Blog de 5º
O acordeón de Roi
Enviado por cova o Sáb, 11/11/2023 - 16:40A segunda sorpresa e agasallo do venres déunolo Roi Fernández, que trouxo o seu acordeón a clase. Foi sorpresa saber que tocaba o acordeón e que levaba xa uns anos aprendendo e tocando. O agasallo foi escoitalo falar sobre o instrumento e sobre como está aprendendo a tocalo e, sobre todo, escoitalo tocar as pezas que preparou para nós. Ata bailamos un valse!
Os lapis de Ibai
Enviado por cova o Sáb, 11/11/2023 - 14:23Este venres tivemos unha mañá de sorpresas e agasallos. A primeira foi a volta de Ibai, despois de dous días por Madrid. Contounos o que estiveron vendo e facendo neses días e deunos o agasallo que trouxo para todos os da clase: lapis do Madrid! Sorpresaza!
Moitas grazas, Ibai e familia!
Mochila viaxeira para Daniela
Enviado por cova o Sáb, 11/11/2023 - 14:202ª viaxe da Mochila Viaxeira de 5º. Foise para a casa de Daniela. Gozade moito dela, Daniela, e non esquezas preguntar na casa pola música que máis lles gustaba e lles gusta. Pídelles propostas de temas ou grupos que temos que dar a coñecer desde a Radio BBS.
Superheroínas e superheroes
Enviado por cova o Sáb, 11/11/2023 - 14:13O mércores un grupo de rapazas de 5º foron as contadoras nos contacontos do recreo da BBS. Entrade no blog da biblio para saber máis.
Sintaxe: avanzando
Enviado por cova o Sáb, 11/11/2023 - 14:00Continuamos traballando a gramática en galego co método Sintaxe. Seguimos repasando e asegurando o que xa sabiamos sobrea as clases gramaticais e descubrindo novos recursos do método, como a páxina web, que nos gusta moito .
The city
Enviado por cova o Sáb, 11/11/2023 - 13:51En Inglés 5º está traballando sobre as cidades e unha das tarefas propostas foi crear un mural ou unha maqueta na que se incorporara o vocabulario traballado. Aquí tedes unha mostra da creatividade e o bo traballo que se está a facer na clase. Moi ben!
Traballando coa prensa
Enviado por cova o Sáb, 11/11/2023 - 13:45Este curso 5º e 6º entramos no proxecto A voz na escola do xornal La Voz de Galicia, por iso recibimos 10 xornais cada mércores, cos que traballamos ao longo da semana en diferentes actividades e materias, ata en Plástica. Estanos a dar moito xogo, e sempre que podemos traballamos as linguas cos xornais.
Votando na biblio
Enviado por cova o Sáb, 11/11/2023 - 13:31O martes xa tiñamos todos os logotipos para o proxecto da BBS así que aproveitabamos a sesión semanal de biblioteca para escoller os 3 deseños que nos representarán na votación xeral. Foi complicado escoller, había logotipos moi bos.
Para a semana veremos os de todas as clases.
Sempre dando a nota
Enviado por cova o Dom, 05/11/2023 - 21:30A BBS encargounos a todo o alumnado do cole que elaboraramos un deseño que fora a imaxe do proxecto da biblioteca para este curso: a música e a danza. E puxémonos mans á obra. Están saído moi boas ideas e logos ben bonitos.
Conclusións sobre o balor
Enviado por cova o Dom, 05/11/2023 - 21:21Despois de 10 días observando o iogur destapado e vendo como medraba e medraba o mofo, abrimos o que estivera tapado. Para a nosa sorpresa, e contradicindo todas as nosas hipóteses, non tiña balor, pese a levar máis de 20 días caducado e arrecendía a iogur natural normal.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »