Blog de 5º
Máis invertebrados
Enviado por cova o Sáb, 24/02/2024 - 19:16Seguimos aprendendo sobre os invertebrados coas exposicións das presentacións que elaboramos antes de Entroido. Aínda quedan algunhas por compartir.
Mochilas Viaxeiras
Enviado por cova o Sáb, 10/02/2024 - 14:13As Mochilas Viaxeiras marcharon pasar o Entroido nas casas de Breixo e Carlota.
Venres de Entroido
Enviado por cova o Sáb, 10/02/2024 - 14:04Aquí están os hip hopers de 5º!
Este venres houbo moita música, moita festa e moitas larpeiradas no cole.
Comezamos cun obradoiro de instrumentos musicais:
Hip Hop
Enviado por cova o Sáb, 10/02/2024 - 13:43Este Entroido todo o cole disfrazouse de estilos musicais e a clase de Quinto fomos de Hip Hop. Estivemos escoitando temas de hip hop, coñecendo grupos, revisando a estética dos hip hopeiros para preparar os nosos disfraces e elaborando algún accesorio. Deixamos case todo listo o xoves, aínda que a volta do Entroido remataremos un proxecto de Hip Hop que temos a medias. Seguiremos informando...
Invertebrados en pixama e con pelos tolos
Enviado por cova o Sáb, 10/02/2024 - 13:07Toribio deixouno claro, e unha vez no cole tiñamos traballo que facer... en pixama.
Continuamos coas presentacións dos invertebrados, que seguen a ser estupendas, ben elaboradas e ben presentadas.
Con sombreiro
Enviado por cova o Mar, 06/02/2024 - 22:37E así foi! En 5º e en todo o cole houbo unha chea de gorros divertidos.
Nas cubertas da catedral
Enviado por cova o Mar, 06/02/2024 - 19:19Rematamos o día visitando as cubertas da catedral de Santiago de Compostela. Encantounos!
No teatro e na Alameda
Enviado por cova o Mar, 06/02/2024 - 19:15Chegou o momento de ir ao teatro, no Auditorio Abanca. Estaba cheo, coincidimos con outros coles que tamén traballaran a obras nas clases e coma nós coñecían a historia, as cancións, os diálogos principais... E ao rematar fomos a andar ata a Alameda, onde xantamos descansamos e xogamos nun parque impresionante.
Excursión a Santiago
Enviado por cova o Mar, 06/02/2024 - 19:09Este luns estivemos en Santiago. Fomos ver unha obra de teatro en inglés, Trouble in the jungle, representada pola compañía Face to Face. Aproveitamos para pasar o día por Compostela e facer varias visitas. Comezamos o día visitando cunha guía as prazas que rodean a catedral.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »