A CHEF XOANA

in

Hoxe o alumnado do 1º ciclo tivemos unha visita moi especial: a da chef Xoana! Xoana é unha apaixonada dos fogóns e acompañaranos ao longo deste curso para aprendermos xuntos as receitas máis apetitosas da nosa gastronomía!

Con moita paciencia e cariño, fixemos un saboroso biscoito de iogur que resultou ser todo un éxito! Aprendemos algunhas técnicas culinarias así como a importancia de manter o espazo limpo e de ser ordenados e meticulosos á hora de seguir os pasos dunha receita. E os máis lambereteiros... ata repetimos!

Queremos aproveitar para agradecer á pincha Sonia toda a súa axuda así como a colaboración de Xián na elaboración desta  pequena merendola! Moitas grazas!

Deixámosvos un vídeo con fotos sobre o proceso. Esperamos non pórvos os dentes moi longos. Vémonos moi pronto nas vosas cociñas!

 

 

 
 
AdxuntoTamaño
MOVIE.mp46.41 MB