Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2021/22

Enviado por ninesrey o Ven, 21/05/2021 - 20:48

Para cubrir en liña  tedes  o enlace da aplicación https://www.edu.xunta.es/fondolibros/ e procedemento por sede electrónica: 

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B&ano=2021&numpub=1&lang=es

 Os modelos das solicitudes poderanse descargar na páxina web do centro( en arquivos adxuntos Anexos I-II), en edu.xunta.gal https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/11492459 ou recoller en papel  na porta principal  do centro.

Dita solicitude, no caso de que autoricen a consulta telemática dos datos, só deberá vir acompañada do Libro de Familia (orixinal e copia) , se fose o caso, sentenza de separación ou convenio regulador, onde conste quen ten a garda e custodia (orixinal e copia). 

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN

ATA O 22 DE XUÑO DE 2021

PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS

2 DE XULLO

PERÍODO DE RECLAMACIÓNS

O 5 E 6 DE XULLO

PERIODO DE LISTAXES DEFINITIVAS

O 8 DE XULLO

ENTREGA DE LIBROS

AO COMENZO DE CURSO

ENTREGA DE VALES EN XULLO

O DÍA 12 (1º e 2ºPrimaria),

O DÍA 13(3º e 4ºPrimaria)

E O DÍA 14(5º e 6ºPrimaria) 

 

 As listas plubicaranse unicamente no interior do edificio escolar. As persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente , a través da aplicación Fondo libros, empregando a Chave 365 ou certificado dixital.

 

Documentación:

Solicitude: Anexo I- Anexo II 

1.Libro de familia  onde figueren todos os membros computables da unidade familiar. 

      1.1. No caso de que non se axuste a realidade  será preciso  o volante ou certificado de convivencia.

      1.2.En caso de separación ou divorcio será necesario achegar a setencia xudicial ou  convenio regulador onde conste a custodia do/a menor.

2.Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia.

3.Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar.

4.Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

5.Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores.

 

Comunicámosvos que o alumnado de 6º de Primaria que vai o IES ALEXANDRE BÓVEDA (986 292812) ten ata o 22 de Xuño para solicitar o fondo solidario. O periodo de matrícula vai desde o 1 ata o 10 de Xullo.

Para calquera  consulta  contade connosco nos teléfonos (886120180/886120182) preguntade por Alberto ou Araceli.

AdxuntoTamaño
Anexo I-II.pdf1.79 MB