try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEP Xosé Mª Brea Segade
E-mail: cep.brea.segade@edu.xunta.es

escritoras

Momias en tránsito

A clase de 4º levounos hoxe a un museo arqueolóxico, concretamente á sala de Exipto. Representaron para nós un fragmento da obra Momias en transito de Sagrario Pinto. Foron os encargados/as de pechar unha semana de moito teatro na biblio, que nos encantou, e fíxerono por todo o alto, con estupendas interpretacións. Quedamos con ganas de moito máis teatro para representar e para ler. 

Grazas Cuarto!

Gustounos moito ir ao museo con vós. 

A formiga fóra do carreiro

Seguimos descubrindo fantásticas obras de teatro representadas polas diferentes aulas do cole e coñecendo un pouquiño a vida e a obra de escritoras que están a ser as protagonistas deste mes de outubro na BBS.

Este xoves, Día das Bibliotecas, os nenos e nenas de 3º A representaron un anaquiño de A formiga fóra do carreiro, de Raquel Castro. Como nos gustaron! Ata musicaron e cantaron un dos textos da escena!

Grazas, 3º A polas vosas formigas e arañas! Fantásticas!

Os contos do Lobicán

A aula de 2º tamén compartiu con todos nós o texto que recibiron o Día das Escritoras. Representaron para todos nós un fragmento de Os contos do Lobicán, de Eva Mejuto. Con eles descubrimos que os lobicáns, como os nenos e nenas do Brea Segade, son moi divertidos e un pouco pillabáns e que as súas nais tampouco se quedan atrás. 

Grazas Segundo!

Moito nos gustou a vosa interpretación!

Pingueiras e tarteiras

O venres a aula de 3º A representou na Hora de Ler un fragmento de Pingueiras e tarteiras, a obra de Teresa González Costa que lles enviou Libriño o Día das Escritoras, para descubrir a quen pertencía. Como nos gustou! Que ben o imos pasar este curso traballando sobre o teatro, lendo, representando, vendo teatro... Tamén nos explicaron quen é a autora, Teresa González Costa. 

Bravo 3º B! Encantounos!

Día das Escritoras

Este luns foi o Día das Escritoras e recibimos un encargo da BBS: descubrir a quen e a que libro pertencía un texto teatral e preparalo para representalo na biblio. A primeira parte está feita, tocounos fragmento dunha obra de Mónica Rodríguez, Los Darling. Agora toca representala! Guiño

Día das Escritroras 2024

Este luns os axudantes da BBS repartiron polas aulas unha mensaxe de Libriño: 

Xunto coa mensaxe viña un texto teatral e un crebacabezas coa imaxe dunha escritora. E todas as clases puxémonos mans á obra! Xa localizamos a autora e libro na exposición da entrada da BBS, xa compuxemos os crebacabezas e agora, andamos a ensaiar e preparar o texto que nos enviou Libriño, para compartilo na biblio co resto dos compañeiros/as. Seguiremos contando...

 Entrade na galería para ver como estamos a conmemorar o Día das Escritoras.  

Presentacións de escritoras

Aquí están as primeiras presentacións elaboradas este curso, sobre algunhas das escritoras propostas pola BBS no Día das escritoras 2023. Bo traballo, 5º!

PRESENTACIÓNS

Últimas escritoras

Esta semana expuxemos as últimas presentacións sobre escritoras. Moito aprendemos sobre escritoras e sobre como elaborar traballos en formato dixital! Buscaremos algúns dos libros presentados nos andeis da BBS e seguiremos experimentando coas aplicacións de Edixgal, agora que lle collemos gusto. 

Falamos de escritoras

Nesta semana retomamos a presentación dos traballos sobre escritoras que fixemos no 1º trimestre. Seguimos descubrindo cousas interesantes e vendo o ben que se nos dá crear presentacións. 

Escritoras

Esta semana na BBS celebramos o Día das Escritoras. Temos na entrada unha exposición con libros e imaxes de escritoras das que hai libros na nosa biblioteca. Hoxe visitamos a exposición e tivemos que resolver uns enigmas buscando información nas portadas dos libros.

                                                                                           

Distribuir contido