|
Covid-19: Información de Benestar Social sobre recursos municipais do Concello de Vigo ante o estado de alarma.Enviado por ninesrey o Mér, 25/03/2020 - 16:20
INFORMACIÓN SOBRE RECURSOS MUNICIPAIS DO CONCELLO DE VIGO ANTE O ESTADO DE ALARMA!!!!! http://hoxe.vigo.org/actualidade/avisos.php?id=4121&lang=gal#/
1. Familias que teñen menores con bolsa de comedor en centros escolares de Vigo, con rendas inferiores a 300€ per cápita. Enviar un correo a axuda.comedor@vigo.org co nome do menor, o centro no que están escolarizados e o número de conta IBAN para o ingreso.
2. Familias que teñen necesidades con menores non bolseiros de comedor, ou sen menores. Enviar un correo a ofi.central@vigo.org ou chamar ao 010. As unidades de traballo social valorarán a procedencia de apoio económico mediante o Programa contra Desafiuzamentos e Emerxencia Social.
3. Maiores con necesidade de recibir axuda para realizar compra de alimentación. Enviar un correo a ofi.central@vigo.org ou chamar ao 010 cos datos de identificación, dirección e telefono.
4. Persoas maiores que residen sós e que necesitan apoio do SAF (Servizo Municipal de Axuda non Fogar): a) Atencións de carácter persoal na realización das actividades básicas da vida diaria (coidados persoais, alimentación, etc.). b) Atención das necesidades de carácter doméstico e da vivenda. c) Acompañamentos fóra do domicilio (citas e xestións). Enviar un correo a ofi.central@vigo.org ou chamar ao 010. En lestes casos os responsables do SAF farán unha valoración social previa.
5. Persoas sen fogar, durmindo en rúa: ofértaselles a posibilidade de aloxamento alternativo ou reparto de comida, tendo que facilitar neste caso nome e dirección para levarlla.
6. Persoas que acudían regularmente aos comedores sociais: levaráselles a comida ás súas direccións.
Enviar un correo a ofi.central@vigo.org ou chamar ao 010 cos datos de identificación e o comedor social no que se lles está atendendo).
7. Familias de PSEAF (Programa socioeducativo de Apoio Familiar). Valorarase a procedencia de apoio económico mediante o Programa contra Desafiuzamentos e Emerxencia Social, previo informe dos educadores sociais. ( categories: )
|
Iniciar sesión |