Blog de 5º

Cores quentes e frías

En Plástica comezamos traballando sobre a cor, diferenciando cores quentes e cores frías. Empezamos a ter as primeiras creacións comparando cores. 

Recreos na BBS

O xoves pasado, no recreo, tivemos a biblioteca para 5º e 6º, só para nós. Puidemos ver e probar as novidades do Espazo Argalleiro, xogar e mesmo facer creacións ben bonitas nos ordenadores da BBS. Risa

Na biblioteca

Abriu a biblio! Xa tivemos a nosa primeira sesión de biblioteca, para lembrar normas, organización, recursos... Tamén descubrimos sobre que imos traballar este curso e puidemos facer os nosos primeiros préstamos. 

Mil cousas poden pasar

Mil cousas poden pasar, de Jacobo Fernández Serrano, é o primeiro libro do noso itinerario lector para este curso. Vai ser unha lectura compartida coa que, ademais de gozar da historia, tamén faremos traballo de Lingua Galega, de Plástica, de Sociais e de Naturais.

Sintaxe

Seguimos coñecendo proxectos que desenvolveremos este curso. Este xoves abrimos unha nasa e... descubrimos Sintaxe, un método de aprendizaxe da gramática, creado polo profesor Emilio Neira Abuín, co que traballaremos este curso. A primeira sesión xa nos deixou con ganas de máis!

Edixgal

Hoxe traballamos cos ordenadores e entramos por primeira vez nas nosas contas de Edixgal! Xa había ganas! 

Houbo que ir amodo con usuarios e contrasinais e levou un tempo, pero conseguímolo. Xa somos unha aula Edixgal!Sorriso Agora, a seguir para adiante!

Os nosos xogos

Na clase temos un recuncho de xogos. Hoxe comezamos a descubrir cales hai...

Na Radio BBS

Na primeira semana de setembro a artista Lidia Cao estivo pintando un mural, na parede do pavillón de Taragoña que dá ao noso patio. É un mural enorme e fermosísimo.

Quinto 2023-2024

Comezamos un novo curso, somos o grupo de Quinto do Brea Segade e este será o noso blog Risa

Distribuir contido