Segundo

As letras galegas

in

Creamos un marca páxinas personalizado!! 

 

Os inventos

in

Dentro dun proxecto de  ciencias sociais onde estudamos a prehistoria e a historia, así como a evolución da mesma, o alumnado de 2º fixemos un traballo a partir do libro dos inventos cos Looney Toones onde cada alumno debía elixir un invento e presentalo ao resto dos seus compañeiros. Moito disfrutamos con esta actividade, e tamén aprendemos un montón  de cousas!

 

A publicidade

in

Os nen@s de segundo estudamos a publicidade e presentamos diversos anuncios aos nosos compañeiros de aula! A que non adiviñades que produto publicitamos? Pasámolo xenial intentando descubrilo!

 

 

 

Manuel María

in

Para o festival das letras Galegas, o alumnado do 2º curso cantamos e bailamos o poema "O meu burriño" de Manuel María. Sabedes, Manuel Maria é o noso padriño de aula, e tivemos o pracer de ler o seu libro "Os soños na gaiola" que nos encantou! 

 

As nosas corticeiras!

in

Ao longo do curso escolar, fomos decorando a nosa corticeira con distintas temáticas. Decorámola para a exposición do folclore galego, para o nadal, para o día da paz, para o entroido.... Aquí vos deixamos algunhas fotos!

MARUXIÑA

Vos coñecedes a Maruxiña? Maruxiña é amiga dos nenos do primeiro ciclo, cada semana vai a casa dun neno ou dunha nena e vive incontables aventuras, ata agora estivo por todas as parroquias de Salvaterra, Pesqueiras, Grixó, Alxén... E houbo unha fin de semana que marchou moi moi lonxe, queredes saber a onde e con quen? Pois escoitade este programa de radio.

 

O bingo de 2º

Os nenos de 2º xogamos o Bingo! É unha maneira divertida de traballar cos números, aprender a localizalos, manexar a súa orde.....Sorriso

 

Volver a casa por Nadal

in

Os nenos de 1º e 2º bailamos e cantamos esta divertida cantiga de Nadal!

Xeitos de falarmos galego!

in

Sabedes que os "pantalóns", son "pantalós" e tamén "pantalois".... e sabedes que se pode dicir "ghato" e "cosiña"... Son algunhas das particularidades que ten a nosa marabillosa lingua, e que os nenos de 2º descubriomos cos Bolechas!

 

Distribuir contido