Que mellor maneira de conmemorar o Día da Paz que cantando e bailando.
As nenas e nenos de Educación Infantil xa levaban días preparando a canción "Eu teño alguén", de Sonárbore. Así de estupendo lles quedou coas súas voces e acompañando con linguaxe de signos.
Pola súa banda as rapazas e rapaces de 5º e 6º de Primaria crearon unha coreografía para a versión "Que sorte de terte" da TVG, ao máis puro estilo TikTok. Aquí deixamos un anaquiño da actuación de onte de toda Primaria.
.