Skip to Content

terceiro ciclo

BENVIDA AO NOVO PROFESORADO DO CENTRO (PARTE I)

Este curso o profesorado que chegou por primeira vez á escola estaba moi tranquilo pensando que se ian librar da nosa tradicional entrevista na radio escolar. Non sabían que iso o podiamos facer en calquera momento do curso. O certo é que debería ter sido en setembro pero tivemos que pospoñelo por unha boa razón.

Chegou o momento de que saibamos un pouco máis donos novo profesorado, escoitade con atención este programa de entrevistas con preguntas un tanto atípicas...

BOA ESCOITA

GRADUACIÓN DO NOSO ALUMNADO

ANISIA MIRANDA

Esta vez, o alumnado de 5º nivel quixo homenaxear a ANISIA MIRANDA, a súa madriña de aula, investigando sobre a súa vida. Así, descubriron que era a muller de Xosé Neira Vilas, que non era galega, pero que cando aprendeu a falar á nosa lingua xa non falaba outra e que traducía textos ao galego de escritores americanos, entre outras cousas... Escoitade!

O CEP CARLOS CASARES CELEBRAMOS O DÍA MUNDIAL DA RADIO 2019,NA EMISORA RMT

UNHA VEZ MÁIS O NOSO ALUMNADO DEMOSTROU A SÚA PROFESIONALIDADE E A SÚA CAPACIDADE DE DESENVOLVER ACTIVIDADES NAS QUE ELAS/ES SON OS PROTAGONISTAS.

DENDE OS INICIOS DA CREACIÓN DA ASOCIACIÓN PEDAGÓXICA ,PONTE NAS ONDAS, O CEP CARLOS CASARES VÉN COLABORAN NAS ACTIVIDADES PROGRAMADAS.

ESTE ANO PARA CELEBRAR O DÍA MUNDIAL DA RADIO O ALUMNADO DO 3º CICLO, DO OBRADOIRO DE RADIO, ELABORARON POR COMPLETO O GUIÓN RADIOFÓNICO DO PROGRAMA QUE SE EMITÍU EN DIRECTO DENDE A EMISORA DE RADIO MUNICIPAL DE TUI.

O TEMA PROPOSTO ESTE ANO POLA UNESCO FOI O DIÁLOGO, A TOLERANCIA E A PAZ.

A NOSA VALORACIÓN DO PROGRAMA É DE SOBRESAÍNTE, VÓS QUE OPINADES?

A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEP CARLOS CASARES QUEREMOS FELICITAR POLO SEU MAGNÍFICO TRABALLO A GEMA, HUGO,NICOLÁS, ÍKER, JORGE, ADRIÁN, BRAIS, CELIA, MAITE E LÚA. TAMÉN QUEREMOS RECOÑECER PUBLICAMENTE O GRAN TRABALLO DAS MESTRAS BELÉN E LUZ QUE SON AS ENCARGADAS A NOSA EMISORA ESOLAR, RADIO SALTAMONTES.

PARABÉNS PARA TOD@S!!! ESTAMOS MOI ORGULLOS@∫ DE VÓS!!!!!

 

Aquí vos deixamos o programa emitido polos nos@s alumn@s ese día dende Radio Municipal Tui.

 

 

 
Estaban supernerviosos pero fixérono xenial,  quen sabe, igual temos entre nós a un/has futur@s estrelas da radio. Tamén vos deixamos unha pequena presentación con fotos daquel día. Dos nervios entroulles unha fame voraz e houbo que parar a tomar un pequeno almorzo, tíñano máis que merecido!!
 
 

NA ONDA DE 6º

Xa temos aquí un novo programa, esta vez é o alumnado de 6º coa súa edición de Na Onda de 6º o que nos falará do Síndrome de Down, nos dará unhas leccións de poesía e nos contará que tal lles está indo no seu último ano na escola. Non deixedes de escoitalo!!
 
 
 

RESULTADO DOS OBRADOIROS DE MANUALIDADES DO 3º CICLO

Durante todo o primeiro trimestre, o alumnado do terceiro ciclo decidiu converterse en pequen@s artistas e fixeron a súa propia versión de debuxos de Castelao e pinturas de Luis Seoane. Como o tema da exposición é o folclore, escolleron debuxos sobre traballos tradicionais da obra destes dous artistas galegos para dar a súa  visión dos mesmos. Quedaron máis que ben!! Menudos artistas temos na escola!! 

 

CHARLA SOBRE IGUALDADE E VIOLENCIA DE XÉNERO

HOXE O ALUMNADO DO 3º CICLO, TIVO A OCASIÓN DE ASISTIR A UNHA CHARLA-COLOQUIO SOBRE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE HOMES E MULLERES E A LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

ESTA ACTIVIDADE FOI OFRECIDA POLO CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO.

A CHARLA FOI IMPARTIDA POR PAULA SÁNCHEZ, DA EMPRESA EDESGA. DENDE O CENTRO QUEREMOS DARLLE AS GRAZAS POLO SEU BO FACER. TANTO O ALUMNADO COMO AS MESTRAS QUE ASISTIRON COINCIDEN EN FACER UNHA VALORACIÓN MOI POSITIVA DA ACTIVIDADE. ADEMAIS DE APRENDER MOITAS COUSAS, SENTÍRONSE MOI CÓMOD@S, TIVERON A OCASIÓN DE PARTICIPAR, DE FACER PREGUNTAS, FACER APORTACIÓNS,...

A CONTINUACION IMOS DEIXAR UN ENLACE Á WEB DE EDESGA PARA QUE POIDADES COÑECER TODAS AS ACTIVIDADES QUE DESENVOLVEN NO EIDO DOS SERVIZOS SOCIAIS.

GRAZAS MIL POLA VOSA COLABORACIÓN, PAULA E ANDREA.

É UN PRACER E UN ORGULLO, PARA TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEP CARLOS CASARES, COMPROBAR COMO AS PERSOAS QUE VEÑEN A FACER ACTIVIDADES AO CENTRO, MARCHAN ENCANTADAS E ADMIRADAS COA ATENCIÓN, CO RESPECTO E COA BOA EDUCACIÓN DO NOSO ALUMNADO.

 

PARABÉNS, NEN@S!!!!

 

 

 

RESOLUCIÓN PROVISIONAL SEMANA STEM

O noso centro resultou seleccionado na Resolución provisional para participar na SEMANA STEM.

 

Estamos moi content@s e moi ilusionad@S!!!!

Se queres ver a resolución preme aquí.

 

Para ver toda a información do campamento, podes premer aquí.

ACTIVIDADES SOBRE O OBRADOIOR DE CIENCIUA MUSICAL

Para ver as actividades que nos enviou Mateo, o monitor que impartíu o obradoioro de Ciencia Musical, o pasado mércores 11 de xaneiro, premede AQUI, ou no ficheiro adxunto.

Distribuir contido


by Dr. Radut