Hoxe visitaron o noso centro dúas investigadoras do grupo Uxafore (Unidade de xestión ambiental e forestal sostible) do Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela: Esperanza Álvarez, que é a coordinadora do equipo, e Ana Barreiro. Viñeron falarnos da importancia do solo na prevención do cambio climático e dunha investigación sobre o estado e a mellora do solo que están a realizar nos terreos das comunidades de montes de Rianxo, entre elas a de Taragoña. Foi moi interesante escoitalas falar e descubrir a importancia que ten o solo e a súa conservación, para os seres vivos, para o clima, para os ecosistemas... para o futuro do noso planeta. Ademais trouxeron mostras de materia orgánica do solo para ver nos microscopios da biblio e un experimento para ver a importancia da presenza da materia organica no solo.
Canto aprendemos!
Grazas, Esperanza e Ana!
Comentarios recentes
hace 1 semana 4 días
hace 1 semana 4 días
hace 23 semanas 1 día
hace 23 semanas 1 día
hace 23 semanas 1 día
hace 23 semanas 1 día
hace 23 semanas 1 día
hace 23 semanas 1 día
hace 23 semanas 1 día
hace 23 semanas 1 día