Segundo

O noso diario segredo, 2º

in

Cando queremos expresar algún sentimento ou pensamento que non nos apetece compartir con nadie, usamos o noso diario segredo, que temos ben gardadiño nunha caixiña na nosa aula.

Guiño Shhhhhhhhhhhhh! Nadie pode miralo, nin sequera a nosa mestra!

 

Creando polígonos!

Os alumn@s de 2º divertímonos moito descubrindo e creando diferentes polígonos! Aprendemos que xuntando triángulos....podemos obter un cuadrilátero!

 

DÍA DA MULLER

Como todos xa sabedes, o día 8 de marzo celebrouse o DÍA DA MULLER. O alumnado de 2º nivel non quixo deixar pasar a oportunidade de conmemorar este día e adicoulle este programa de radio. Investigou sobre o por que deste día e como comezou todo, ademáis a música non podía estar mellor escollida. Escoitádeo!

 

DÍA DE ROSALÍA

in

Os nen@s de 2º conmemoramos o día de Rosalía cunhas actividades moi divertidas! Fixemos unha caricatura súa e traballamos cun poema que nos gustou moito, "Vamos bebendo". Tamén visionamos un vídeo dos bolechas no que aprendemos un montón de cousas sobre a súa vida!

 

 

TABOLEIROS ENTROIDO

AQUÍ TEDES A PROBA DE QUE NO CEP CARLOS CASARES ESTAMOS DE

ENTROIDO!!!!!

 

 

ARTIGO DO FARO DE VIGO "O FOLCLORE GALEGO. EIXO DA EXPOSICIÓN DO COLEXIO CEP CARLOS CASARES

Como xa sabedes, este ano a nosa exposición anual foi sobre o tema do "Folclore". Trouxestes tantas cousas e quedounos tan xeitosa que o Faro de Vigo publicou un artigo para mostrarlle á sociedade as cousas tan chulas que se fan no cole de Alxén. Moitas grazas familias! Sen vós non sería posible!!

CONCURSO COCO-ALXÉN 2018

Como todos os anos, o día do magosto, tivo lugar o coñecido e esperado concurso COCO-ALXÉN, onde se premian as cabazas mais escalofriantes e terroríficas do cole. Este ano, dábase un premio especial a aquelas cabazas que tiveran relación co tema da exposición,O FOLCLORE. Durante os tres días previos ao concurso, enchéronse os corredores de cabazas "horrorosas e espantosas". O xurado o tivo moi complicado para escoller @s gañador@s. Mirade o vídeo para saber cales foron as cabazas gañadoras. 

Moitas grazas por participar!!

 

CLUB DE CIENCIA

Dende o mes de febreiro estamos moi interesados na ciencia, polo que que nos apuntamos ao Club de Ciencia. Pero gústanos tanto, que non nos importa estar no cole polas tardes. Pasámolo xenial, comemos coas mestras e facemos misturas de cousas das que saen cousas boísimas!!

Para a primeira sesión deste Club de Ciencia, tivemos que levar ao cole unha cunca, ese día entendimos o por que:

Fomos todos para a aula de música e alí había o seguinte:

 

Había chucherías, chocolate, ovos, fariña, aceite, levadura, e leite. Houbo que misturalo todo na cunca... Menos mal que estaban alí as mestras Paqui, Montse e Merce para axudarnos que se non...

 

 

 

Non tiñamos nin idea do que ia saír de aí. De súpeto, a mestra Merce fainos entrar na sala de mestres, mete as cuncas no microondas, e este foi o resultado, UN MUGCAKE!!!!

 

 

Estaba delicioso Mmmmmm!!! A nós encantounos facelo e divertímonos moito. Que faremos a vindeira vez???

Devecemos por sabelo...

Ata a próxima!!

 

 

 

Día de Rosalía 2018 #AbrideAFiestra

 A continuación patillamos o vídeo que montamos con todas as fotos que nos mandástedes as familias e cos traballos feitos nas titorías para celebrar o Día de Rosalía e coa que participamos na iniciativa convocado pola AELG e que este ano levaba como lema #AbrideAFiestra.

 

 

Se premedes neste enlace podedes ver todos os traballos que presentaron todos os centros educativos e institucións que participaron nesta proposta.

 

@s Toribioinventor@s

Este ano para celebrar que se lle adicou o día das Letras Galegas a Carlos Casares, fixemos moitas actiivdades relacionadas cos seus libros, os seus personaxes,...

@s nen@s de 2º, quixemos seguir o exemplo de Toribio e tamén inventamos varios obxectos para conseguir un mundo mellor.

Aí vos deixamos este vídeo para que os coñezades.

 

Distribuir contido