Blog de 5º
Martes, 31 de outubro
Enviado por cova o Mér, 01/11/2023 - 14:01E chegou o día! 31 de outubro, Samaín! En 5º o que máis gusta dese día no cole é o túnel e os disfraces e, como non podía ser doutro xeito, houbo túnel, disfraces e tamén película, xogos, obradoiros de comida terrorífica, música e papatoria. Desta vez comemos os alimentos elaborados nos obradoiros e castaña! Celebración dobre, Samaín e Magosto!
Samaín no colexio
Enviado por cova o Mér, 01/11/2023 - 13:41Luns e martes o Samaín encheu o colexio todo: a entrada, os corredores, as aulas, a biblio... Viva o Samaín!
Indo para o Samaín
Enviado por cova o Mér, 01/11/2023 - 13:29O luns o grupo de Proxecto Competencial representou na biblioteca a obra de teatro Indo para o Samaín. Fixérono moi ben. Entrade no blog da BBS para ver a reportaxe completa.
Xa vén o Samaín
Enviado por cova o Xov, 26/10/2023 - 19:06Comezamos a decorar o cole para celebrar o Samaín que xa está a chegar. En Quinto puxémonos mans a obra. Continuará...
Mochilas Viaxeiras
Enviado por cova o Xov, 26/10/2023 - 19:00Hoxe saíron as primeiras Mochilas Viaxeiras deste curso. En Quinto tocoulle a Leo e alá marchou para Paradela coa mochila cargada de boas lecturas.
Temos balor!
Enviado por cova o Ven, 20/10/2023 - 19:51Si, temos balor con B, ou mofo, nós non, o noso iogur-experimento. O terceiro día comezou a saír un pouquiño de balor e o cuarto día xa apareceu cheíño del. Imos continuar observando, tomando anotacións e chegando a conclusións. Deixámolos ao seu aire, no cole durante a finde. A ver que nos atopamos luns!
Sistema Solar
Enviado por cova o Ven, 20/10/2023 - 19:40En Sociais estamos traballando sobre o Universo. Estivemos investigando, en parellas, sobre os planetas do Sistema Solar e agora estamos elaborando murais coa información que recollemos, para despois presentalos na clase.
Máis ca leña
Enviado por cova o Ven, 20/10/2023 - 19:30Outro dos proxectos nos que participamos este curso é Máis ca leña. É un proxecto no que o cole colabora coa Comunidade de Montes O Fieitoso de Taragoña e co colectivo veciñal Fousas ao Monte. Búscase dar a coñecer outros usos do noso monte, máis alá de plantar árbores de crecemento rápido e cortar leña. En 5º e 6º traballamos sobre eses usos sostibles do monte e preparámonos para presentalos en visitas guiadas a área didáctica que temos en Campo Maneiro.
Escritoras
Enviado por cova o Mar, 17/10/2023 - 17:49Esta semana na BBS celebramos o Día das Escritoras. Temos na entrada unha exposición con libros e imaxes de escritoras das que hai libros na nosa biblioteca. Hoxe visitamos a exposición e tivemos que resolver uns enigmas buscando información nas portadas dos libros.
Experimentando cos fungos
Enviado por cova o Mar, 17/10/2023 - 17:38Comezamos a traballar co método científico, experimentando con fungos. Temos na clase dous iogures naturais caducados, un con tapa e outro sen ela. Imos observar o proceso e o tempo que pasa ata que aparezan fungos nos iogures. Elaboramos as nosas hipóteses, iremos realizando anotacións e sacaremos conclusións. Seguiremos informando...
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »