Día Mundial da Radio 13 de Febreiro de 2022!!!!! Ponte...nas Ondas!!!!

Enviado por ninesrey o Lun, 14/02/2022 - 17:27

 

 

 

Xa podedes entrarrrrr ...  en http://escolasnasondas.com/ceip-seis-do-nadal-vigo-para-o-dia-mundial-da-radio-2022/  a nosa participación no Día Mundial da Radio 13 de Febreiro 2022 en Ponte ...nas Ondas con tres programas espectaculares da nosa  Radio- Xornal Seis do Nadal...

 

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia 11 de Febreiro 2022

Enviado por ninesrey o Ven, 11/02/2022 - 00:00

 

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia  11 de Febreiro 2022

 

      Non deixedes de visitar a axenda de actividades do 14 ao 25 de Febreiro,  traballos de investigación e experimentación no sector Stem/Steam, visitas científicas do traballo das mulleres nestas áreas, seleccións de lecturas da nosa Bibliolab...  

http://atlasdossonhos.blogspot.com/2022/02/dia-internacional-da-muller-e-nena-na.html

https://www.cultura.gal/gl/evento/51528/22/57700

 

      

 Escoitade o Programa de Radio- Xornal Seis do Nadal de 3ºA Día Internacional da Muller e a nena na Ciencia!!!!! 

 https://soundcloud.com/ofiadeiro-doseis/programa-3a-dia-da-muller-e-nena-na-ciencia

NOVO PROTOCOLO DA XUNTA COVID VERSIÓN 14/01/2022

Enviado por ninesrey o Mar, 18/01/2022 - 22:46

Benqueridas familias adxuntamos  en arquivo o novo protocolo da Xunta de Galicia (versión 14/01/2022) ante o covid para establecer contactos estreitos no caso do noso alumnado no centro educativo.

Ademáis adxuntamos noutro arquivo o protocolo para a detección da infección con test rápido de antíxeno en saliva  que a Consellería de Sanidade  recomenda realizar para aqueles casos de contactos estreitos podedes pasar polo centro a recollelo cando o titor/a o comunique  o autorizar a outra persoa para que lle sexa entregado dito test".

 

( categories: )

ABERTO O NOVO PRAZO DE ADMISIÓN DE ALUMN@S EN CENTROS EDUCATIVOS

Enviado por ninesrey o Ven, 14/01/2022 - 21:40

 

 

PREZADAS FAMILIAS:

         Aberto o novo prazo de admisión de alumnos en centros educativos. A través das vosas titoras recibíchedes un e-mail coas indicacións e as formas de entrega. Nesta primeira fase soamente está activa a solicitude de reserva en centros adscritos para o paso o instituto.  No noso caso implica unicamente ao alumnado que vai realizar a educación secundaria no IES Alexandre Bóveda(nº2), xa que é o noso centro adscrito .  O prazo de presentación das solicitudes de reserva estará compendido entre os días 11 de xaneiro ata o 8 de febreiro de 2022 (ambos incluídos).

Tedes toda a información na  ligazón  https://www.edu.xunta.gal/portal/node/35990

  Ante calquera dúbida, contactar coa nosa secretaría (886 120 180) preguntar por Alberto ou Ángeles.

 

DIA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON D̶I̶S̶CAPACIDADE

Enviado por ninesrey o Ven, 03/12/2021 - 22:48

( categories: )

DIA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Enviado por ninesrey o Xov, 25/11/2021 - 23:45

25 de Novembro, Día Internacional da Eliminación da violencia contra a Muller,  reivindicamos  valores,  respecto e  tolerancia  cara a un camiño que nos torna iguais...

 No cole preparamos a canción “Son muller” de MBCP (Máis Boas cas Patacas) co retrouso en lingua de signos e cos nosos petos violetas.

 

               

 

 

                  

 

 

( categories: )

VIDEO DE INAUGURACIÓN DA NOSA BIBLIOTECA "ATLAS DOS SOÑOS"

Enviado por ninesrey o Ven, 19/11/2021 - 18:59

Pica na imaxe e entrarás no noso soño feito realidade

 

FONDO SOLIDARIO DE MÁSCARAS

Enviado por ninesrey o Mér, 17/11/2021 - 07:16

( categories: )

INAUGURACIÓN BIBLIOTECA "ATLAS DOS SOÑOS"

Enviado por ninesrey o Mar, 09/11/2021 - 22:07

       Despois de moito esforzo, traballo e ilusión, xa temos  a Biblioteca “Atlas dos Soños” preparada para botar a andar, cunha morea de proxectos.
       Antes deso, queríamos facer unha inauguración, como corresponde a unha obra tan singular e facer participar nestes actos ás autoridades.  Para a presentación do acto contamos co voluntariado de 6º de Primaria, aproveitando a visita ensinamos a Bibliolab (laboratorio tecnolóxico), a nova aula de informática e os patios dinámicos inclusivos amenizando o acto coa nosa canción “A biblioteca do Seis” cantada polos nen@s de 5º de Primaria

        Agradecemos a presencia de todas as autoridades da Xunta, da nosa madriña de Biblioteca “Ledicia Costas” e a representación de asesoría de bibliotecas e da ANPA.

 

 https://www.facebook.com/bescolares/

  https://www.farodevigo.es/gran-vigo/2021/11/10/tapias-inaugura-nueva-biblioteca-ceip-59349547.html

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/63440/fernandez-tapias-inaugura-nueva-biblioteca-del-ceip-seis-nadal-atlas-dos-sonos

 

  

                                                   

 

            

 

 

               

 

             

 

          

( categories: )
Distribuir contido