INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS DO CEIP SEIS DO NADAL (PLAN DE ACOLLIDA CURSO 2020/21, ver adxunto)

Enviado por ninesrey o Dom, 06/09/2020 - 00:13

Estimadas Familias do Ceip Seis do Nadal:

Dende o Equipo Docente, e desexando que disfrutedes de boa saúde, queremos facervos chegar as seguintes novas:

Inicio de curso 2020-21.

Seguindo a Orde do Calendario Escolar o novo curso escolar comezará o xoves 10 de setembro e o 11 de setembro de xeito gradual:

Xoves 10:  Soamente o alumnado de 4º e 5º de Educación Infantil e 1º-2º e 3º de Primaria

Venres 11:  Todo o alumnado anterior e a incorporación de  6º de Educación Infantil e 4º-5º e 6º de Primaria.

 

Protocolo Covid de inicio de curso

Nestes momentos seguimos traballando no protocolo covid de inicio de curso, plan de continxencia Sanitaria e de Educación a distancia e plan de acollida Inicial e Emocional ao novo curso para asegurar unha volta dos nosos alumnos e alumnas coas máximas condicións de seguridade e confianza seguindo o Protocolo das Consellerías de Educación e Sanidade última versión 31 de agosto(Ver anexo adxunto).Durante as versións iniciais do protocolo levamos a cabo xuntanzas cos equipos Directivos dos centros educativos e tivemos reunións cos Consellos Escolares solicitando melloras que consideramos de necesidade e unha resposta positiva  e social das nosas administracións. (Ver anexo adxunto)

Comedor, aula de madrugadores e actividades extraescolares

A data de 4 de setembro a ANPA do noso colexio comunicou ás familias nunha xuntaza xeral que non haberá servicio de comedor, aula matinal e actividades extraescolares. Entenden que estos servicios no son viables co actual Protocolo da Consellería de Educación e fai as ANPAS responsables das consecuencias derivadas.Lamentan a situación e queren trasladar ás familias que esta decisión busca o benestar colectivo, a seguridade do alumnado e a dignificación dun sistema educativo de calidade.

Convocatoria de folga do ensino para o 10 de setembro

As centrais sindicais do ensino (CIG, CCOO, STEG e CSIF) teñen convocada unha folga para o día 10 para reclamar un ensino presencial seguro e en contra do actual Protocolo. O profesorado en función do seu dereito fundamental á folga tomará a decisión oportuna.

Reunións pendentes inicio de curso coas familias:

   Luns 7 de setembro:

      4ºPrimaria A ás 16:30h entrada porta 1 principal

 

4ºPrimaria B ás 16:30h entrada porta 2 centro comercial

3ºPrimaria A ás 18:00h entrada porta 1 principal

3ºPrimaria B ás 18:00h entrada porta 2 centro comercial

Martes 8 de setembro:

2ºPrimaria A ás 16:30h entrada porta 1 principal

2ºPrimaria B ás 16:30h entrada porta 2 centro comercial

1ºPrimaria A ás 18:00h entrada porta 1 principal

1ºPrimaria B ás 18:00h entrada porta 2 centro comercial

1ºPrimaria C ás 18:00h entrada porta 5 taxis-comedor

 

Mércores 9 de setembro:

6ºPrimaria A ás 16:30h entrada porta 1 principal

6ºPrimaria B ás 16:30h entrada porta 2 centro comercial

5ºE.Infantil A ás 18:00h entrada porta 1 principal

5ºE.Infantil B ás 18:00h entrada porta 2 centro comercial

5ºPrimaria A ás 19:30h entrada porta 1 principal

5ºPrimaria B ás 19:30h entrada porta 2 centro comercial

5ºPrimaria C ás 19:30h entrada porta 5 taxis-comedor

 

 

AdxuntoTamaño
v_3.7_definitiva_modificacion_1_protocolo_centros_educativos_post_comite_clinico_e_post_consejo.pdf2.86 MB
DEMANDAS DENDE A NOSO CONSELLO.pdf82.51 KB
PLAN DE ACOLLIDA SEIS DO NADAL 2020 2021 28 setembro.pdf297.48 KB
( categories: )