Prazo de admisión para o vindeiro curso 2020/21do 1 ata o 23 de marzo

Enviado por ninesrey o Lun, 02/03/2020 - 01:14

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES : DO 1 AO 23 DE MARZO DE

2020 neste  centro,  por ser o día 20 de marzo non lectivo.

 

A partir do día 20 de marzo a Sede Electrónica non admitirá a presentación de solicitudes para este procedemento. Non obstante, a aplicación admisionalumnado admitirá o rexistro ata o día 23 das solicitudes que se dirixan a aqueles centros nos que o día 20 foi declarado como non lectivo. Estas solicitudes terán que presentarse de forma presencial no propio centro que se solicita en primeiro lugar ou en calquera dos rexistros que establece a Lei do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O calendario do procedemento de admisión e matrícula está establecido pola normativa de aplicación:

Normativa de aplicación

 

  •  DECRETO 254/2012, de 13 de diciembre, por el que se regula la admisión de alumnado en centros docentes sostenidos con fondos públicos que imparten las enseñanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obligatoria y de bachillerato reguladas en la Ley orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de educación.

  • ORDEN de 12 de marzo de 2013 por la que se desarrolla el procedimiento para la admisión del alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan enseñanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obligatoria y de bachillerato reguladas en la Ley orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de educación.

  • ORDEN de 25 de enero de 2017 por la que se modifica la Orden de 12 de marzo de 2013 por la que se desarrolla el procedimiento para la admisión del alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan enseñanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obligatoria y de bachillerato reguladas en la Ley orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de educación.

 Cómpre lembrar que a Consellería de Educación pon á disposición das familias unha ferramenta informática, a aplicación ‘admisionalumnado’ (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) que posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren, e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación.

Deste xeito, garántese o dereito da cidadanía ao acceso electrónico aos servizos públicos, mantendo tamén a posibilidade de presentar esta solicitude de forma presencial.Ademais, as familias poderán consultar o estado de tramitación da solicitude nas distintas fases do procedemento utilizando o código que xera a aplicación ao cumprimentar a solicitude, xunto co DNI do proxenitor ou proxenitora asinante.

 A solicitude deberá axustarse ao modelo normalizado .Pode descargarse desde esta páxina web (no arquivo adxunto ) e unha vez correctamente cuberta e asinada deben presentala na secretaría do centro.Esta solicitude será única e terá carácter vinculante.

O impreso será facilitado gratuitamente nos correspondentes centros docentes e poderá descargarse da páxina web da Consellería de Educación.A solicitude terá que estar asinada por calquera das/os titulares da patria potestade ou representantes legais.

 IMPORTANTE: No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambas/os proxenitoras/es, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles.

 DOCUMENTACIÓN  A ENTREGAR NO CENTRO

«O/a proxenitor/a ou representante do alumnado deberá achegar coa solicitude de admisión a seguinte documentación:

a) Copia do DNI da persoa solicitante, alumno/a e dos membros computables da unidade familiar.

b) Libro de familia orixinal e fotocopias de todas as páxinas.Para a valoración do criterio de familia monoparental, a persoa interesada terá que presentar a certificación de recoñecemento da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia ou pola autoridade competente doutras administracións públicas.

c) Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos en cada nivel educativo(certificado de matrícula do centro de orixe con código XADE ).

d) No caso de separación xudicial ou divorcio, o convenio regulador ou resolución xudicial».

e) Padrón conxunto actualizado da unidade familiar.

 

 Para calquer dúbida chamar a secretaría 886120180.

Ver Arquivos adxuntos:

Formulario de admisión

Resolución del sorteo de letras

Manual para axudar ás familias na admisión

Vacantes provisionais 

 

 

AdxuntoTamaño
formulario admisión.pdf1.13 MB
resolucion_resultado_sorteo_anual_letras_admision_2020.pdf307.59 KB
manual_familias_admision.v.04.pdf226.85 KB
Vacantes provisionais curso 2020-2021.pdf651.96 KB