|
RESTABLECEMENTO do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/2021Enviado por ninesrey o Ven, 08/05/2020 - 21:37
Soamente alumnado de NOVO ingreso e CAMBIO de datos personais. O noso alumnado de 6ºde primaria adscrito o IES ALEXANDRE BÓVEDA ata novo aviso por parte das titoras para a matrícula, finais de xuño ou principios de xullo non teñen que facer ningún trámite.
Vacantes provisionais previstas para o curso 2020/2021
PROCEDEMENTO DE ATENCIÓN ÁS FAMILIAS PARA A PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE: A atención para este proceso estará baixo as seguintes condicións derivadas do estado de alarma e as indicacións sanitarias: 1. A atención requerirá CITA PREVIA no teléfono 886 120 182 ou no correo do centro cep.seisdonadal@edu.xunta.gal 2. O horario de atención será de 10.00 a 13.00 horas 3. Na entrada ao recinto escolar, haberá sinalizacións de acceso e un protocolo para a entrega e recepción de documentos que deberá cumprirse de xeito obrigatorio. O personal do centro axudará e guiará no cumprimento do mesmo. 4. Recoméndase a utilización de guantes (luvas) e recoméndase mascarillas antes do acceso ao centro e unha persoa por familia sen nen@s. DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR NO CENTRO «O/a proxenitor/a ou representante do alumnado deberá achegar coa solicitude de admisión a seguinte documentación: a) Copia do DNI da persoa solicitante, alumno/a e dos membros computables da unidade familiar. b) Libro de familia orixinal e fotocopias de todas as páxinas. Para a valoración do criterio de familia monoparental acreditación correspondente. c) Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos en cada nivel educativo(certificado de matrícula do centro de orixe con código XADE ). d) No caso de separación xudicial ou divorcio, o convenio regulador ou resolución xudicial». e) Padrón conxunto actualizado da unidade familiar. Ver Arquivos adxuntos: Formulario de admisión Resolución del sorteo de letras Manual para axudar ás familias na admisión ENLACE PARA CUBRIR ONLINE A SOLICITUDE DE PRAZA
( categories: )
|
Iniciar sesión |