Skip to Content

Maio 2023

  1. ANDREA MACEIRAS E DAVID RODRÍGUEZ

    Coma todos os anos, tivemos a gran sorte de contar na nosa escola coa visita de dous magníficos escritores, David Rodríguez, autor de "Superavoa" que viu falar co alumnado de 1º e 2º, e Andrea Maceiras, autora de "Proxecto Bolboreta", "Volverás golfiño" e "Conta nove estrelas" entre outras, que viu visitar ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º. Pasamos unha mañá xenial, falando de moitas cousas, fixémoslles moitas preguntas, ensinámoslles os nosos traballiños e ao final, ata nos asinaron os libros. Eles quedaron encantados e nós, aínda máis!!!

    Álbum: CURSO 22 -23 -> VISITA AUTORES CONVIDADOS
  2. UN POLBO XIGANTE

    O alumnado de 6º estivo traballando no libro de Carlos Casares, "Un polbo xigante". O resultado final de varios días de traballo en grupo, foi esta marabillosa banda deseñada. Aquí volo deixamos para que o desfrutedes.

     

     

  3. ESTE É TORIBIO

    O alumnado de primeiro está traballando o autor que da nome á nosa escola: CARLOS CASARES.

    Lemos e traballamos o conto "Este é Toribio". Debatimos sobre él e fixemos un libro cos debuxos elaborados polos nenos e nenas.

    Quedounos moi bonito!!

  4. NÉBOA 2023

    Outro ano máis, e xa van 38 edicións, temos connosco a NÉBOA, unha revista que pretende recompilar todas as actividades realizadas no noso centro ao longo deste ano.

    Desta volta conseguimos reducir o seu tamaño, pero non a calidade dos artigos publicados. Aquí a tedes, esperamos que vos guste!!

  5. CALENDARIO 2023

    Por fín chegou o tan esperado calendario anual do CEP Carlos Casares!! Este ano relacionado, coma sempre, co proxecto anual, a meteorolxía. Leva por título MeteoAlxén, e foi elaborado gracias á colaboración das familias que rebuscaron no baúl dos recordos para rescatar todas as fotos que compoñen  o noso calendario. Moitas grazas a todos e a todas!! Esperamos que vos guste!!



by Dr. Radut