Skip to Content

Reunións de titoría de inicio de curso.

Estimadas familias:

       O vindeiro martes, día 7 de setembro, terán lugar nas instalacións exteriores do colexio as reunións de titoría coa seguinte distribución horaria:

          10:00 horas........................1º de Educación Primaria. (Patio cuberto posterior). Titora: Cler.

          10:30 horas........................6º de Educación Primaria. (Polideportivo). Titor: J. Manuel Alonso.

          11:00 horas........................Educación Infantil. (Patio cuberto posterior).

          12:00 horas........................5º de Educación Primaria. (Polideportivo) Titor: Juan Carlos.

Prégase puntualidade e, de ser posible, non acudir co alumnado.

*Os grupos de 2º, 3º e 4º de Educación Primaria ao continuar cos mesmos titores e titoras non precisan ter reunión inicial. Os titores e titoras destes grupos estarán dispoñibles durante esa mañá para recibir, se fora preciso, a calquera familia de xeito individual.

Desexamos que teñades un fantástico curso 2021-2022 cheo de proxectos e bos momentos.



story | by Dr. Radut