Skip to Content

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2021/2022

 

Informámosvos de que saíu publicada a convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2021/2022.

Os prazos de presentación son do 21 de maio ao 22 de xuño, ambos incluídos.

Cubrirase un único impreso para todas as axudas (libros e material) e será unha única solicitude para tod@s @s fill@s que estarán matriculad@s no noso centro, no curso 2021/2022.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática «fondolibros» (https://www.edu.xunta. es/fondolibros) ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes de maneira  presencial  na secretaría do centro, previa petición de cita.

Nos arquivos adxuntos atoparedes os anexos a cubrir e información de interese.

Ante calquera dúbida poñédevos en contacto co centro.

 

AdxuntoTamaño
Orde do 6 de maio 2021.pdf1.2 MB
SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN (ANEXOS I e II) (1).pdf980.09 KB
Destinatarios.pdf228.82 KB
Gráfico resumo da tramitación dos procedementos en FONDOLIBROS.pdf229.02 KB
Resumo do FONDO e das axudas.pdf252.1 KB
Cálculo da renda per cápita da unidade familiar.pdf229.34 KB
Documentación obrigatoria 1.pdf229.51 KB


page | by Dr. Radut