Blog de 5º

Aniversarios 2024

Xa tivemos o primeiro aniversario do 2024! Sofía foi a primeira en cumprir un ano máis na clase e quixo celebralo con nós. Trouxo un pastel e velas e nós cantámoslle o Parabéns e turrámoslle das orellas, claro!

Moitos parabéns, Sofía! Grazas por facernos máis doce o recreo! Guiño

De volta: Sintaxe

Nesta semana tamén volvemos a abrir a nasa de Sintaxe e deixar que os seus personaxes nos axuden a entender a gramática. Seguimos...!

Falamos de escritoras

Nesta semana retomamos a presentación dos traballos sobre escritoras que fixemos no 1º trimestre. Seguimos descubrindo cousas interesantes e vendo o ben que se nos dá crear presentacións. 

Agasallos de Nadal

Xa estamos de novo no cole. A volta foi máis agradable coas sorpresas que nos agardaban ao pé da árbore: agasallos de Nadal para cada clase!

Nós tivemos catro xogos de mesa, que xa probamos nesta primeira semana, mellor dito, xa o primeiro día! Gustáronnos moito!

Misterio no Nadal

Hoxe no recreo os compañeiros e compañeiras de Proxecto Competencial representaron na biblioteca o seu traballo das últimas semanas, unha obra de teatro escrita e interpretada por eles. Misterio no Nadal é a súa primeira creación teatral colectiva. Foi xenial! 

Presentacións sobre escritoras

Estas últimas semanas estivemos aprendendo a usar o programa Libre Office Impress para facer presentacións. Traballamos en parellas e elaboramos presentacións sobre algunhas das escritoras que están expostas na entrada da biblioteca. Xa comezamos a expoñer as presentacións. Están moi ben! Vese que lle fomos collendo o punto ao Impress. Continuará...!

Mochila Viaxeira para Uxío

Mochila Viaxeira para Uxío, para gozar en familia durante todo o Nadal. Que teñas boas lecturas, Uxío!

Postais de Nadal

No cole estamos participando nunha campaña organizada pola asociación Ondiñas Mainas e o concello de Rianxo para facer chegar postais de Nadal  aos maoires das residencias e centros de día da comarca. 

2º sesión do obradoiro de títeres

Segunda sesión do obradoiro de títeres con Electra: case, case rematamos as cabezas dos nosos monecos. Están quedando xenial, hai personaxes ben xeitosos!

Coa TVG

O martes estiveron en Campo Maneiro unha reporteira e un cámara da TVG, facendo unha reportaxe sobre os burros de Fousas ao Monte. Falaron con Emilio Saborido e quixeron que estiveramos tamén alumnado de 5º e 6º, como parte implicada no proxecto Máis ca leña. Levamos o pan que había no colexio e alí estivemos parolando coa reporteira e acariñando a Michel e Salvador. Foi divertido!

Distribuir contido