, 17/06/2019 - 09:48

 No colexio actuaron os grupos de música Oviravai e Mitic

 OVIRAVAI

O grupo musical OVIRAVAI presentou o traballo "PAIO E O PODER DA MÚSICA"

Despois de traballar as cancións na clase de música, os nenos e nenas cantaron, bailaron e

disfrutaron un montón cos temas como: Reciclar, Rosalía ou unha mensaxe da terra.

MITIC

Concertazo de MITIC no noso cole. Os nenos e nenas xa levan o Rock and Roll e a gaita no

corazón. Gracias por achegar a gaita os nenos con ese arte no escenario!

 

 

( categories: )

REBUMBIO MATEMÁTICO

Enviado por ninesrey o Xov, 09/05/2019 - 13:42

Parabéns!!!!

As nosas alumnas de Sexto de Primaria clasificadas  Segundo lugar de toda Galiza no Rebumbio matemático Laura Núñez, Cristina Núñez e Nadia Múñiz.

 

c775fad8-754e-4fe5-a7bd-399a9bc35474.jpg

( categories: )

APADRIÑAMENTOS LECTORES

Enviado por Anónimo o Lun, 29/04/2019 - 09:35

Un curso máis celebramos o Día do Libro coa actividade dos Apadriñamentos e Amadriñamentos Lectores. O mal tempo non permitiu saír ao patio e tivemos que facelo no interior. 

   

 

 

 

( categories: )

ADMISIÓN DE ALUMNOS E ALUMNAS PARA O ANO: 2019/2020

Enviado por ninesrey o Mar, 02/04/2019 - 17:11

Comunicamosvos que os nenos e nenas de 4º de Educación Infantil (3 anos) e de 5º Educación Infantil

(4 anos) ,que fixeron o proceso de admisión están todos admitidos. Os que non están admitidos  se xurde algunha vacante pódeselle adxudicar , o centro  porase en contacto cos interesados.

Publicación das listas definitivas no arquivo adxunto.

proceso de matrícula estará aberto a partir do 3 de Xuño.

Recordade solicitar o comedor escolar neste mes de maio para o curso 2019/20.

( categories: )

PROGRAMA “FROITA NA ESCOLA”

Enviado por Anónimo o Ven, 29/03/2019 - 13:17

Co obxectivo de fomentar o consumo de froita fresca e saudable, o noso centro participa, por primeiro ano, no Programa “Froita na Escola” subvencionado con fondos da Unión Europea e do FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria).
 
Durante as vindeiras dúas semanas (do 1 ao 12 de abril) todo o alumnado recibirá unha peza de froita na hora do recreo. 
 
No seguinte calendario podedes ver as froitas que consumirán 

( categories: )

ENTROIDO MÁXICO 2019

Enviado por Anónimo o Xov, 14/03/2019 - 10:38

ENTROIDO MÁXICO

 O venres 1 de marzo celebramos o entroido no centro. Seguindo o proxecto deste curso, O Seis encheuse de personaxes máxicos.

 
 


 
Desfile no pavillón e pasarrúas polo barrio .
A volta  xuizo e queima do Meco.
 
E para rematar degustación de productos típicos desta festa (orellas, filloas, flores,...).
Grazas ás familias pola colaboración!!!!!
 
NOTA: Tedes máis fotos do entroido no apartado GALERÍA, curso 2018-19.
 
( categories: )

DÍA DA PAZ 2019

Enviado por Anónimo o Mar, 05/02/2019 - 12:02

Para conmemorar o Día da Paz, o 30 de Xaneiro, celebramos un acto colectivo co lema: "Coas palabras máxicas faremos a PAZ".

Todos e todas vestidos de branco subimos ao pavillón e alí, sentados en forma de u, coas letras que forman as palabras que cada curso elexiu , metémolas nun sombreiro máxico e fixemos o noso "Feitizo da Paz".

Despois danzamos  ao son da canción "Baile da Paz" de Mamá Cabra que, ademais de cantar, acompañamos dunha coreografía que aprendemos na clase de música. Para ver o vídeo preme na seguinte ligazón

https://www.youtube.com/watch?v=s3ZdoYG4qtI&feature=youtu.be

( categories: )

ACTO COLECTIVO 25 N

Enviado por Anónimo o Lun, 10/12/2018 - 10:21

O luns 26 fixemos una acto colectivo con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

Durante a semana estivemos traballando e reflexionando sobre o tema nas aulas con lecturas, contos,...

Previamente en cada clase debuxamos en cartulinas a nosa man, recortámola e puxémola como un colgante.
 
Dispuxémonos en forma de U, seguindo as indicacións  de mestra de música e ao alumnado de sexto escenificando a canción e o retrouso en lingua de signos.
 
O alumnado dos distintos cursos, por turnos, foi pintando unha porta violeta.
 
O remate do acto foi o mural que montamos cos debuxos da canción.
 
Para ver o vídeo preme na seguinte ligazón
 
 
 Vestidos de negro reunímonos no pavillón para cantar todos xuntos  "La puerta violeta" de Rozalén.

 

 

 

( categories: )
Distribuir contido