O MAIO DO SEIS

Enviado por Anónimo o Ven, 20/05/2016 - 12:42
Coincidindo co inicio do mes de maio, celebramos a festa dos maios. As  familias foron aportando os distintos elementos decorativos (fentos, calas, pampillos, xestas, fiuncho,flores,......) cos  que recubrimos a estructura do maio.
O alumnado participou e colaborou na preparación do maio e ao día seguinte fomos cantarlle as coplas que tiñamos preparadas. Podedes ver máis fotos na galería.


( categories: )

XORNADAS MUNICIPAIS DE TEATRO ESCOLAR

Enviado por Anónimo o Xov, 12/05/2016 - 11:33

O alumnado de 5º B participou,  o día 10 de maio, nas VII xornadas municipais de teatro escolar representando no AUDITORIO DO CONCELLO DE VIGO, unha adaptación da obra de Manuel María: "BERENGUELA" aventuras e desventuras dunha espiña de toxo.

( categories: )

OBRA DE TEATRO "O MONSTRO DE CORES" A CARGO DO GRUPO DE INTERTEATRO DO SALADINO CORTIZO

Enviado por Anónimo o Ven, 29/04/2016 - 09:00

O grupo de interteatro do CEE Saladino Cortizo, agasallounos cunha fermosa obra de teatro do libro "O monstro de cores". Os nenos e nenas do Seis do Nadal pasamos un ratiño moi agradable con todos eles. 

Estiveron fantásticos!

 

( categories: )

APADRIÑAMENTOS LECTORES

Enviado por Anónimo o Xov, 28/04/2016 - 12:50
  
 
Un curso máis celebramos  o  Día do Libro coa actividade  "Libros ao patio" e apadriñamentos lectores.
Todas e todos estabamos agardando por este día con moita ilusión.
 
Os padriños e madriñas (alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º) foron ás aulas dos seus afillados e afilladas (infantil, 1º e 2º) e collidos da man saímos ao patio buscando un recuncho especial para compartir esas lecturas que con tanto cariño prepararon.
 
Unha música moi suave acompañou a contada  de historias.
Cando rematamos, voltamos á clase dos nosos afillados/as onde nos agasallaron cun marcapáxinas.
( categories: )

O GRUPO OVIRAVAI PRESENTA O SEU LIBRO-CD "AS ANDANZAS DE PAIO" NO NOSO CENTRO

Enviado por Anónimo o Ven, 15/04/2016 - 10:16

 

 

 

O día 14 de abril, o grupo Oviravai visitounos para presentar o seu libro-CD "As andanzas de Paio", un libro que conta as historias de Paio, un teixugo que viaxa por diferentes países (África, China, Canadá, México...) nos que vive diferentes aventuras e nos que fai novos amigos. 

Fixéronnos desfrutar da música coas súas cancións e o seu ritmo e invitáronnos á súa presentación oficial no Auditorio do concello o próximo sábado ás 18.00. 

MOITÍSIMAS GRAZAS POR COMPARTIR CO SEIS DO NADAL O MELLOR DE TODOS VÓS!Sorriso

( categories: )

Orde que regula a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos. Anexo II Admisión de alumnado en centros sostidos con fondos publicos.

Enviado por admin o Mér, 03/02/2016 - 15:32

Prazo de presentación das solicitudes será do 1 ao 20 de marzo.

 https://www.edu.xunta.gal/portal/node/7861

 Anexo II de admisión de alumnado ED550B ou a través da aplicación <<admisionalumnado>>

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

Cubrir anexo A.

Ver arquivo adxunto  VACANTES 2017/18.

Ver arquivo adxunto sorteo letra

Horario de atención ao público:

De 9:00 a 14:00 todos os días.

 Documentación a aportar xunto a presentación de solicitude:

  • Empadroamento conxunto.
  • Libro de familia e copia para compulsar de todas as follas escritas. Condición de familia numerosa.
  • DNI do neno/a se ten e o dos proxenitores.
  • En caso de discapacidade presentación de minusvalía de alumno/a,  pais, irmáns ou titores legais.
  • Separación (convenio regulador, divorcio,....)
  • Familia monoparental, viuvos.
  • Téñase en conta que as casiñas da declaración da renda necesarias para calcular a renda pér cápita son as casiñas 380 e 395 da declaración da Renda do 2015. O IPREM é 6.390,13€.

CRITERIO COMPLEMENTARIO DO CENTRO: NAI/PAI EXALUMNO/A DO CENTRO CEIP  SEIS DO NADAL

Pódedes entrar na páxina do Concello de Vigo para comprobar a zona que vos corresponde.

http://www.escolasvigo.org/mapas

 Para calquer dúbida poden chamar o teléfono de secretaría 886120180

( categories: )

LIBROS DE TEXTO 2015/2016

Enviado por admin o Mar, 06/10/2015 - 19:11

VER ARQUIVO ADXUNTO

LISTAXE DEFINITIVA DO ALUMNADO DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO 2015/16.

Enviado por admin o Mér, 26/08/2015 - 12:05

VER ARQUIVO ADXUNTO DA LISTAXE DEFINITIVA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO.

FOTOGRAFÍA EN CURSO: “RETRATOS E OFICIOS”

Enviado por admin o Mér, 04/06/2014 - 22:10

O venres 6 de xuño inauguración da exposición “Retratos e oficios en Coia e Bouzas” no colexio Seis do Nadal. Estará aberta ata o 20 de Xuño.

Horario: Horario do colexio lectivo.

De  9:05h a 10h

De  13h a 14h

O colexio CEIP SEIS DO NADAL de Vigo, participa na segunda edición de “Fotografía en Curso”. na que participan máis de 200 alumnos de entre 4 e 18 anos de contextos moi diversos de todo Galicia. O proxecto tamén se desenvolve en Cataluña e Arxentina.

