CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Taboleiro de Secretaría

PRAZOS RELATIVOS AO FONDO DE LIBROS, ADQUISICIÓN E MATERIAL

Prazos relativos ao fondo de libros e adquisición de material:

- Publicación da listaxe provisional de libros de texto (3º e 4ª E.P): 2 de xullo.

- Alegacións á listaxe provisional de libros de texto (3º e 4ª E.P): 2 ao 4 xullo (09:30 a 13:30 horas).

- Publicación das listaxes definitivas de libros de texto (3º e 4ª E.P): 5 de xullo.

- Reparto de cheques de material (1º a 6º de E.P) e cheques de libros (1º e 2º de E.P): 2-5 xullo (inclusive) (9:30 a 13:30 horas). 

Os vales que non sexan recollidos neste prazo poderá facerse nas primeiras semanas de setembro. 

Recordar que o venres 21/6 remata o prazo para presentar a solicitude de libros e material

Becas para alumnado NEAE 24/25

Solicitude comedor 24-25

Libros de texto e material 24-25

Festival Fin de Curso

 

Horario de secretaria de 10:00 a 12:00

Tutorial AbalarMóbil para Familias

Semana dos programas de radio diarios. Do 10 ao 14 de xuño.

(pincha no enlace UNCAS RADIO TV)

 

Obradoiro para familias e profesorado

PROCESO DE RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR

Como xa sabedes, toca renovar de xeito parcial o Consello Escolar. Atoparedes as candidaturas, para cada un dos sectores expostos, no panel informativo do centro.

Ademais disto, convidamos ás familias a votar o vindeiro 19 de novembro de 09:30 a 18:30.

 

MAGOSTO 2024

D

espois de varios aprazamentos por mor da chuvia, este mércores celebramos o Magosto, por pouco non o  fixemos cadrar co San Martiño. Ao longo da mañá as nenas e nenos de sexto curso estiveron de monitores de varios xogos populares: mariola, trompos, merro, zancos, carreiras de sacos, ra, chave,... O resto do alumnado de 1º a 5º formados en equipos foron rotando e gozando.

Mentras xogaban, outro grupo foi o encargado de asar as castañas. Rematamos a xornada coa degustación das castañas. Estaban boísimas.

Desde o centro queremos agradecer ás familias as súas aportacións de castañas e leña. 

Podedes ver tódalas fotos facendo clic na imaxe:

https://photos.app.goo.gl/TgghSbgBD4mBDY598

 

Susa Herrera visita o Caselles!

O pasado martes 5 de novembro recibimos a unha convidada moi especial xa que foi unha das profesoras máis recoñecidas da universidade na formación musical e que se dedicou a facer música para os máis cativos e cativas e non tan cativos.

 

Para iso presentounos, en dúas quendas, a todo o colexio o seu libro EN CABÁRCENO RUGIDOS Y CANCIONES. A través de diferentes animais de cada unah das partes do noso mundo, ensinounos caracterísiticas de cada un dos deles ademais de facernos partícipes na coreografía de cada canción. 

Non tedes máis que vernos para comprobar que ben o pasamos!

Facede clic nas imaxes para ver máis fotos dete día!

 

 

 

Eleccións ao Consello Escolar

Recordatorio!

Samaín na Bibliotroula

Meigas, zombis, noivas cadáver, Catrinas, Harly Queens, Jokers, Mércores (sí, hoxe é mércores, pero facemos referencia á cativa da familia Adams)… hoxe a escola encheuse de todos estes seres para celebrar o Samaín! Que medo!

Na entrada da nosa biblioteca atoparedes recomendacións lectoras para estes días de descanso na casa… aproveitando a temática do Samaín.

No corredor da entrada  poderedes ver os Monstros elaborados polo alumnado de 1º e 2º no III Concurso de Personaxes Terroríficos. Ademais, están publicados os microrelatos de 3º, 4º, 5º e 6º gañadores do III Concurso de Microrelatos de Medo. Ambos organizados polo Equipo Biblio. Moitos parabéns aos gañadores e moitísimas grazas pola vosa participación!!!!

 

 

No corredor central atopamos o mural de Samaín e a exposición de cabazas organizada polo Equipo de Complementarias e de Dinamización da Lingua Galega. Que medo! Unha vez máis, moitísimas grazas pola vosa colaboración e crear estas cabazas tan fermosas!

 

E tamén tivemos tempo de comer! Mirade que merendas máis teroríficas!!!!

 

Grazas, familias, pola vosa participación e implicación en todas as actividades que facemos!Sorriso

PROCESO DE RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR

No presente curso, como xa figura no pdf adxunto (facendo clic na imaxe, tamén), deberase renovar os seguintes postos escolares para o Consello Escolar:

  • Sector profesorado: 3 postos
  • Sector titores legais: 2 postos + 1 posto proposto pola ANPA
  • Sector Concello: 1 posto proposto pola alcaldía.

No taboleiro da secretaría do centro xa está publicado o censo do sector profesorado e das familias.

 
 
 
 

Inauguración da Bibliotroula!

O 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas. Por iso onte, xoves 24 de outubro, foi o día escollido polo noso Equipo de Biblio para inaugurala... Aínda que en lugar de Equipo, sería mellor falar de Comisión, xa que este ano a cousa vai ir de troula.

De troula? Efectivamente, este curso o proxecto do centro leva por título “O Caselles vai de troula!” e é por iso que onte arrancamos coa Bibliotroula 24-25!

Como en toda festa presentouse á Comisión e aos voluntarios e voluntarias de 6º que axudarán a difundir, preparar, organizar, colocar, ordenar... o que sexa necesario para seguir impulsando a biblioteca como centro de recursos para a lectura, a creación, a información e a aprendizaxe.

A continuación non podía faltar o pregón. O encargado de levalo a cabo foi o noso benquerido Alfonso, que viu a visitarnos para inaugurar a nosa biblioteca e presentar o cartel de actividades da Bibliotroula!

 

Por último, como en toda festa, chegou o momento da actuación musical! Moitísimas grazas á mestra Lara por volver ao cole e permitirnos gozar e bailar coa súa música!


Pinchando aquí poderedes ver algunhas fotos máis desta inauguración tan especial. Grazas pola vosa alegría nesta celebración! 

Comezamos!

Distribuir contido