Responder ó comentario
Plantación de árbores autóctonas
Enviado por cova o Mar, 27/02/2024 - 21:19Hoxe estivemos plantando diante da caseta das cabuxas. Fomos todo o colexio a andar e, unha vez arriba, organizámonos en dous grupos para plantar e visitar ás cabras. Plantamos castiñeiros, cerdeiras, carballos e un freixo. Colaboramos con Fousas ao Monte e a Comunidade de Montes o Fieitoso de Taragoña. Emilio Saborido explicounos porque é necesario repoboar o monte con árbores autóctonas, que árbores escolleran e porque as plantabamos nesa zona de Taragoña. Ademais de plantar recollemos unha chea de plásticos e lixo que había onde plantamos e que quedou á vista despois de que as cabuxas limparan toda aquela zona. Sonche boas limpadoras!