Os chistes é outro dos textos de tradición oral que traballamos este curso. Logo de buscar nos libros, botar man da memoria ou de preguntarlle aos familiares, este foi o resultado da sesión de risoterapia. Agardamos que ti tamén te rías e pases un momento agradable escoitándonos.
Este trimestre tivemos a Doa facendo as prácticas. Foi unha experiencia moi positiva tanto para o alumnado como para nós. Na seguinte montaxe recollimos unha mostra das tarefas que programou e que levou a cabo na aula. A Unidade didáctica desenvolveuse na materia de matemáticas e o seu obxectivo era a mellora da competencia matemática e a lingüística mediante a resolución de problemas, onde a dificultade radicaba na comprensión lectora; problemas con múltiples respostas, imposibles de resolver, nos que se se resolvían coa lóxica inmediata e non se reparaba ben no enuciado eran moi doado falllar. Houbo actiivades para repasar o pago e as voltas, simulando unha xeadería e ... retos para conseguir co robot, Escornabot!!!
Aproveito a ocasión para darlle as grazas e para convidala a vir á nosa aula, cando e cantas veces lle sexa posible.
Este ano para celebrar o Día de Rosalía, a AELG, propuña como actividade disfrazarse e sacar unha foto, na que se amosara un verso de Rosalía de Castro, coa familia. No noso curso escollimos os versos das primeiras estrofas do poema Alborada. Ademais da montaxe coas fotos que fixemos coas nosas familias e que van coas do resto do cole, nos fixemos estas fotos que queremos compartir con vós. Que vos parecen? ;)
Para rematar o proxecto de Naturais das 3 R (reducir, Reutilizar e reciclar), fomos por todas as aulas do noso cole, explicando todo o que aprendemos e sobre todo dando bos consellos para reducir a cantidade de lixo e por conseguinte, protexer o medio ambiente.
Partillamos o vídeo das exposicións. Agardamos que vos guste.
Hoxe esperabamos con gran ilusión a chegada de Doa, a mestra en prácticas que vai a estar con nós dous mesiños. Agardamos que este tempo que imos estar xunt@s sexa unha experiencia inolvidable e moi positiva para tod@s! Benvida, Doa!
Achegamos a representación teatral da obra escrita polo padriño da nosa aula, Manuel María, AS AVENTURAS E DESVENTURAS DUNHA ESPIÑA DE TOXO CHAMADA BERENGUELA. Quermos aproveitar esta ocasión para darlle as grazas a todas as persoas que fixestes posible que a nosa actución fora un éxito.