SOLICITUDE DE COMEDOR E GARDERÍA PARA O CURSO 2018/2019

Enviado por ninesrey o Ven, 27/04/2018 - 10:32

Xa tedes a vosa disposición as solicitudes para o comedor escolar e o servicio de gardería no centro.

Están pendentes de saír publicadas as axudas municipais de comedor e material escolar ( só para Educación Infantil).

 

 

 

Para calquer dúbida chamade a secretaría 886120180.

DÍA DO LIBRO 2018

Enviado por Anónimo o Xov, 26/04/2018 - 11:07

 

O sol acompañounos para celebrar o Día do Libro cunha actividade que nos encanta a todos e todas: os apadriñamentos e amadriñamentos lectores.

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º foi visitar aos seus afillados e afilladas (infantil, 1º e 2º) e escolleron na biblioteca os libros que ían lerlles.

O luns, 23 de abril, despois do recreo saímos todos ao patio buscando un sitio para compartir esas lecturas cheas de historias, aventuras, emocións,...

O remate desta  festa da lectura foi a  entrega de marcapáxinas como agasallo dos afillados e afilladas aos seus padriños e madriñas.

 

  

 

( categories: )

EMOCION-ARTE NO SEIS

Enviado por Anónimo o Mér, 25/04/2018 - 10:34

Este ano o noso proxecto "Emocion-arte" levounos a convertir o noso colexio nun museo.

Tódolos artistas e tódolos movementos pictóricos teñen cabida nos nosos corredores. Dende os artistas máis internacionais coma Picasso, Frida Kahlo ou Andy Warhol ata os artistas urbanos galegos máis coñecidos coma Powone ou Lula Goce. Tódolos cursos implicáronse neste proxecto, dende as aulas de Infantil ata 6º de Primaria. Os resultados das creacións pictóricas foron abraiantes e tódolos nen@s desfrutaron na súa elaboración. Podedes ver máis fotos pinchando na lapela superior onde pon "Galería".

   

( categories: )

LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2018/2019

Enviado por ninesrey o Lun, 09/04/2018 - 10:51
( categories: )

Resultado do sorteo anual de letras de prioridade para resolver os empates no procedemento de admisión de alumnado para o curso 2018/2019

Enviado por ninesrey o Mar, 27/02/2018 - 15:04

O día 27 de febreiro saíu publicado na páxina da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria o resultado do sorteo anual das letras de prioridade para resolver os empates no procedemento de admisión para o curso 2018/2019.

As letras de prioridade que afectan ao primeiro apelido son as letras "Z" e "T"; así mesmo, afectan ao segundo apelido as letras "C" e "J".

 

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/24326

Vacantes curso 2018/2019

Enviado por ninesrey o Mar, 27/02/2018 - 10:52

 

  VACANTES 2018 / 2019  
4º EI 5º EI 6º EI 1º PRIM 2º PRIM 3º PRIM 4º PRIM 5º PRIM 6º PRIM
44 + 6 NEEs 2 0 0 0 0 3 6 0

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN ALUMNADO NOVO NO CENTRO CURSO 2018/2019.PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DO 1 AO 20 DE MARZO DE 2018.

Enviado por ninesrey o Ven, 23/02/2018 - 19:54

NORMATIVA DE APLICACIÓN- ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2ºciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006,do 3 de maio, de educación. (DOGA DO 1 DE FEBREIRO DE 2017).

PRAZO DE PRSENTACIÓN DE SOLICITUDES : DO 1 AO 20 DE MARZO DE 2018

A solicitude deberá axustarse ao modelo normalizado ( modelo ED550B ). Pode descargarse desde esta páxina web ( no arquivo adxunto ) e unha vez correctamente cuberta e asinada deben presentala na secretaría do centro.

Esta solicitude será única e terá carácter vinculante.

 O impreso será facilitado gratuitamente nos correspondentes centros docentes e poderá descargarse da páxina web da Consellería de Educación.

A solicitude terá que estar asinada por calquera das/os titulares da patria potestade ou representantes legais.

 

IMPORTANTE: No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambas/os proxenitoras/es, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles.

DOCUMENTACIÓN

«O/a proxenitor/a ou representante do alumnado deberá achegar coa solicitude de admisión a seguinte documentación:

a) Copia do DNI da persoa solicitante, alumno/a e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.

b) Libro de familia orixinal e fotocopias de todas as páxinas.

c) Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos en cada nivel educativo

   ( certificado de matrícula do centro de orixe ).

d) No caso de separación xudicial ou divorcio, o convenio regulador ou resolución xudicial».

e) Padrón conxunto actualizado da unidade familiar.

 

 

 TODA A INFORMACIÓN SOBRE O PROCEDEMENTO NO SEGUINTE ENLACE:

  https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED550B

 

 

 

ENTROIDO 2018

Enviado por Anónimo o Lun, 19/02/2018 - 11:32

ENTROIDO 2018

O venres 9, celebramos o Entroido. Primeiro houbo un desfile no pavillón e

logo fixemos un pasarrúas polos sitios habituais, cantando e facendo troula.

 

Ao chegar o patio do colexio cantamos as coplas do Meco.

Logo degustamos a comida do entroido que estivo posta nas mesas do pavillón

Tamén bailamos e xogamos.

Se queres ver máis fotos do entroido vai a galeria de fotos na web.

 

 

         
            
 
 
( categories: )

PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA DE RADIO PONTE NAS ONDAS:"RADIO E DEPORTE"

Enviado por Anónimo o Xov, 15/02/2018 - 13:26

Os alumnos e alumnas do 6ºA participamos cun programa radiofónico na plataforma "Ponte nas ondas" para celebrar o Día Mundial da Radio.
Este ano o tema da convocatoria era "Radio e deporte" polo que, aproveitando o 35º aniversario da Agrupación deportiva, elaboramos un programa sobre a importancia do deporte no noso colexio.

Se queres escoitar o programa pincha en este enlace

 

http://escolasnasondas.com/o-ceip-seis-do-nadal-e-o-deporte

 

 

( categories: )

DÍA DA PAZ 2018

Enviado por Anónimo o Mar, 30/01/2018 - 18:16

O 30 de Xaneiro celebramos o Día da Paz no colexio, para recordar a importancia de vivir nun mundo sen guerras nen conflitos. Todos os alumnos subiron o pavillón vestidos de amarelo, a cor da ledicia e dos xirasois, e bailaron coa canción de Rozalén "Girasoles". Despois encheron unha cortiza cos xirasois que fixeron en cada clase coa letra da canción. O resultado foi espectacular. Podedes ver máis fotos na Galería de imaxes na lapela superior.

   

 

( categories: )
Distribuir contido