EN ABRIL......LIBROS MIL!!!!! DÍA DO LIBRO 23 DE ABRIL

Enviado por ninesrey o Xov, 23/04/2020 - 07:36

 

Visitade o Blog da Biblioteca Atlas dos Soños e participade hai sorpresassss........

http://atlasdossonhos.blogspot.com/

( categories: )

HOMENAXE A TODAS AS NOSAS ALUMNAS E ALUMNOS :-))

Enviado por ninesrey o Mér, 08/04/2020 - 14:30

As mestres , mestre, coidadoras, administrativo e conxerses levamos uns días dándolles voltas para agradecer  o noso alumnado e as súas familias nestas circunstancias de alerta que #quedennacasa e queremos agasallaros con este vídeo e darvos as gracias por #Cambiaromundo con solidariedade!!!! Sodes uns heroes, moito ánimo e apertas XIGANTES para tod@s!!!!!!!

 

 Pinchade no seguinte enlace Guiño

https://drive.google.com/file/d/1rFSFKHE5BQds0dc45vnhftdvpcwkT2oe/view

( categories: )

SEGUNDA AVALIACIÓN

Enviado por ninesrey o Ven, 27/03/2020 - 13:35

2º AVALIACIÓN

 

segunda avaliación darase por pechada a data de 13 de marzo. Lémbrase que, segundo as instrucións da Consellería, o traballo realizado polo alumnado dende esa data no é avaliable. Comunicamos ás familias que as notas da 2º avaliación serán publicadas na aplicación abalar Móbil o día 3 de abril ás 14:00h

 

Pregamos  as familias que aínda non o fixeron, que descarguen dita aplicación, prema na imaxe.

 

 

 

NOTA: Se tedes algún problema para entrar na aplicación, poñédevos en contacto con Dirección /Secretaria 886120180 Xefatura de Estudos 886120181 de 10:00 a 13:00 ou no correo cep.seisdonadal@edu.xunta.gal

 

 

 

 

 

 

( categories: )

Covid-19: Información de Benestar Social sobre recursos municipais do Concello de Vigo ante o estado de alarma.

Enviado por ninesrey o Mér, 25/03/2020 - 16:20

INFORMACIÓN SOBRE RECURSOS MUNICIPAIS DO CONCELLO DE

VIGO ANTE O ESTADO DE ALARMA!!!!!

 http://hoxe.vigo.org/actualidade/avisos.php?id=4121&lang=gal#/

   

1. Familias que teñen menores con bolsa de comedor en centros escolares de Vigo, con rendas inferiores a 300€ per cápita.

Enviar un correo a axuda.comedor@vigo.org co nome do menor, o centro no que están escolarizados e o número de conta IBAN para o ingreso.

 

2. Familias que teñen necesidades con menores non bolseiros de comedor, ou sen menores.

Enviar un correo a ofi.central@vigo.org ou chamar ao 010. As unidades de traballo social valorarán a procedencia de apoio económico mediante o Programa contra Desafiuzamentos e Emerxencia Social.

 

3. Maiores con necesidade de recibir axuda para realizar compra de alimentación. Enviar un correo a ofi.central@vigo.org ou chamar ao 010 cos datos de identificación, dirección e telefono.

 

4. Persoas maiores que residen sós e que necesitan apoio do SAF (Servizo Municipal de Axuda non Fogar):

a) Atencións de carácter persoal na realización das actividades básicas da vida diaria (coidados persoais, alimentación, etc.).

b) Atención das necesidades de carácter doméstico e da vivenda.

c) Acompañamentos fóra do domicilio (citas e xestións).

Enviar un correo a ofi.central@vigo.org ou chamar ao 010. En lestes casos os responsables do SAF farán unha valoración social previa.

 

5. Persoas sen fogar, durmindo en rúa: ofértaselles a posibilidade de aloxamento alternativo ou reparto de comida, tendo que facilitar neste caso nome e dirección para levarlla.

 

6. Persoas que acudían regularmente aos comedores sociais: levaráselles a comida ás súas direccións.

 

Enviar un correo a ofi.central@vigo.org ou chamar ao 010 cos datos de identificación e o comedor social no que se lles está atendendo).

 

7. Familias de PSEAF (Programa socioeducativo de Apoio Familiar).

Valorarase a procedencia de apoio económico mediante o Programa contra Desafiuzamentos e Emerxencia Social, previo informe dos educadores sociais.

( categories: )

MARíA COCO HERNANDO

Enviado por ninesrey o Mar, 24/03/2020 - 22:16

Prema na imaxe para ir de aventura

 

 

( categories: )

COMUNICACIÓN ÁS FAMILIAS

Enviado por ninesrey o Dom, 15/03/2020 - 21:07

Benqueridas familas comunicádevos que tendo en conta as medidas do Goberno e ante o Estado de alarma e a situación actual de prórroga , o colexio permanecerá pechado ata o 12 de Abril seguindo instruccións , polo que as familias e os alumnos non poderán acudir en ningún momento do confinamento. As tarefas non avaliables dos alumnos e alumnas enviaranse por correo electrónico, Edmodo, blogges, drive non deben ser un agobio cada neno e nena ten un ritmo diferente, sodes as familias as que debedes dosificar, seleccionar  e establecer o horario que se lle adica. 

 O proceso  administrativo suspendense temporalmente para reanudarse no momento en que perda vixencia o Real Decreto 463/2020.

Estaremos en contacto a través do correo do cole cep.seisdonadal@edu.xunta.gal e a través do teléfono Secretaría/Dirección  886120180 e Xefatura de Estudos 886120181 de 10:00 a 13:00 horas para calquer dúbida que teñades.

