try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEP Xosé Mª Brea Segade
E-mail: cep.brea.segade@edu.xunta.es

Comunidade de Montes

O solo

Hoxe visitaron o noso centro dúas investigadoras do grupo Uxafore (Unidade de xestión ambiental e forestal sostible) do Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela: Esperanza Álvarez, que é a coordinadora do equipo, e Ana  Barreiro. Viñeron falarnos da importancia do solo na prevención do cambio climático e dunha investigación sobre o estado e a mellora do solo que están a realizar nos terreos das comunidades de montes de Rianxo, entre elas a de Taragoña.  Foi moi interesante escoitalas falar e descubrir a importancia que ten o solo e a súa conservación, para os seres vivos, para o clima, para os ecosistemas... para o futuro do noso planeta. Ademais trouxeron mostras de materia orgánica do solo para ver nos microscopios da biblio e un  experimento para ver a importancia da presenza da materia organica no solo.

Canto aprendemos!

Grazas, Esperanza e Ana! 

Coas profes do CEIP de Carballedo

Hoxe un grupo de profes do CEIP Plurilingüe de Carballedo, en Cercedo-Cotobade, visitaron o noso cole. Un dos proxectos que quixeron coñecer foi Máis ca leña, e Quinto guiounas na súa visita. Hoxe si fomos todos/as e cada quen presentou unha estación do percorrido. 

Plantación de árbores autóctonas

Hoxe estivemos plantando diante da caseta das cabuxas. Fomos todo o colexio a andar  e, unha vez arriba, organizámonos en dous grupos para plantar e visitar ás cabras. Plantamos castiñeiros, cerdeiras, carballos e un freixo. Colaboramos con Fousas ao Monte e a Comunidade de Montes o Fieitoso de Taragoña. Emilio Saborido explicounos porque é necesario repoboar o monte con árbores autóctonas, que árbores escolleran e porque as plantabamos nesa zona de Taragoña.

Máis ca leña

Outro dos proxectos nos que participamos este curso é Máis ca leña. É un proxecto no que o cole colabora coa Comunidade de Montes O Fieitoso de Taragoña e co colectivo veciñal Fousas ao Monte. Búscase dar a coñecer outros usos do noso monte, máis alá de plantar árbores de crecemento rápido e cortar leña.  En 5º e 6º traballamos sobre eses usos sostibles do monte e preparámonos para presentalos en visitas guiadas a área didáctica que temos en Campo Maneiro.

                                                                                           

Distribuir contido