O SAMAÍN NO SEIS

Enviado por Anónimo o Mar, 07/11/2017 - 13:39

Con motivo da celebración do Samaín, estivemos a traballar unha das emocións máis básicas: o medo. Para iso, e contando coas aportacións das cabazas elaboradas polos nenos e nenas preparamos unha sala do medo, decorada con motivos terroríficos, ambientada con sons... 

A escuras e únicamente coas caveiras iluminadas con velas, o alumnado foi acompañado pola Santa Compaña para facer un percorrido pola sala. 

Ao finalizar os nenos e nenas obtiveron un pasaporte  que simboliza que superou o medo.

Dende a biblioteca, organizouse un recuncho de medo e os maiores do cole amenizaron cuns contacontos de medo durante a pasada semana.Podedes ver máis fotos na Galería de imaxes.

REVISTA ESCOLAR 2016/2017

Enviado por ninesrey o Lun, 26/06/2017 - 12:51

Podedes ver a revista deste ano como arquivo adxunto.

( categories: )

REFLEJARTE

Enviado por Anónimo o Dom, 28/05/2017 - 22:17

Despois de moitas sesións achegándonos a Joan Jonas e inspirados nas nosas viaxes polo mundo

Esta e performance de 2º A. 

 

https://drive.google.com/open?id=0B2HFEbPujAKpN2ZNNVBEdU1DSkE

https://drive.google.com/open?id=0B2HFEbPujAKpUWJ6emlUdEdWWTQ

APADRIÑAMENTOS LECTORES NA BOUZA

Enviado por Anónimo o Ven, 26/05/2017 - 09:39

O martes 23 de maio, os nenos e nenas de 3 anos compartimos unha xornada de lectura co alumnado de 4º do ceip Celso Emilio Ferreiro. Eles contáronnos un conto de Carlos Casares, A formiga Esquiadora e nós, os nenos e nenas de 3 anos fixemos unha adaptación do conto a Galiña azul de Carlos Casares para recitarlle a eles este día que podedes ver no seguinte vídeo.

https://www.youtube.com/watch?v=n6RZCbfirBk

Ademais de pasar un ratiño moi agradable con eles mentres contábannos os contos puidemos desfrutar dunha merende á sombra das árbores e de xogos  no parque. Foi moi divertido!

 

 

( categories: )

MÁIS SOMOS CREATIVOS

Enviado por Anónimo o Xov, 11/05/2017 - 21:30
Vos deixamos outro video de cosecha propia sobre a actuación en Santiago para que o podades de ver dende outro ángulo.
 
 

XORNADA SOMOS CREATIVOS ENCONTRO INTERCENTROS

Enviado por Anónimo o Mar, 09/05/2017 - 08:18
O pasado 28 de Abril e como colofón do traballo do recurso de literatura e emocións, acudimos a un encontro intercentros no que representamos o noso traballo do libro A QUE SABE A LÚA, "The taste of moon".
 
Fixemolo senial e disfrutamos moito coa actividade.
 
No seguinte enlace poderedes atopar a nosa actuación.
 
 
Se queredes ver as actuacions dos outros centros e os videos de todo o acto, clicade neste outro enlace.
 
 
 

Coro de Emocións. Ensaio da canción Sesere eeye

Enviado por Anónimo o Mar, 25/04/2017 - 16:17

 

COROS DAS EMOCIÓNS. CURSO 2016-17. ENSAIOS CANCIÓNS
 
Os alumnos de 3ºA, ensaian a canción de María Carey "Heroe" coa linguaxe de signos
 
Os alumnos de 4ºA ensaian a canción"Sesere eeye" canción tradicional da illa de Moa, que está entre Papúa Nova Guinea e Australia.
 
A canción describe como pesca o paxaro Martín pescador"kingfisher".
 
Temén cantamos unha canción popular en Zambia, "Bonse Aba"
 
Os de segundo A interpretan  a canción "Singing all together"

SINGING ALL TOGETHER

 

 
 
 

Coro de Emocións. Ensaio da canción Sesere eeye

Enviado por Anónimo o Mar, 25/04/2017 - 12:43

 

 

Sesere eeye é unha canción tradicional da illa de Moa, entre Papúa Nova Guinea e Australia. A canción describe a pesca do paxaro Martin pescador.

 

Ë unha canción que estamos ensaiando no coro de emocións os alumnos de 4A.

Sesere eeye

Sesere eeye2

 

COS CONTOS DE NADARÍN E MONSTRUO DE CORES TRABALLAMOS AS EMOCIÓNS

Enviado por Anónimo o Ven, 07/04/2017 - 09:38
Servíndonos da literatura infantil traballamos co alumnado de educación infantil valores como a cooperación, solidaridade, empatía, asertividades, respeto... é dicir, habilidades sociais que lles permitan integrarse satisfactoriamente na sociedade na que viven.  Nesta ocasión coñecimos a Nadarín, el ensinounos o valorda cooperación, a colaboración... de que Xuntos é Mellor.  Son valores que xa víñamos traballando na aula: Despois de ler o conto varios días e falar sobre el, de aplicalo ao noso día a día, fixemos un mural. Coas mans de todos e todas construímos un gran peixe que sobrevivirá ante as adversidades do mar, porque xuntos son máis grandes, máis fortes... 
 
 
Por outra banda traballamos co conto "O Monstruo de Cores", necesitamos recoñecer e poñerlle nome aquilo que sentimos, tanto en nós coma nos demáis, para despois aprender a xestionar adecuadamente todas esas emocións, porque todas son beneficiosas, non hai emocións boas ou malas, todas están aí para o noso beneficio, soamente hai que saber "levalas". En primero lugar falamos da  alegría, tristeza, medo, enfado, calma...  E preguntámonos que cousas nos fan sentir esas emocións, descubrimos cousas moi interesantes como qué é o que nos da medo ou que nos pon triste cando alguén " ponse morto" e que "as apertas e obicos" fannos sentir calma. 
 
  
 
 

LISTAXES DEFINITIVOS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS NO CURSO 2017/18

Enviado por ninesrey o Sáb, 25/03/2017 - 18:35

Informámosvos que nos arquivos adxuntos tedes as listaxes do alumnado admitido e non admitido para o curso 2017/2018.

 

( categories: )
Distribuir contido