Responder al comentario
INICIO DO NOVO CURSO ESCOLAR
Estimadas familias,
Levamos semanas preparando o inicio do novo curso escolar. Para poder informarvos das novidades e o propio Plan de adaptación á situación Covid-19 do noso centro, propoñémosvos tres datas para realizar unha reunión na pista cuberta do colexio, os días 7, 8 ou 9 de setembro.
Acompañarannos Carlos Spuch (neurocientífico) e Edith Uhía (bióloga) para darnos unha visión máis científica da situación e aclarar dúbidas en relación á pandemia.
Para poder controlar o aforo, pregamos nos respondades ó correo do centro (cep.neira.vilas@edu.xunta.gal) indicando os 4 datos seguintes:
- nome do/a alumno/a
- a persoa que asistirá á reunión (SÓ UN MEMBRO POR FAMILIA, só persoas adultas)
- o día (7, 8 ou 9) e
- se preferides pola mañá (de 10 a 12h) ou pola tarde (de 18 a 20h).
O prazo para respondernos e poder organizar os grupos será ata o vindeiro venres 28 de agosto.
O horario definitivo das reunións será dependendo da dispoñibilidade da maioría e seredes informadas a través de Abalar e da páxina web do centro.