Plantación de árbores autóctonas

Hoxe estivemos plantando diante da caseta das cabuxas. Fomos todo o colexio a andar  e, unha vez arriba, organizámonos en dous grupos para plantar e visitar ás cabras. Plantamos castiñeiros, cerdeiras, carballos e un freixo. Colaboramos con Fousas ao Monte e a Comunidade de Montes o Fieitoso de Taragoña. Emilio Saborido explicounos porque é necesario repoboar o monte con árbores autóctonas, que árbores escolleran e porque as plantabamos nesa zona de Taragoña. Ademais de plantar recollemos unha chea de plásticos e lixo que había onde plantamos e que quedou á vista despois de que as cabuxas limparan toda aquela zona. Sonche boas limpadoras!

Plantación

A min gustoume moito poder plantar árbores autóctonas e poder visitar a parcela das cabras. O que mais me gustou foi andar cos sachos e o que menos me gustou foi coller as árbores, que pesaban moito.Paseino moi beeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeen

BreixoGuayGuay