Moitas grazas pola vosa colaboración e recordade ser disciplinados respetando as medidas a adoptar en relación coa pandemia covid-19 para os  días de confinamento, e seguir as instruccións de Sanidade.

Xuntos conseguirémolo.Só queda un pouco máis.

Cambiemos o mundo con responsabilidade e solidariedade”, moito ánimo.

 

 O Equipo Directivo do Seis do Nadal.

( categories: )

INFORMACIÓN CORONAVIRUS

Enviado por ninesrey o Xov, 12/03/2020 - 17:06

O presidente da Xunta de Galicia COMUNICA a decisión de pechar os centros educativos de Galicia desde o vindeiro luns 16 de marzo con carácter oficial, e de xeito recomendado desde mañá venres, por un período inicial de 14 días.
 

       Manterémosvos informados unha vez recibidas as instrucións da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

( categories: )

ENTROIDO 2020

Enviado por Anónimo o Mar, 03/03/2020 - 10:39

Este curso celebramos o entroido dedicado a "Cambiamos o mundo".

Durante quince días fixemos uns murais dos distintos entroidos de Galicia: Peliqueiros, Choqueiros, Boteiros, Oso, Felos, etc. que estiveron expostos na entrada do colexio. 

O Meco mandounos traer cousas na cabeza, nos pés, pixamas, mandis.

Houbo tamén un obradoiro de filloas, onde todo o alumnado aprendeu como se fan e o ricas que son, comendo todo.

Cada curso elixiu un tema diferente para disfrazarse. Actuaron e desfilaron no pavillón e logo polas rúas recibindo os parabéns das familias e os veciños e veciñas. Queimamos o meco polas malas cousas que fixo  e disfrutamos dunha merendola do entroido no pavillón con pratos doces e salgados. Por último, rematamos bailando e xogando.

 

 

 

( categories: )

Prazo de admisión para o vindeiro curso 2020/21do 1 ata o 23 de marzo

Enviado por ninesrey o Lun, 02/03/2020 - 00:14

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES : DO 1 AO 23 DE MARZO DE

2020 neste  centro,  por ser o día 20 de marzo non lectivo.

 

A partir do día 20 de marzo a Sede Electrónica non admitirá a presentación de solicitudes para este procedemento. Non obstante, a aplicación admisionalumnado admitirá o rexistro ata o día 23 das solicitudes que se dirixan a aqueles centros nos que o día 20 foi declarado como non lectivo. Estas solicitudes terán que presentarse de forma presencial no propio centro que se solicita en primeiro lugar ou en calquera dos rexistros que establece a Lei do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O calendario do procedemento de admisión e matrícula está establecido pola normativa de aplicación:

Normativa de aplicación

 

  •  DECRETO 254/2012, de 13 de diciembre, por el que se regula la admisión de alumnado en centros docentes sostenidos con fondos públicos que imparten las enseñanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obligatoria y de bachillerato reguladas en la Ley orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de educación.

  • ORDEN de 12 de marzo de 2013 por la que se desarrolla el procedimiento para la admisión del alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan enseñanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obligatoria y de bachillerato reguladas en la Ley orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de educación.

  • ORDEN de 25 de enero de 2017 por la que se modifica la Orden de 12 de marzo de 2013 por la que se desarrolla el procedimiento para la admisión del alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan enseñanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obligatoria y de bachillerato reguladas en la Ley orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de educación.

 Cómpre lembrar que a Consellería de Educación pon á disposición das familias unha ferramenta informática, a aplicación ‘admisionalumnado’ (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) que posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren, e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación.

Deste xeito, garántese o dereito da cidadanía ao acceso electrónico aos servizos públicos, mantendo tamén a posibilidade de presentar esta solicitude de forma presencial.Ademais, as familias poderán consultar o estado de tramitación da solicitude nas distintas fases do procedemento utilizando o código que xera a aplicación ao cumprimentar a solicitude, xunto co DNI do proxenitor ou proxenitora asinante.

 A solicitude deberá axustarse ao modelo normalizado .Pode descargarse desde esta páxina web (no arquivo adxunto ) e unha vez correctamente cuberta e asinada deben presentala na secretaría do centro.Esta solicitude será única e terá carácter vinculante.

O impreso será facilitado gratuitamente nos correspondentes centros docentes e poderá descargarse da páxina web da Consellería de Educación.A solicitude terá que estar asinada por calquera das/os titulares da patria potestade ou representantes legais.

 IMPORTANTE: No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambas/os proxenitoras/es, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles.

 DOCUMENTACIÓN  A ENTREGAR NO CENTRO

«O/a proxenitor/a ou representante do alumnado deberá achegar coa solicitude de admisión a seguinte documentación:

a) Copia do DNI da persoa solicitante, alumno/a e dos membros computables da unidade familiar.

b) Libro de familia orixinal e fotocopias de todas as páxinas.Para a valoración do criterio de familia monoparental, a persoa interesada terá que presentar a certificación de recoñecemento da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia ou pola autoridade competente doutras administracións públicas.

c) Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos en cada nivel educativo(certificado de matrícula do centro de orixe con código XADE ).

d) No caso de separación xudicial ou divorcio, o convenio regulador ou resolución xudicial».

e) Padrón conxunto actualizado da unidade familiar.

 

 Para calquer dúbida chamar a secretaría 886120180.

Ver Arquivos adxuntos:

Formulario de admisión

Resolución del sorteo de letras

Manual para axudar ás familias na admisión

Vacantes provisionais 

 

 

DÍA DA PAZ

Enviado por Anónimo o Lun, 03/02/2020 - 11:00

O xoves día 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz. Fixemos un acto conxunto cantando a canción "Apertas que voan" de Paco Nogueiras con lingua de signos. Tamén cada clase participou na confección dun mosaico da Pomba da paz

( categories: )
Distribuir contido