Skip to Content

   Enlace Aula Virtual                       

blog de biblio

Novos libros de horta

Inauguramos o recanto “Biblio Horta” estrenando novos libros de horta, árbores, plantas e flores. 

Marzo "en verde"

 Cando remate marzo imos abrir un novo recanto adicado á HORTA na sala Anisia Miranda da nosa biblio. Alí atoparedes SEMENTES para plantar na vosa casa e, por suposto, libros de horta!GuiñoRisa 

Para preparar este novo recanto, e celebrar este mes de marzo “cargadiño” de conmemoracións “verdes” (Día da Natureza,  da eficiencia enerxética, do consumo responsable, dos bosques, da auga e Hora do Planeta).

O alumnado voluntario de 5º e 6º terán actividades preparadas, durante os recreos, para que enrededes “en verde”.

Semana de Rosalía de Castro

Esta semana, durante os recreos, no “Recanto de Peiti” cos voluntarios e voluntarias de 5º e 6º,  

imos coñercer curiosidades sobre Rosalía de Castro  

 =>Facendo caligramas cos seus  poemas sobre as súas imaxes. 

=>Facendo puntos de lectura conmemorativos do seu aniversario.

caligramas ROSALÍA de CASTRO

RETOS Libreando de Oficios

 Nova edición do    

LIBREANDO: OFICIOS

Tedes que atopar  o libro de cada reto coas pistas propostas na nosa biblio Anisia Miranda.  

Contesta ás preguntas sobre o libro (na caixa do correo xunto a nosa mascota, Peiti) 

Haberá PREMIOS!!

“Lettering" pola PAZ!!!

 Cada 30 de xaneiro  celébrase o “Día da Ilustración” por ser o aniversario do nacemento de Castelao.

Tamén conmemoramos o DENIP (Día Escolar da Non-violencia e PAZ)

A nosa mascota, Peiti, quere unir as dúas actividades e animarvos  deseñar un cartel con mensaxe de PAZ.

NOVOS FONDOS DE LECTURA, BANDA DESEÑADA E MANGA

 OS NOVOS LIBROS ESTÁN NOS ANDEIS DE NOVIDADES (xunto á porta de saída). 

PASADOS UNS DÍAS PODERÉDELOS ATOPAR NO SEU ANDEL CORRESPONDENTE.

MOITAS GRAZAS

A VOSA AMIGA, PEITI

Distribuir contenido


by Dr. Radut