Skip to Content

O Casamento da Pulga

salial

Cantiga recollida por Antón Fraguas no seu libro "Cancioneiro de Cotobade"

clase de 1º EP ceip Vistahermosa

Unha pulga e unha mosca trataron de se casar   

fixeron as bolas xuntos e faltáballes o pan.

Saíu a formiga do seu formigueiro.

 -Se queredes pan eu son panadeiro.

 -Agora meniña panciño xa temos

fáltanos o viño, onde o toparemos?

Saíu o mosquito do seu mosquiteiro.

 -Se queredes viño eu son arrieiro.

-Agora meniña viñiño xa temos

 fáltannos manteis, onde os toparemos?

Saíu a araña da súa arañeira.

-Se queres manteis eu son tecedeira.

-Agora meniña manteis xa temos

fáltanos a carne, onde a toparemos?

Saíu o lobo detrás do valado.

 -Se queredes carne eu son obrigado.

-Agora meniña carniña xa temos

faltan os danzantes, onde os toparemos?

Saíu o sapo por moi arrogante.

-No día da voda eu serei danzante.

Foi un casamento moi moi divertido.

Alí tivo entrada todo bicho vivo.

     

Dramatizamos a cantiga con títeres de pau

Debuxos: alumnado de 5º EP

Voces e manexo dos monicreques: Rapazas e rapaces de 1º EP

Pandeiretas: Pepe e Sali



page | by Dr. Radut