Skip to Content

Actividades Complementarias e Extraescolares

O NOSO HORTO

Por se fora pouco todo o que facemos neste centro, ocorrreusenos montar un HORTO no patio da nosa escola coa axuda do Concello. Chamamos a un carpinteiro que nos puxo uns tablóns para delimitalo, e como nós todo o facemos ao grande, quedou ENORME!! Tamén trouxeron unhas pedras para facer uns camiños que entre todos fomos levando e colocando no sitio. As nosas mestras, solicitaron unhas xornadas de formación para poder axudarnos e resulta que lles dixeron que a época para plantar era agora, así nos puxemos mans á obra. Dividiron o horto en seis partes, unha para cada nivel, e alá que saimos todos por turnos a plantar os nosos produtos. Non sabemos que sairá do que plantamos, pero... imaxinade por un momento que todo vai para adiante, teremos fresas, leituga, escarola, chirivías (alguén viu unha algunha vez?) patacas, tomates... Nós vámolo coidar con moito cariño...

Prometemos invitar a merendar!!

 

DÍA DA PAZ E NONVIOLENCIA

O día 30 de xaneiro celebrouse o Día Mundial da Paz e Non Violencia. No CEP Carlos Casares celebrámolo creando uns bonitos murais e composicións con mensaxes de paz. Cada curso fixo  o seu e expuxéronse polos corredores do centro. Aquí os tedes, Gústanvos?

SAÍDA A VIGO. TEATRO " A GALIÑA AZUL" E VISITA AO XARDÍN BOTÁNICO

O pasado martes 11 de decembro o alumnado do 1º ciclo e do 3º nivel sairon da escola para ver unha obra de teatro "A GALIÑA AZUL" e para visitar o XARDÍN BOTÁNICO de Vigo, a Fundación Sales.

Pasárono xenial, tanto que non se lembraron de sacar fotos na representación teatral, así que so vos podemos mostrar fotos da visita ao xardín, pero polas súas caras podemos deducir que estaban felices, a que si? Que opinades?

 

SAÍDA A VIGO. MUSEO LISTE E BALAÍDOS

A primeira saída do curso, estivo relacionada co proxecto de centro do curso "o folclore". Fomos visitar un museo etnográfico, o MUSEO LISTE de Vigo, unha visita moi recomendable para todo aquel que queira aprender un pouquiño máis da nosa cultura. Vimos un montón de obxectos curiosos utilizados por profesións como cereiros, carpinteiros, xastres e costureiras, menciñeiros... Aprendimos unha chea de cousas...

Despois do museo, as mestras leváronnos a outro sitio no que tamén disfrutamos,  fomos a ABANCA BALAÍDOS, un campo de fútbol dun equipo de primeira división o RC CELTA DE VIGO!! que coa remodelación que lle están a facer vai quedar espectacular!! Alí puidemos entrar no campo, aínda que non nos deixaron pisar o céspede, estivemos nos vestiarios e tamén na zona de prensa onde algúns/has compañeir@s tiveron que responder ás nosas "comprometidas" preguntas.

FOI UNHA MAÑÁ DIVERTIDÍSIMA!!

 

Visita á facultade de Química no CUVI.

Dentro das actividades programadas no Club de Ciencia para desenvolver o Proxecto das Mulleres científicas, o pasado 23 de febreiro, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º fixemos unha saída didáctica á Facultade de Química no Campus Universitario de Vigo, o CUVI.

A continuación podedes ver o vídeo dos obradoiros aos que asisitíu o alumnado de 3º. Pareceunos moi interesante todo o que nos explicaron e queremos expresarlle dende aquí as grazas ás Mulleres científicas da Facultade de Química,que impartiron os obradoiros, pola súa atención e a súa amabilidade.

 

 

Festival das Letras Galegas. Galicia

Canción da Paz. Jesús Pareja

Obradoiro pandereteir@s e bailadores

CONCURSO COCO-ALXÉN

COMO CADA ANO, COA CHEGADA DO OUTONO APARECEN OS FROITOS TÍPOS DA ÉPOCA E AS FESTAS, OS CONCURSOS, ...

NO NOSO CENTRO XA É UN CLÁSICO O CONCURSO COCO-ALXÉN E ESTADES EN PRAZO PARA PRESENTAR AS VOSAS CABAZAS DECORADAS.

HABERÁN 3 PREMIOS POR CICLO!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut