Blog de 5º

8M. Dálle a volta ao mandil

A entrada do colexio está presidida, desde hai unha semana, por un mural colectivo no que todo o alumnado e o profesorado dicimos: Podemos facelo! Mostramos así o noso compromiso coa igualdade e contra o machismo, que non é cousa dun só día, senón de todos os días do ano.

Mochilas Viaxeiras para Vera e Daniela

Nova saída das Mochilas Viaxeiras! Xa van faltando menos casas por recibir a súa visita. 

Coral

E falando de animais invertebrados, Sabela tróuxonos un anaco de coral natural que tiña na clase para que puideramos velo e tocalo. Grazas, Sabela!

Últimos invertebrados

Rematamos coas exposicións das presentacións sobre invertebrados. Moi bos traballos todos e moi boas exposicións. Parabéns 5º!

Colexio do Benquerer

Hoxe comezamos cun novo proxecto na aula. Descubrimos o Colexio do Benquerer e aceptamos pasar a formar parte del. Xa temos os nosos pasaportes que iremos completando a medida que vaiamos resolvendo probas e facendo actividades relacionadas co coñecemento de nós mesmos/as, o bo trato, o respecto, a educación afectiva, a tolerancia... Temos moito que facer!

Sintaxe e Rosalía

Seguimos traballando con Sintaxe, aproveitando para relacionar a gramática cos textos que lemos na aula. Esta semana foi, como non, Rosalía e o seu poema Miña casiña, meu lar. Poesía e gramática tamén van da man ;-)

Plantación de árbores autóctonas

Hoxe estivemos plantando diante da caseta das cabuxas. Fomos todo o colexio a andar  e, unha vez arriba, organizámonos en dous grupos para plantar e visitar ás cabras. Plantamos castiñeiros, cerdeiras, carballos e un freixo. Colaboramos con Fousas ao Monte e a Comunidade de Montes o Fieitoso de Taragoña. Emilio Saborido explicounos porque é necesario repoboar o monte con árbores autóctonas, que árbores escolleran e porque as plantabamos nesa zona de Taragoña.

Charla sobre o acoso escolar

O xoves pasado tivemos un obradoiro sobre prevención do acoso escolar impartido por Alba, traballadora social no Concello de Rianxo. Estivemos reflexionando e falando sobre que é o acoso e que papel desempeñan cada unha das persoas que interveñen nel. Moi interesante e moi a ter en conta no noso día a día. 

Día de Rosalía

Este venres celebramos o Día de Rosalía. Ao longo da semana fixemos moitas actividades para coñecer mellor a súa vida e a súa obra: lemos e recitamos poemas, creamos viñetas, practicamos para gravar na radio, fixemos flores de papel... O venres xuntámonos todo o cole para recitar a Rosalía e tomar o caldo de gloria. No blogue da BBS tedes toda a información. 

Nova viaxe das Mochilas Viaxeiras

Desta vez as afortunadas foron Sofía e Elsa. 

Distribuir contido