Skip to Content

   Enlace Aula Virtual                       

blog de biblio

Cambios na biblioteca

Este fin de curso tocou cambio na biblioteca, cambiamos os estantes por uns máis funcionais, xa que nos anteriores xa apenas entraban todos os libros, impedindo que o alumnado e o profesorado  atopase os libros rapidamente.

Tamén tocou como todos os anos revisión dos libros para eliminar os que están en desuso e expurgar, para deixar paso a novidades que motiven ao alumnado e profesorado.

Montaxe dos novos estantes

Vai collendo xeito

 

Toca expurgar

 

Recomendacións lectoras para todas/os

Un ano máis rematamos o curso coas recomendacións lectoras para alumando e familias.

Bo verán para todas e todos. Esperamos que desfrutedes moito da lectura.

Un curso de cinema

Chegou o día da presentación de todos os proxectos feitos, relacionados co CINEMA, para este gran momento tamén se invitaron  ás familias.

Organizáronse diferentes salas, e alumnado e familias ían rotanto en orden por elas. Nestas salas houbo proxeccións: de curtos de 1 e 2 minutos sendo o alumnado os guionistas e actores e actrices, videoclips feitos polos diferentes ciclos ou niveis, stop motion polo alumnado de 6º, cine mudo polo alumnado de 1º ciclo...

 

Tamén tivemos un Photocall

 

Percorrido polas diferentes actividades co equipo de EDL

Percorrido por todas as actividades que  fixo o equipo de EDL en colaboración coa biblioteca e o resto das dinamizacións, vinculadas ao proxecto de centro: O cinema e ao uso do galego.

 

Club de lectura de 6º con Anxo Fariña

O club de lectura de 6º tivo a sorte de desfrutar coa presenza de Anxo Fariña: ilustrador, escritor e deseñador de libros infantís e xuvenís en galego. Ademais de comentar o libro lido " Os Megatoxos e o reto en Internet" tamén  aprenderon  trucos sinxelos para crear imaxes e botarlle imaxinación aos deseños; escolleu a un alumno que tivo o privilexio de ser retratado, cunha visión moi particular da súa imaxe. E por último para rematar o encontro compartiron unha rica merenda.

     

 

Pescudando sobre o cinema saen obras

O alumnado de 2º ciclo plasmou as súas películas en diferentes formatos artísticos para iso pescudaron e investigaron ideas  para ter como resultado estes escaparates tan visuais.

Aquí deixo unha pequena mostra.

Distribuir contenido


by Dr. Radut