"Fotografía en curso" é un programa da asociación A Bao A Qu que en Galicia se organiza conxuntamente co CGAI- Filmoteca de Galicia e ademais se enmarca no Plan Proxecta que impulsa a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Xunta de Galicia.

Máis información:

www.fotografiaencurso.org

http://www.cgai.org/

Os profesores é alumnos de cuarto, primeiro, educación especial e infantil deste colexio participamos neste proxecto.

Os alumnos de infantil debuxaron unha presentación do seu traballo impresas nunha foto cada un que fixeron eles sobre retratos e oficios. Fixeron un dibuxo  en que Caruncho facía unha foto en un paisaxe nunha cartulina con forma de cámara. LLe regalaron unha e logo Caruncho lles dedicou os seus debuxos.

Tamén fixeron coas súas familias retratos de oficios no barrio de Coia

 Os alumnos de primeiro fixeron unha grabación coas súas fotos.

Eles viron  a obra de José Caruncho  nos fondos de fotos e na web. LLe fixeron preguntas sobre as fotos, o seu traballo, os retratados e por qué decidirá facerse fotógrafo. Fixeron debuxos sobre os oficios das súas familias e logo fixeron retratos de esos oficios aos que engadiron pequenos textos.

O curso pasado traballamos co tema Espacios baleiros. Neste curso o noso proxecto estará centrado na práctica ”Retratos de oficios”.

Cunha mirada fotográfica disfrutamos da riqueza expresiva do retrato de noso barrio focalizándoo nos oficios e profesións. Eles coa cámara fixeron fotos  que expresen coa súa mirada os retratos dos oficios do seu barrio en  Coia e Bouzas.
No  marco deste proxecto impartíouse un obradoiro co fotógrafo profesional José Caruncho con 14 alumnos de 4º de primaria e 1 de Educación Especial aos que  traballaron con él sobre cómo  facer un  retrato  dun oficio sendo o escenario o barrio de Coia no centro comercial e en  Bouzas no Estaleiro de Lagos e na Asociación de Mariñeiros en Vigo. Agradecemos a colaboración dos comerciantes do Centro Comercial de Coia, A asociación de mariñeiros e os Estaleiros Lagos por permitirnos facer as fotos e dedicarle un tempo o nos proxecto.

-Astilleros Lagos

http://www.astilleroslagos.es/index.php/noticias/item/180-retratos-fotografia-astillero.html

-Asociación de mariñeiros

http://marinerosbouzas.com/2014/05/proxecto-de-innovacion-educativa-c-i-p-seis-do-nadal/

O fotógrafo José Caruncho ensinou como traballar coa cámara con xente, intentando transmitir esa humanidade do retratado. Ademáis lles axudou a aplicar os

conceptos básicos da foto e o manexo dunha cámara dixital, os diferentes planos…

Tamén traballaron o tema edición, selección e distribución das fotos para facer a exposición das fotos no colexio.

Seguindo os seus consellos e o que traballamos con él na última sesión preparamos a exposición no Seis do Nadal.

Invitamos a toda comunidade educativa,  os retratados e veciños de Coia e Bouzas a ver a nosa exposición no noso colexio

O desenvolvemento dos obradoiros poden verse no blog .Nestes espazos publicaremos as prácticas que realizamos e tamén algúns comentarios e reflexións durante os procesos de creación.

http://www.fotografiaencurs.org/es/blog?f[0]=author%253Afield_profile_escola%3A490

Tamén o temos publicado o traballo do obradoiro “Retratos y oficios” na wiki da clase:

http://arroas.wikispaces.com/FotografiaEnCurso

Os de Infantil no seu blog:

http://infantilseisdonadal.blogspot.com.es/

Na web do colexio:

http://www.edu.xunta.gal/centros/cepseisdonadal/

( categories: )

VIGUESES DISTINGUIDOS

Enviado por admin o Lun, 24/03/2014 - 20:29

Benqueridas familias:

 

Queremos comunicarlles que toda a Comunidade Educativa estamos de noraboa pola concesión da medalla DE VIGUESES DISTINGUIDOS AO CEIP SEIS DO NADAL por parte da Corporación Municipal do Concello de Vigo, en base ao seu proxecto pedagóxico e escolar.

 

Todos e todas que formaron e forman parte desta gran Comunidade somos partícipes deste recoñecemento: profesorado, alumnado, familias, Auxiliares, Porteiro-vixiante, ANPAS, Agrupación Deportiva , monitores de actividades extraescolares, traballadores da limpeza, traballadores do comedor e Equipos Directivos. Temos que sentirnos moi orgullosos defendendo este proxecto e seguir crendo que : “ O Seis é máis ca unha escola”.

 

Asimesmo tamén lles queremos contar que hoxe , en Santiago, recolleremos o PREMIO Á MELLOR ENTIDADE QUE PROMOVE O DEPORTE BASE DE TODA GALICIA, concedida pola Xunta de Galicia , na Cidade da Cultura, referida á Agrupación Deportiva.

 

Á mesma hora en Vigo, recolleremos o premio como Mención Especial a AGRUPACIÓN DEPORTIVA SEIS DO NADAL, concedido pola Corporación do Concello de Vigo na Gala do Deporte Anual.

 

Todo esforzo ten a súa recompensa, e ainda que non son premios económicos , dannos folgos para seguir loitando cun proxecto así, único, dentro dunha escola pública.

 

Moitas grazas a todos e todas pola vosa implicación. O Equipo Directivo.

 

 

 

( categories: )
Distribuir contido