Segundo

Os nosos almorzos son saudables

 

Aquí vos deixamos unha montaxe feita sobre os nosos almorzos saudables.

No primeiro ciclo temos un calendario cos almorzos saudables que tomaremos cada día da semana.

Máis adiante profundizaremos sobre este tema cando fagamos o proxecto da saúde e a alimentación.

 

 

PROXECTO O CORPO

in

Xa estamos na fase de búsqueda de información e investgación sobre o noso corpo.

Aquí vos deixo Unhas imaxes das fases iniciais do proxecto.

 

 

REUNIÓN XERAL DE PRINCIPIO DE CURSO. 2º NIVEL.

in

COMPARTIMOS O GUIÓN DA REUNIÓN XERAL COAS FAMILIAS QUE CELEBRAMOS ONTE, 4 DE OUTUBRO NA AULA DE 2º.

PARA VER TODO O CONTIDO PREME SOBRE A IMAXE, SOBRE ESTE ENLACE OU ABRE O FICHEIRO ADXUNTO

DÍA DA ÁRBORE

O martes, 5 de abril celebraremos o día da árbore, no centro.

En colaboración co Concello de Salvaterra organizamos varias actividades para conmemorar esta data, tan importante.

O alumnado fará a plantación de varias tuias e despois haberá unha actuacón do grupo Barafunda teatro, cun número de maxia.

DÍA DE ROSALÍA 2016

HOXE É O DÍA DE ROSALÍA E QUEREMOS COMPARTIR CON VÓS A POSTAL QUE SAÍU ELIXIDA E QUE LLE ENVIAMOS ÁS FAMILIAS DO NOSO ALUMNADO, POR CORREO POSTAL.

É UNHA INICIATIVA QUE DENDE VAI  ANOS A AELG ESTÁ LEVANDO A CABO. NO NOSO CENTRO PARTICIPAMOS EN TODAS AS CONVOCATORIAS.

PARA TODA ESTA SEMANA PROGRAMAMOS VARIAS ACTIVIDADES , PARA HOMENAXEAR A ROSALÍA DE CASTRO.

 

NESTA OCASIÓN PROPÚÑASE QUE O ALUMNADO CREARA UNHA POSTAL  QUE FIXERA ALUSIÓN A UNHA ESTROFA DO POEMA ALBORADA, DE CANTARES GALLEGOS.

A POSTAL SELECCIONADA FOI COLABORATIVA. A PARTE DO TEXTO ESTÁ FEITA POR LÚA, DE 3º E A ILUSTRACIÓN, POR IRIA, DE 2º.

 

MONTAXE DIXITAL 2º

Na aula de informática o alumnado de 2º tiveron que crear unha montaxe relacioanda co Proxecto Salvaterra de Viño, seguindo os seguintes pasos:
  • Crear un documento OpenOffice
  • Nomealo
  • Buscar na internet unha imaxe relacionada co viño 
  • Gardala no seu cartafol, nomeándoa
  • Inserila no documento
  • Modificar o tamaño e con axuste contínuo
  • Poñerlle un marco,
  • Modificar o estilo e a cor de liña
  • Engadirlle unha sombra
  • Inserir un Fontword co nome do obxecto elixido.
  • Modificar o tamaño para adaptalo ao espazo dispoñible
  • Inserir unha autoforma
  • Modificar o tamaño, modificar a área
  • Modificar a liña: estilo, cor e largura
  • Escribir nela o seu nome
  • Modificar a letra: tipo, tamaño e cor

Aí vai o resultado...están moi orgullos@s do que foron quen de facer!!!!

 
 
 


DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

COMO CADA ANO CELEBRAREMOS, A VINDEIRA SEMANA, O DÍA DE ROSALÍA.

TEMOS PROGRAMADAS AS SEGUINTES ACTIVIDADES:

  • PODERANSE LER, NA EMISORA, POEMAS DE ROSALÍA.
  • PARA ENTRAR E SAÍR, SOARÁ A MÚSICA DO POEMA ALBORADA, DO LIBRO-CD "ROSALÍA PEQUENIÑA"
  • TODO O ALUMNADO DO CENTRO ELABORARÁ UNHA POSTAL, NA AULA DE  INFORMÁTICA, ACTIVIDADE PROPOSTA POLA AELG.
  • TRABALLARASE A VIDA E OBRA DE ROSALÍA, EN TODAS AS TITORÍAS.
  • ENVIARÁSELLE ÁS FAMILIAS UNHA POSTAL COLABORATIVA ENTRE O ALUMNADO DE 2º E 3º CURSOS, POR CORREO POSTAL.

 

PROGRAMA DE RADIO: AS CONMEMORACIÓNS, 2º

SE  TE APETECE ESCOITAR O MAGNÍFICO E FESTEIRO PROGRAMA QUE FIXERON AS NENAS E NENOS DE 2º, SOBRE AS CONMEMORACIÓNS QUE SE CELEBRAN AO LONGO DO CURSO, PREME SOBRE A IMAXE

Distribuir contido