Segundo

Programa especial: o Magosto

A pasada semana, o alumnado de 2º curso emitimos un programa ben completiño desde Radio Saltamontes! 

Este xirou arredor do Magosto e da castaña, para aprender un pouquiño sobre esta festa tradicional que tanto nos gusta. Pero ademais, tamén aprendemos datos ben interesantes sobre a historia da castaña e algunha que outra curiosidade, repasamos o refraneiro, cantamos cantigas e até partillamos unha receita ben suculenta das filloas de castaña. Só de volver a escoitala xa se nos fai a boca auga... 

 

Collede lapis e papel que este programa éche do máis interesante!

 

Boa escoita!

 

A NOSA CORTICEIRA

Ao longo do que levamos de curso fomos decorando a nosa corticeira cos distintos traballos que realizamos nos obradoiros. Así, aproveitamos para realizar manteis para tomar o pequeno almorzo (a través de técnicas como o collage e a pintura); botes con area de cor que aportan moita alegría nestes días tan grises; paraugas de papel, que de seguro nos serán de grande utilidade durante estas semanas chuviosas, e diferentes animaliños que nos acompañan todos os días, empregando as follas que nos regala  o outono. Todo isto acompañado dunha das nosas manualidades preferidas... os mandalas!

 

 

Esperemos que vos guste o resultado final!

 

A NOSA CORTICEIRA

Ao longo do que levamos de curso fomos decorando a nosa corticeira cos distintos traballos que realizamos nos obradoiros. Así, aproveitamos para realizar manteis para tomar o pequeno almorzo (a través de técnicas como o collage e a pintura); botes con area de cor que aportan moita alegría nestes días tan grises; paraugas de papel, que de seguro nos serán de grande utilidade durante estas semanas chuviosas, e diferentes animaliños que nos acompañan todos os días, empregando as follas que nos regala  o outono. Todo isto acompañado dunha das nosas manualidades preferidas... os mandalas!

Esperemos que vos guste o resultado final!

 

BENVIGNÛTS, BENVIGNUDI, BENVIDOS E BENVIDAS!

 

Hoxe, luns 21 de outubro, o CEP Carlos Casares dou a benvida ao alumnado e

 

 

profesorado friulano e istrio, que nos acompañará ao longo desta semana a través

 

do Proxecto RUSH do Erasmus+.

 

 

 

 

Paqui, a directora do CEP, xunto co alumnado acolledor; foron os encargados

 

 

de presentar aos que serán os nosos novos compañeiros e compañeiras. Así,

 

 

descubrimos que cousas saben sobre Galicia, cales son as súas afeccións, as súas

 

 

comidas favoritas, etc. e até aprendemos un pouquiño de italiano!

 

 

Entre o alumnado friulano, incorpóranse as nosas

 

 

aulas Nina e Giorgia en 3º, Rosita en 5º e Flaminia e Luca en 6º curso. Pola súa

 

 

parte, entre o alumnado procedente de Istria contamos con Nicole, Flora,

 

 

Lana e Gabriel en 5º e Danea en 6º curso. Non nos esquecemos do profesorado

 

 

estranxeiro; Marina, Fabio e Loredana, que esperamos, desfruten moito a estadía

 

 

en Alxén.

 

 

 

 

 

 

Benvignûts, benvignudi, benvidos e

 

 

 

benvidas!

A CHEF XOANA

in

Hoxe o alumnado do 1º ciclo tivemos unha visita moi especial: a da chef Xoana! Xoana é unha apaixonada dos fogóns e acompañaranos ao longo deste curso para aprendermos xuntos as receitas máis apetitosas da nosa gastronomía!

Con moita paciencia e cariño, fixemos un saboroso biscoito de iogur que resultou ser todo un éxito! Aprendemos algunhas técnicas culinarias así como a importancia de manter o espazo limpo e de ser ordenados e meticulosos á hora de seguir os pasos dunha receita. E os máis lambereteiros... ata repetimos!

Queremos aproveitar para agradecer á pincha Sonia toda a súa axuda así como a colaboración de Xián na elaboración desta  pequena merendola! Moitas grazas!

Deixámosvos un vídeo con fotos sobre o proceso. Esperamos non pórvos os dentes moi longos. Vémonos moi pronto nas vosas cociñas!

 

 

 
 

PATIOS DINÁMICOS

Desde inicio de curso, o alumnado e o mestrado do CEP Carlos Casares, estamos aunando esforzos para facer da nosa escola, un lugar máis divertido se cabe!

 

É por iso que, como seguramente xa sabedes, na pista frontal do centro están a pintarse unha serie de coñecidos xogos populares como o Twister e o Truco, só que... en realidade aumentada!

 

Así, brochazo tras brochazo, e paseniñamente, imos aumentando a paleta de cores do noso centro e moi moi pronto, vamos a poder gozar todas e todos nós, de novas opcións lúdicas, alén dos xogos de sempre!

 
 
 
 
 
 
 

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA

Hoxe, día 8 de outubro realizouse no patio da escola o acto de inauguración da biblioteca

escolar. Actuaron como pregoeiras Isabel, Gema e Maite e como tamborileiro Javier.

 

 

 

 

 

 

 

 

A partires de hoxe, a biblioteca estará aberta para intercambio de libros os recreos dos martes e dos xoves!

Que os libros vos acompañen!!

O noso Libro Viaxeiro

in

Falámosvos algunha vez de Maruxiña? É unha boneca moi bonitiña, vestida co traxe típico galego e é a nosa mascota de aula. Cada fin de semana, un de nós levou a Maruxiña para a casa e amosoulle os lugares máis bonitos da nosa parroquia. Con ela, vivimos grandes aventuras!

 

O Mouro Moure

in

Visitounos un Mouro moi especial.....O Mouro Moure! Falounos da meiga de Chantada, do bosque de Antonio Fraguas...e mesmo nos trouxo un pedaciño do bosque dentro dunha maleta!

 

 

 

As bandas deseñadas

in

Elaboramos unha banda deseñada, na que deixamos voar a nosa imaxinación...

 

Distribuir contido