Skip to Content

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL DO EQUIPO DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

 

EQUIPO DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

 

CALENDARIO DE REUNIÓNS E FUNCIONAMENTO

 

Proseguindo coa traxectoria de anos anteriores, e como consecuencia do seu bo funcionamento, as actividades complementarias e extraescolares organizaranse maioritariamente en comisións, sendo coordinadas neste curso pola mestra, Mª Consuelo Prelchi Gallego.

 

A preparación e desenvolvemento de ditas actividades guiarase polo seguinte esquema de traballo:

 

1. Reunión dos membros da comisión correspondente para a proposta e programación das actividades de cada acto cultural.

2. Reunión co claustro de profesores para informar das actividades programadas así como para recibir calquera nova proposta.

3. Unha vez desenvolvidas as actividades de cada acto, valoración final do seu resultado.

 

ACTIVIDADES CULTURAIS

 

As principais conmemoracións culturais serán:

 

Magosto e Samaín: Semana do 3 ao 7 de novembro.

ü Comisión encargada:Mª Luz Gómez Leiras e Beatriz Quintela.

ü Actividades:

_ Ambientación dos espazos do centro de uso común.

_ Programa especial de radio.

_ Exposición de xogos tradicionais.

_ Exposición de cabazas baleiradas e decoradas.

_ Presentación de cestas con froitos típicos da época e degustación deles.

_ Elaboración, por ciclos, dunha receita propia da época.

_ Xogos populares adaptados ao magosto.

_ Fogueira e asado de castañas.

 

 

Nadal: Segunda e terceira semanas do mes de decembro.

ü Comisión encargada: Sonia Lago, Silvia Martínez e Mª del Pilar Lameiro.

ü Actividades:

_ Decoración dos espazos de uso común.

_ Programa especial de radio.

_ Proposta á familia para a elaboración do "Nadal familiar".

_ Participación no "Amigo invisible".

_ Exposición de postais navideñas.

_ Elaboración, entre todo o alumnado, do nacemento realizado con materiais aínda por determinar.

_ Visita dos Reis Magos, coa colaboración da ANPA, e aos que se lle fará entrega dunha carta por aula.

_ Conmemoración dun festival escolar.

 

Día da Paz: 30 de xaneiro. ü Actividades:

_ Elaboración dun mural colectivo.

_ Posta en escena ou proxección dun pequeno conto coa axuda do equipo de biblioteca.

 

Entroido: Semana do 16 ao 20 de febreiro.

ü Comisión encargada: Ana Mª Domínguez e Mª del Mar Fernández.

ü Actividades:

_ Ambientación das zonas comúns do centro.

_ Programa especial de radio.

_ Coordinación por ciclos das ordes do Meco.

_ Deseño e cooperación na elaboración de disfraces.

_ Degustación de postres típicos do entroido.

_ Elaboración dunha pancarta anunciadora da comparsa.

_ Desfile polas rúas do Concello cos outros centros da zona e actividades de animación como remate da xuntanza.

 

Día do Libro: 23 de abril. ü Actividades:

_ Elaboración de marcapáxinas.

_ Dramatización ou proxección dun conto

 

Letras Galegas: Segunda e terceira semanas do mes de maio.

ü Comisión encargada: Purificación Fernández Pérez, Pilar González Casas e Francisca Alonso Brito.

ü Actividades:

_ Decoración das corcheiras comúns.

_ Programa especial de radio.

_ Entrega da Revista escolar.

_ Exposición de traballos elaborados nos talleres de plástica ao longo do curso.

_ Participación en xogos populares.

_ Escoita dun contacontos.

_ Realización de actividades en común con outros centros educativos da zona .

_ Celebración dun festival escolar.

 

 

.



page | by Dr. Radut